LISTAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE
Notas de Prensa - Concello de Camarinas
Escrito por Redacción Camarinas.eu   
Martes, 15 de Mayo de 2012 19:21

Concello de Camariñas

As persoas anotadas nas listas de vinculacións temporais do Servizo Galego de Saúde segundo a resolución do 26 de outubro de 2011 (DOG 28/10/2011) xa podedes consultar as listas definitivas de admitidos/ as e excluídos /as e os resultados provisionais de baremación dos / as aspirantes admitidos / as co seu número de orde nas seguintes categorías:
Por favor, registrate para calificar.
 
1º Encontro de Corais en Camariñas
Notas de Prensa - Asociacións e Varios
Escrito por Redacción Camarinas.eu   
Miércoles, 11 de Abril de 2012 16:00

O 1º Encontro de Corais de Camariñas celebrarase na Casa de Pedra

As nosas mulleres do Coro Muncipal do Concello de Camariñas están máis activas que nunca e veñen de organizar coa colaboración inestimable da Concellalía de Servizos Sociais do Concello de Camariñas, no cal está ao frente a nosa amiga Mari Carmen Linares, o Primeiro Encontro de Corais de Camariñas no cal estarán presentes varias agrupacións da provincia. Agrupación, por outra parte, que virán convidadas e que representarán un bo feixe de xente que redundará seguramente no turismo da nosa vila. É esta unha iniciativa moi traballada polas organizadoras do evento e que contou cunha masiva resposta colaborativa por parte de gran parte dos establecementos tanto hosteleiros coma comerciais de todo o Concello de Camariñas (tal e como pode verse no cartel que acompaña a esta noticia). As corais invitadas proveñen dende sitios tan dispares como As POntes, San Pedro de Nós ou O Freixo donde esta web ten tantos e tantos amigos. Camarinas.eu, como non podía ser de outra maneira, apoiará tamén masivamente todas as iniciaticas das nosas mulleres e, ademáis de promocionar dito evento tamén realizará unha compreta reportaxe do que aconteza o 14 de abril cando se celebre o 1º Encontro de Corais de Camariñas na Casa de Pedra. Noraboa ás nosas mulleres.
Por favor, registrate para calificar.
 
Campaña do Comercio en Primavera
Notas de Prensa - Asociacións e Varios
Escrito por Redacción Camarinas.eu   
Sábado, 31 de Marzo de 2012 12:49

A tenda Kerubín lucía así de bonita esta mañá do sábado 31 de marzo

Con motivo de animar o comercio minorista no Concello de Camariñas, a asociación de empresarios do municipio ven de inventar unha curiosa e rechamante iniciativa que agradecerán os seus asociados. Os establecementos asociados que participan voluntariamente nesta iniciativa poden ser divisados visualmente polo comprador por estaren adornados con flores fabricadas con botellas de plástico recicladas (tal e como luce na foto de portada a fachada da tenda de roupa infantil Kerubín) e dentro destes establecementos haberá moitos descontos nos seus productos así como tamén se obsequirá a cada cliente con unha rifa para unha cesta con cada compra. En fin, unha boa iniciativa da Asociación de Empresarios que esperemos que non a faga estoupar algún político metido agora a okupa-náuticos profesional cos seus habituais asaltos a negocios particulares. Esta é a nota de prensa que nos mandan dende a Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas.
Por favor, registrate para calificar.
 
Encontro en Finlandia de mozos de Camariñas e de outros cinco concellos europeos
Notas de Prensa - Concello de Camarinas
Escrito por Redacción Camarinas.eu   
Lunes, 19 de Marzo de 2012 12:45
Encontro en Finlandia de mozos de Camariñas e de outros cinco concellos europeos  Unha delegación do Concello de Camariñas ven de realizar unha viaxe á cidade finesa de Masku no que participaron Ferrol, dous concellos italianos , un sueco e o municipio anfitrión. Por parte de Camariñas asistiron Jacobo Santos, xefe de estudos do IES Pedra da Aguia, Emilio González, axente de desenvolvemento local do Concello de Camariñas, e Cristina Dios e Silvia Tedín, dúas mozas que representaron ao grupo local de Camariñas no proxecto europeo Ypad, Xuventude e Desenvolvemento.
Por favor, registrate para calificar.
 
Os envases lixeiros ao contedor amarelo
Notas de Prensa - Concello de Camarinas
Escrito por Redacción Camarinas.eu   
Jueves, 08 de Marzo de 2012 11:12

Os envases lixeiros ao contedor amarelo

No mes do marzo o Concello de Camariñas comeza unha campaña para promocionar o deposito de envases lixeiros nos contedores amarelos. O obxectivo é mellorar a recollida selectiva e reducir o depósitos impropios nos contedores amarelos, que alcanzan o 28% na actualidade.
Por favor, registrate para calificar.
 


Página 1 de 37