|
|
| Un dos bares máis emblemáticos de Camariñas pecha as súas portas |
| Cultura - Literatura | |||
O "Marcha Verde" dixo: Ata aquí
Este foi o cartel que durante máis de 25 anos invitaba a entrar nun bar emblemático
Agora que se puxo de moda entre algúns xóvenes chiquiteros profesionales de Camariñas sacarlle o pellejo polos bares da comarca aos redactores de camarinas.eu, temos que darlles unha moi mala noticia: un dos bares máis emblemáticos e iconoclastas do noso pobo, o Marcha Verde, pechou co ano novo as súas portas. Camarinas.eu estivo presente nas fotos do adeus e unha impresionante oda de despedida do noso usuario Juan Camariñán.
A terraza xa valeira do Marcha non volvera a ver os seus clientes queridos
Durante máis de vintecinco anos este lexendario bar do barrio camariñán de Corea caracterizouse por acoller no seu seno un heteroxéneo grupo de persoas nas que predominaba, por encima de todalas cousas un sentimento de fidelidade absoluto cara o bar dos seus amores: trasnoitadores, mariñeiros de primeira hora, esforzados albañiles, algún que outro chiquitero profesional, e os funcionarios do concello, os cales non deixaron de cumprir co seu compromiso co Marcha Verde ata a súa agónica hora final.
Este bar exerceu de "after hours" de Camariñas cando aínda nin se inventara este tipo de discotecas, e os redactores de camarinas.eu, asiduos visitantes do "Marcha" a altas horas da madrugada, só teñen palabras de agradecemento cara Lola, a dona do bar, por toda a paciencia e comprensión que tivo con eles nesas horas fatales. Ata nunca "Marcha Verde", bar incomprendido, contigo vaise unha parte da historia de Camariñas.
Esta redacción quere adicarlle a Lola e a súa familia unha impresionante oda de despedida escrita por un dos usuarios máis talentosos de camarinas.eu, Juan Camariñán, que volve polos seus viejos fueros dando o mellor de si mesmo.
"Polo visto acaba de fechar as portas, o mítico Bar Marcha Verde, a dueña jubilouse e quer descansar, alégrome por ela, pois con todas coñas, xa levaba uns 25 abriles, cas súas 25 madrugadas de fin de ano, e 25 amaneceres de festas do carmen, con sentos de mañanitas cantadas a todo trapo no jastado mostrador de formica, con miles de jomitadas na placa turca, e con centos de historias que oía eu, en aquelas mañáns de mal tempo, en medio de aquelas invernadas, donde os vellos e novos mariñeiros xe xuntaban a tomar o café e copa, miraban pola ventana pa fora, revirábanse e decían -baiche boa- outra copa Lola, e cas copas, bastos e espadas, a calor do lume producido por trajos de ajua bendita, empezaban cada un a contar a mentira máis jrande, había que saber poñela ben pa que non se notase, e de esa picardía mariñeira afloraba unha imaxinación, inimaxinada por o mismo Alén. Podría nombrar clientes lexendarios pa historia de Camariñas, que por eses taburetes de discoteca e sillas de ferro oxidadas, pasaron, pero von deixalo.
Suerte Lola, o nombre do teu bar xa é parte de Camariñas."
Imaxe do Marcha que quedará nas retinas, co coche dun coñecido usuario de camarinas.eu ao seu lado
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:
|


Comentarios
Sen dúbida O Marcha Verde marcou un hito na historia reciente de CAMARIÑAS, pero para os da miña idade nunca morrerá o recordo de que ese local foi sempre "A Casa de Africa" ou ben a "Panadería de Dolfo" donde de pequenos podíamos comprar os primeiros xelados (FRIGO) que viñeron a o pobo (xunto cos "CAMY" da Vila de Ouro)... ¡¡que bos estaban!!!
Sí señor,¡cuántas mañanas madrugadas en el Marcha Verde!¡Aquellos urinarios unisex dónde había que miccionar con el cuello en heróico escorzo!¡Cuánto s cientos de miles de copas de Soberano servidas en el mostrador!En fin, cuántos momentos de mi vida se han quedado encerrados para siempre tras esas puertas clausuradas
Si señor,o primeiro sitio a onde ibamos tomar a primeira consumición antes de empezar a bailar a danza de arcos,,,,,,,
Non creo que tarde moito en volver a abrir non sei si co mesmo nombre ou con outro, pero os novos donos do local teñen pensado alquilalo, seino de primeira man, jejeje.
si señor,tes toda rason gancholoco,bon bo de hincharme con aqueles helados.
Pero o marcha verde nos tamen disiamos que era o ultimo en serrar,estabamo s equivocados,a señora LOLA,madrugaba muito jajajajajaja
gancho a foto que me mandastes no bar de africa e autentica tio,eu non creo que abra a nueva dueña ese bar pode ser outro pero miña prima non.
Eu non dixen que fora abrilo a nova dona, jejeje, dixen que non tardarán moito en abrilo pero non dixen quen o vai abrir.
pos pode que o dixeras pero o mellor collo o eu jajajaaaaaaa hiban a ser boas cheas
Pos collémolo entre os dous e poñémoslle de nombre "Black magic women", verás como está sempre "cheo" o bar e mais nos, jajajaja
Con estes dous patrons aos mandos a vosa querida papeleira Taller non vos fallaba unha nuite, eso si que iban a ser cheas e o resto son guasas!!!
Ti ben sabes,Lola, a quén lle vendestes a "última faria "e o café cortado...Nadie máis que eu sepa,saboreaba aquélas farias da Coruña, e,por iso,sempre me tiñas preparado o meu "postre."
Ajradésocho de verdá,Lola.A tí a máis o Gonzalo.Que vos vaia ben na nova vida.
Antonio
eu teño ke desir: ke para min o marcha verde, fui despois, pero miña nai mandabame a casa de africa a por o pan para o casino. e unha pena ke desapareska,per o todos vamos a levar o mismo camiño,e como di belgoña: ke disfrutedes ke o meresedes. e, nunka mellor dito:feliz ano,,
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.