|
 Todo o talento e imaxinación das boas xentes xaviñanas quedou demostrado neste Carnaval do 2010
Ben é sabido dende antigo que as xentes que pueblan a planicie xaviñana caracterízanse por ser persoas austeras, humildes, traballadoras e cumpridoras da Lei de Deus, por eso cando son chegadas as datas do Entroido a alma xaviñana bótase ás rúas da súa milenaria terra cristiana para disfrutar e darse a última gran homenaxe antes dos rigores dunha cuaresma que na parroquia máis grande do noso concello cúmplese de forma escrupulosa e con rigor legalista. Así o puidemos comprobar este domingo 14 de febreiro de 2010 cos impresionantes carnavais organizados pola Asociación Abrindo Rejo onde chegou ata a rifarse un cochino (con perdón) e no que centos de persoas vestiron imaxinativos e alegres disfraces sendo o de avión supersónico o que finalmente resultou vencedor. Camarinas.eu, a web que contempla o Concello de Camariñas como un todo informativo e para a que cada parroquia é aínda máis importante que a anterior, estivo presente e captou todo o acontecido na ancha llanura xaviñana nunha amplia galería de 220 fotografías. ¿Quién da más?
Related news items:
Newer news items:
Older news items:
|