Sara, Jessica e Amelia, as tres modelos estrela da Mostra 2012Entre toda a beleza habitual dos pases de modelos dunha Mostra do Encaixe na edición do 2012 descollaron de modo especial tres xóvenes rapazas do noso concello que a base de fermosura, donaire e unha fotoxenia ideal ganáronse o favor do público que abarrotou todos e cada un dos desfiles. As tres estrelas autóctonas da pasarela foron as camariñanas Sara e Amelia, e a porteña Jessica. Estas tres gracias desfilarán por derradeira vez na edición do 2012 do máis importante certame encaixeiro a nivel mundial este domingo 8 de abril a partires das 17:00 horas. É por elo que animamos a todos os nosos lectores para que asistan aos defiles de clausura xa que ademáis de poder visionar en vivo ás tres xóvenes estrelas da pasarela camariñana ademáis exporanse todas as coleccións participantes e saberase quenes acadan os tres primeiros postos do Concurso de xóvenes deseñadores. Despois disto realizarase o acto de clausura da Mostra do Encaixe 2012.

Engadir un comentario