|
Curiosidades
|
|
sábado, 13 de marzo do 2010 |
 He aquí a misiva recibida de Míster X na redacción de camarinas.eu escrita do seu propio puño e letra
El Muro del Atlántico
"Si llegado el caso tuviera lugar en nuestras costas un Desembarco de Normandía a la camariñana, el temible invasor no se encontraría a un invencible conjunto de baluartes, trincheras, búnkers, arpilleras o casamatas como obstáculo a franquear, si no que tendría que hacer frente como primera línea de defensa a toda la porquería acumulada en nuestras playas y coídos. Nuestro particular Muro del Atlántico, a semejanza de aquel con el que pretendió Adolf Hitler defender Francia y que engulló millones de toneladas de hormigón y acero. Cimas y cotas defendidas por montañas de basura y de desperdicios de todas las clases y especies que harían fracasar al más feroz de los ejércitos en sus tentativas aniquiladoras, todo ello resultado de una curiosa acumulación de factores: una costa amplia y abrupta, un mar furioso y vengativo y un ser humano descuidado y negligente. Con todo, no se debe perder la esperanza y de la misma forma que el Mal fue vencido mediante aquella gigantesca operación anfibia desarrollada por el ejército norteamericano liberador en las playas del noroeste galo en los primeros días de junio de 1944, en ocasiones operarios de limpieza de las distintas administraciones se esfuerzan en devolver a nuestras costas el esplendor perdido. Así predigo y espero que se cumpla en Camariñas a 13 de marzo del año del Señor de 2010. Míster X".
|

|
curiosidades na ponte
|
|
viernes, 12 de marzo do 2010 |
|
Obras na gran Avenida porteña
 Avanzan a bo ritmo as obras dunha das rúas máis longas e rectilíneas do Concello, a Avenida de Xarás
Según se sae da Ponte do Porto con dirección Camariñas na marxe dereita do camiño o viaxeiro poderá atopar o Lugar de Xarás: unha longa avenida rectilínea que remata nun pequeno altozano visible dende a carreteira principal. Alí dende hai unhas semanas están os operarios da empresa laxeira Fermín Simal Construcciones afanándose na Ampliación e Mellora da Avenida de Xarás. Así foi denominada unha obra que resultou adxudicada en preto de 130.000 euros e que é financiada pola Deputación Provincial da Coruña e polo Concello de Camariñas. Camarinas.eu, a web que contempla este municipio como un todo informativo, coñecedora das obras decidío personarse na mañán do 12 de marzo de 2010 no lugar de autos e chequear co seu ollo experto típico do enxeñeiro aficcionado e da alma xubilada o estado dunhas obras que prometen dar un lavado de cara a este rectilíneo barrio porteño. O resultado: unha amplia e amena galería fotográfica.
|
|
Deportes en Camarinas
|
|
viernes, 12 de marzo do 2010 |
|
 Buxa Sénior e Buxa Júnior, dúas vidas entregadas ao máis sagrado e adictivo dos deportes, o fútbol
Comando Bóer
Corría o derradeiro cuarto do século XIX cando nos Estados Libres de Transvaal e Orange, na actual Sudáfrica, un puñado de granxeiros e campesinos de orixe holandesa e relixión calvinista (os chamados bóers ou afrikáners) chegaron a poñer en xaque a máis de 500.000 soldados do Imperio Británico en dúas implacables contendas bélicas que acuñaron unha nova forma de facer a guerra e que necesitaron para ser aplastadas da aplicación de métodos criminais por parte de Lord Kitchener, Comandante en Xefe das Tropas Británicas en Sudáfrica. Aquela táctica novedosa era a do comando, grupos pequenos de soldados non profesionais que mediante continuas e devastadoras actuacións guerrilleiras levaban a cabo unha guerra de desgaste que causaba enormes quebrantos aos británicos. Precisamente esa forma de entender o combate é a que se aplica nunha liga, agora Copa, de Veteranos na que non valen arrogancias altivas nin glorias pasadas, onde hai que loitar por cada balón cun coitelo entre os dentes e na que, a semellanza duns colonos neerlandeses que acabaron conseguindo do Goberno Británico concesións inimaxinables en ventaxosos tratados de paz porque querían máis que nadie aquel recuncho de terra africana, acabará vencendo aquel que máis ame este sagrado xogo chamado Balompié. Unha forma de amar o fútbol como a que profesa o noso querido amigo Pedro "O Buxa", un home adicado ao deporte e a súa familia, querido por todo o mundo, sempre con unha sonrisa na cara, que acaba de sufrir unha nova lesión que o aparta do xogo que constitúe a súa vida. ¡¡ÁNIMO!!
|
|
arxentina
|
|
jueves, 11 de marzo do 2010 |
Os máis fermosos veleiros do mundo
 Os máis fermosos buques veleiros do mundo foron retratados por Toxo no Porto de Buenos Aires
Aproveitando o desbaraxuste provocado na Península pola lamentable actuación dos monarcas Borbóns e a consecuente invasión napoleónica e cruenta e heroica guerra de independencia desenrolada polo pobo español, as colonias americanas consideraron que era chegada a hora da súa maioría de idade e que cumpría abandonar o fogar paterno. Deron así comenzo en 1810 os primeiros pasos dunhas extenuantes guerras de independencia que se alargarían ata o arriado final da bandeira española no Porto de El Callao (Perú) en xaneiro de 1826. Agora que se cumpren os 200 anos da constitución das súas primeiras Xuntas Nacionais de Goberno ten lugar nos países do cono sur austral unha esixente regata conmemorativa que cunha participación de buques veleiros de 12 países, entre eles o noso impresionante Juan Sebastián (que non Juan José, o sea, JJ) Elcano, durará cinco meses e cubrirá unha ruta dende Río de Janeiro ata a mexicana Veracruz. Aquí na Madre Patria, non podíamos permanecer indeferentes antes os grandes eventos que este ano van ter lugar nas repúblicas irmáns hispanoamericanas, e por elo o noso representante plenipotenciario na Arxentina, Toxo, decidío cubrir a regata ao seu paso por Buenos Aires cunha extraordinaria galería fotográfica.
|
|
Deportes en Camarinas
|
|
miércoles, 10 de marzo do 2010 |
Este sábado, Juanillo na TVG 2
 Ninguén mellor que o xefe dos deportes de camarinas.eu para glosar os triunfos dos Veteranos do Camariñas
Novo triunfo do Cerceda dun Juanillo que conta con ansiedade os segundos que lle restan para volver ás canchas de xogo. Deus mediante, o retorno do ídolo do Barrio de Corea producirase este sábado ante o Alondras nun encontro no que as cámaras da Televisión de Galicia 2 levarán ata tódolos fogares galegos a clase e a garra do mellor futbolista da historia desta Costa da Morte dos nosos desvelos. Polo demáis, aplastante victoria dun FC Camariñas que volve á senda da victoria, neste caso ante un rival directo na liga particular dos grandes portos mariñeiros: o Malpica; e derrota dun Porteño que vendío cara a súa derrota ante un dos todopoderosos da categoría: o Xallas. Finalmente, nada novo no horizonte dos Veteranos do FC Camariñas e nova victoria do conxunto dirixido pola man experta de Gonzalo, sabiduría futbolística en movimiento.
|
|
Fotos historicas de Camarinas
|
|
martes, 09 de marzo do 2010 |
Aquelas cenas do PSOE dos vellos tempos...
 Vaia colección de Primeiros Espadas do socialismo galego nesta fotos dos vellos e bos tempos
Vamos cunha de ouro líquido que diría o outro. Sucede que aquí na redacción de camarinas.eu temos un arquivo fotográfico tan insondable que en ocasións semella aquel xigantesco almacén onde se perdía (¿para sempre?) a Arca da Alianza na escena final da primeira entrega de Indiana Jones. E así atopamos recentemente unha caixa de Plátano de Canarias chea ata os topes de cremosas fotos, pero as que chamaron a nosa atención foron as de unha cena do PSOE dos vellos tempos, dos bos tempos, de antes de que... bueno, de antes de que pasara todo aquelo, e que a semellanza da división entre felipistas e guerristas, surxira unha Vieja e Nueva Guardia en Camariñas. E aparecen todos: González Laxe, Presidente que foi da Xunta de Galicia durante o bienio 1987-1989; Fernández Moreda, Presidente da Deputación da Coruña; Bautista Santos, Alcalde de Camariñas durante 24 anos; Marisol Soneira, agora Deputada Autonómica, entón Concelleira de Cultura e Deportes; o barbado Francisco Sineiro, Conselleiro de Agricultura... só falta un, agora Primer Espada camariñán, que precisamente foi o encargado de sacar as presentes fotos que xacían abandonadas nunha caixa de banano. Pero tamén están as bases, pródigas en proxenitores de usuarios de camarinas.eu: os de Pión, Plisplas e Juanillo, ou os que desgraciadamente xa non están con nos: Pepe Liñeiro, pai de Encarna, ou Esteban Carril, pai que foi de Mikel e Karina, á que esta redacción especialmente quere que agrade este recordo do seu pai no día do seu esplendoroso cumpreanos.
|
|