- Published: 24 Abril 2008 24 Abril 2008
David Lean, o director de catro obras maestras absolutas, foi o artesano que soubo facer das películas con grandes orzamentos, con miles de extras e con grandes estrelas de Hollywood nos principais papeis, xoias do séptimo arte. El puente sobre el Río Kwai, Lawrence de Arabia, Doctor Zhivago e La Hija de Ryan son os catro filmes que dende hai tempo están por dereito propio no olimpo dos deuses da cinematografía. Por eso ninguén mellor que Luis Esteiro Ramos, o redactor de cine de camarinas.eu, para dar un repaso a súa gran obra.
O dia 25/03/2008 cumpríronse 100 anos do nacemento doutro grande da cámara, [[David Lean]], e para conmemorar tal evento facémoslle unha merecidísima homenaxe dende esta terra remota pero fermosa que ben puido recrear o pobo costeiro da gran película [[La Hija De Ryan]] (1970) debido a súa abrupta xeografía costeira. [[David Lean]], cineasta inglés educado no seno dunha familia cuáquera, da os seus primeiros pasos profesionais traballando como botones, ascendendo rapidamente no escalafón laboral ata converterse en editor de noticias e de películas nun curto período de tempo. Súa reputación como montador (de películas que ninguén pense mal…) leva ós productores ingleses a darlle a oportunidade de poñerse detrás da cámara: os resultados foron inmellorables. Na súa Inglaterra natal filmou grandes películas, entre as que destacan, Breve Encuentro (1945), nominada ao Óscar e Palma
de ouro no [[Festival de Cannes]], e 3 adaptacións da obra do autor inglés [[Charles Dickens]], Cadenas Rotas (1946), [[Oliver Twist]] (1948) e El Déspota (1954). Desembarca en Hollywood en 1955, precedido pola súa reputación como gran director de películas épicas e dramáticas. Pronto gaña o recoñecemento do público maila crítica, cun talento innato para atraer as masas o cine e os Óscar po seu peto, gañou 2, so superado por John Ford con 4 estatuillas, amén de amasar unha gran fortuna rapidamente, facendo as américas dunha maneira só comparable a do meu adorado [[Alfred Hitchcock]].
A súa filmografía en USA é curta pero intensa, soubo escoller en todo momento os mellores guións e xuntarse, sea dito de paso, co gran productor Sam Spiegel . Fruto desta coalición nacen 2 filmes inolvidables, comezando en primeiro lugar coa xoia do sétimo arte [[El puente sobre el Río Kwai]] (1957). David Lean acada o seu primeiro Óscar con esta superproducción basada en feitos reais e ambientada na 2ª Guerra Mundial, mais concretamente nun campo de concentración xaponés enclavado nunha xungla tailandesa pola que pasa o río Kwai. Nesa paraxe nárrase a historia duns prisioneiros británicos comandados polo Coronel Nicholson (inolvidable [[Alec Guiness]], gañador do Oscar ó mellor actor) os cales son obrigados polos xaponeses a construir unha ponte sobre o río Kwai que faga de paso ó ferrocarril. O Coronel tomará o traballo forzado da construcción da ponte como unha forma de engrandecer o orgullo británico e de paso elevar a moral dos seus homes, ata que as súas pretensións chegan demasiado lonxe…Aquí deixamos a trama para non descubrir un nudo mais un desenlace épicos. Só decir que se trata dunha película antolóxica, un espectáculo visual e sensorial, sen dúbida unha das grandes películas que dou o cine. [[William Holden]] encarnando a un Maior norteamericano e [[Jack Hawkins]] a un comandante inglés secundan un reparto de luxo aderezado coa banda sonora a que popularizou a mítica “A marcha do Coronel Bogey” como a melodía militar que silbaban os soldados do Coronel Nicholson ó desfilar orgullosos polo campo de concentración xaponés, gañadora tamén dunha estatuilla. A película acadou en total 7 Oscars.
David Lean, a vista está, atopábase xa na cima prácticamente 2 anos despois de chegar a USA, pero iso non lle impedío manter o nivel cinematográfico na súa seguinte gran obra [[Lawrence De Arabia]] (1962). O filme narra a historia de Thomas E. Lawrence, oficial inglés, que durante os seus anos destinado en Arabia, logrou agrupar a tódalas tribus árabes para a loita contra os turcos pola súa independencia, converténdose nun mito vivente. O papel estaba destinado nun primeiro momento para Marlon Brando, pero este, incomprensiblemente, rexeitouno pensándose como segunda opción en Peter O´Toole, un actor case novel, pero que finalmente acadará a categoría de estrela de Hollywood despois desta película. Este actor inglés, de penetrantes e expresivos ollos azuis, alto e desgarbado, é o auténtico núcleo central da obra, pero rodeado tamén dun elenco de actores formidables, [[Anthony Quinn]], [[Omar Sharif]], [[Alec Guiness]], [[Claude Rains]], [[Jack Hawkins]], etc. Película que ten como curiosidade que é unha das poucas da historia do cine sen personaxes femeninos a pesar de durar mais de 3 horas e de contar con miles de extras e moitas esceas exteriores, increible pero certo. O filme acadou tamén 7 Oscars. Lean conseguiría o seu 2º consecutivo. Magnífica posta en escena e inolvidable e oscarizada banda sonora de [[Maurice Jarre]]. Nunca se retratou o deserto con tal fermosura.
David Lean era un imán atraendo Oscars e todo o que tocaba convertíao en ouro, proba delo é súa seguinte obra [[Doctor Zhivago]] (1965). Nesta ocasión adéntrase nunha historia basada na novela do escritor ruso Borís Pasternak, premio Nobel de Literatura. A historia está narrada por un Xeneral soviético (Alec Guiness) que conta a vida do seu medio irmán Yuri Zhivago (Omar Sharif), ciruxano e poeta ó que lle toca vivir a traumática época da [[Revolución Rusa]] e que estando casado enamórase perdidamente de Lara (espectacular Julie Christie). O reparto complétase con grandes actores secundarios como Geraldine Chaplin, Rod Steiger ou Klaus Kinsky. Apartir deste prólogo comeza unha historia de amor épica que fará as delicias do público que se atreva a ver as máis de 3 horas de metraxe das que consta o romántico filme. Merecerá a pena diso estou seguro. Película premiada con 5 Oscars. Destaca de novo a banda sonora de Maurice Jarre (impresiona o “Vals das Flores”). Con esta obra Lean pon o broche a unha triloxía de ensoño.
O director británico non se durme nos laureles e prepara súa seguinte superproducción La Hija De Ryan (1970), filme mal acollido pola crítica, infravalorado na miña humilde opinión, ambientado nun pobo irlandés na I Guerra Mundial durante a rebelión dos nacionalistas irlandeses contra o ocupante inglés, e protagonizado por [[Robert Mitchum]], Sarah Miles e o actor inglés [[Trevor Howard]] (xenial no papel do típico cura católico irlandés, pastor de almas). Film que a pesar de todas as críticas logrou 2 Oscars.
Tras un paréntesis de 14 anos, sendo xa un ancián, dirixe súa última obra Pasaje a La India (1984), nominada a 3 Oscars, pero cun David Lean xa sen a frescura e autoridade para lidiar con semellante superproducción. Planexando a concepción dunha última obra, Nostromo, basada nunha novela do escritor polaco nacionalizado inglés [[Joseph Conrad]], chégalle a morte en 1991. Aquí remata o repaso ó director que mellor soubo controlar a fiera indomable que debe de ser organizar unha superproducción, estar atento ata o máis mínimo detalle para que xurda dunha colaboración tan masiva un resultado compacto de gran calidade como así se traducío na súa obra, a ocasión era inmellorable para gardar un infinito respeto e recordo por un dos directores máis grandes do século XX. Dito e feito.
Comentarios
Camarinas.eu seguide así rapaces
Da reportaxe simplemente decir:-xENIAL!g racias por facernos disfrutar os amantes do cine
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.