Banner Mostra 2014 3

Pola Beira do Río Grande (I)

PinExt
Share

Xoán Ramón Carballo inicia a súa triloxía adicada ao Río Grande da Ponte

Este xoves 28 de xuño de 2012, día inicial da Festa de San Pedro na Ponte do Porto acometemos o posiblemente exercicio literario de máis longo alento en toda a existencia de Camarinas.eu. Pola Beira do Río Grande (Paseo con lixeiros apuntes de nostalxia...), escrita polo Enxeñeiro Técnico Industrial Xoán Ramón Carballo Alvite, constitúe o relato que, divividido en tres entregas de publicación sucesiva, percorre a historia da vila porteña a través do discorrer das augas do cauce fluvial que a bañan dende a orixe dos tempos. Estamos ante un luxo literario, unha evocación histórica impregnada pola melancolía polos tempos idos, que xurde froito da colaboración habitual entre a web máis vista da historia da Costa da Morte e o actual Presidente do Club Liceo Marítimo de Bouzas, un porteño todo talento que elixe as nosas páxinas para evocar dun xeito maxistral a historia dunha vila, epicentro comercial mecido secularmente polas augas de un río, o Río Grande...
Pola Beira do Río Grande (I)
Paseo con lixeiros apuntes de nostalxia....
POR XOÁN RAMÓN CARBALLO

Cando o rio Grande encara o seu derradeiro tramo fluvial, cando xa esta preto o sabor salgado das augas  coas que acaban misturándose e xa se perciben os efectos das mareas, alí principia os dominios da parroquia de San Pedro da Ponte do Porto. Convídovos a facer comigo unha travesía a través do seu canle en tempo indefinido.

DSC 0060O rio é o berce de vida do entorno; ao seu carón  xorde o encanto das súas ribeiras, o enramado ramallete de flora e fauna que o percorrer das augas orixina pasada Carantoña – o mais agarimoso nome pra un lugar-, mudando a xurisdición do concello de Soneira polo de Camariñas; o seu canle, habilmente manipulado pola intelixente man do home, ven de prestar a súa forza para se converter en eléctrica enerxía co seu vigoroso pulo. O tramo do Penedo ven sendo o derraderiro treito de río que discorre entre barrancos de pronunciada e frondosa vexetación pinos e fieitas, xuncos, abeneiros e bidueiros, que lle confiren as augas unha harmoniosa calidade cromática por onde ao reflexo da tenue luz do día, convértese en excepcional mistura de cores; preto dala desvíanse as augas por unha canle lateral que nalgún tempo fixeron mover os muíños da súa marxe dereita; os muíños galegos ademais da súa principal función trituradora do gran de millo, centeo ou trigo, constituían naquel tempo os centros socias e veciñais, mudas testemuñas de tertulias populares, escenario axeitado de conversas, cantigas e amorosos encontros, nos que...unha noite no muíño unha noite non é nada.... unha semaniña enteira , esa si que é muiñada. As muiñadas e  palilladas, merecerían de seu, un sociolóxico estudo como berces propiciadores dos amoríos, en toda a bisbarra da ribeira do rio.

DSC 0102De seguido o rio medra no ancho, e disponse a traspasar a construción arquitectónica mais senlleira; unha ponte señorial que da nome ao lugar; unha obra de fábrica de pedra con catro arcos adoelados (dous de medio punto e dous oxivais ou apuntados) con cantaría moi ben labrada e que será a derradeira ponte que ha de vadealo  rio Grande no seu camiño cara o mar Atlántico. Esta ponte que amosa unha  singular estampa con moi bo estado de conservación e con indefinida data de construción, a redor dos séculos XIII ou XIV, que posiblemente estivera vencellada a unha  vía romana per loca marítima,  dálle o nome a vila de Ponte do Porto.

Foi esta vila porteña o centro dunha florecente vida social e económica que concentrou nela as meirandes actividades comerciais da bisbarra; de tal xeito que o famoso encaixe de bolillos, de abondosa práctica artesanal en tódalas parroquias do concello camariñán, ten nesta vila a súa orixe comercial  primeira. De finais do século XVIII e principios do XIX datan rexistradas as primeiras transaccións económicas do encaixe cara os emerxentes mercados de América, efectuadas por egrexios e significados comerciantes porteños, entre outros Manuel Miñones e Norberto Noya Mira; operacións comerciais referendadas pola bibliografía que se atopa no Museo Etnográfico, que xorde como iniciativa popular, da que o  fin principal é mostrar a cultura etnográfica da bisbarra, con documentación variada sobre os oficios e costumes, incluída a exposición de ferramentas e diversas pezas IMG 6819empregadas nas diarias labores do campo, da pesca e das diversas tarefas e oficios da industria local; por que foi moi notable perante o pasado século a industria dos aserradeiros de madeira que configuraron a Ponte como centro neurálxico da explotación e transformación dos recursos forestais, tan abondosos en toda a Costa da Morte. A mediados do século pasado estiveron abertos simultaneamente os seguintes: o dos Polos (Gumersindo e Arturo Carballo), o de Rens (Alfonso e Antonio), o do Rato, o dos irmáns Manchilos, ademais de outros profesionais relacionados co mercado de compra e venda como Ramón dos pinos, o Quietán de Carnés,   etc ... sen dúbida era o sector económico de  mais  relevancia e emprego.

A abondosa frondosidade da masa forestal foi considerada como unha gran caixa de aforros que viña a socorrer as minguadas economías familiares da bisbarra. Así cando chegaba o tempo no que os fillos emprendían estudios medios ou superiores que supuñan un esforzo adicional, marcaban no monte aqueles mellores exemplares do pino pinaster  que se convertían en oportunos mecenas con  financiamentos de moitos futuros profesionais que necesariamente tiñan que se achegar ate A Coruña ou Santiago pola absoluta falta de dotación institucional en materia de ensinanza. Esta riqueza forestal non se ten desenvolvido axeitadamente e a pesares do gran espazo adicado a este produto na costa da Morte, foi moi pouco o valor engadido que dende sempre, se lle ten dado ao longo dos tempos o non ir mais alá que da primeira transformación. A xente soo se ten lembradoIMG 6817 desta explotación en puntuais ocasións sen ter afrontado a explotación destes recursos dunha maneira mais racional e continua. Neste eido as distintas administracións teñen feito moi pouco pola axuda a un sector que en Galicia representa un dos enxovais mais abondosos. A Xunta ten neste eido unha fonte de riqueza inexplorada que debería merecer mellor tratamento. Pero desa teima falaremos noutra volta.

Proseguindo coa ruta a beira do rio Grande, e pasando lista os diferentes obradoiros e oficios que na Ponte tíñanse asentado, non han de esquecerse os obradoiros mecánicos adicados a reparación de embarcacións a motor. Nunha carreira dun can, entre a Solana e Cereixo coexistiron tres instalacións que tiñan como adicación principal a construción e reparación naval: un novo José Valiña iniciou alí o oficio que mais tarde trasladou con acrecentado éxito, o seu estaleiro nas dársenas de Oza na Coruña. Procedente o seu dono de Cánduas, instalouse unha carpintería de ribeira un pouco mais rio abaixo, na que se botaron numerosas embarcacións, de preferente uso pesqueiro; alí coa  mestría propia dos IMG 6869artesáns navais traballábase a madeira de carballo, castaño, eucalipto, ou elondo e demais especies que despois de pasar un tempo os troncos asolagados na auga para se desprender da sabia que aínda conservaban, eran serrados e modelados para se converter en perfiladas cadernas, vaos e quillas, pantoques e codastes, das embarcacións tan mariñeiras de relevante prestixio. Case que a tiro de pedra desta carpintería de ribeira, estaba o obradoiro de Ernesto, ate onde se achegaban os barcos de ferro de Camelle que se adicaban o rescate e desguace da chatarra dos pecios afundidos o longo da costa da Morte. Persiste aínda hoxe no lugar restos esquecidos dos barcos que alí viñeron a varar para sempre.

Ponte do Porto era nos anos sesenta e setenta o epicentro económico da bisbarra: alí estaba dende moito tempo atrás a cuartel da Benemérita con xurisdición en toda a comarca, tamén era porteño o alcalde con concello de Camariñas, Jesús Noya, asímosme propietario dun das únicas sás de cine do entorno. No segundo domingo de cada mes celebrábase unha imporante feira na que se facían todo tipo de transaccións comerciais e artesanais, gando, produtos agrícolas, comercio en xeral. Era sen dúbida, a capital da fotografía: tiñan obradoiro propio ate tres profesionais, algún deles de anterga estirpe no oficio, que eu me lembre: Fotos Alonso, Leika e Fotos González, competían no da luz e a imaxe en branco e negro. As festas do verán moi concorridas pola mocidade eran o mellor escaparte das afamadas orquestras que polo campo de San Roque tiñan pasado, ... IMG 6898Os Satélites da Coruña, Os Trobadores con Pucho Boedo a súa fronte, a París de Noia co seu cantante estrela O Xitano...O Pombo e o Finisterre eran os medios de locomoción con parada e lina regular. Dúas farmacias, ate tres médicos e por suposto un cura, que naquel tempo tiña tamén baixo a súa bendición ademais de San Pedro da Ponte, o Espírito Santo de Camelle, -con San Bartolomeu de Arou como asociado- e Carantoña.  O Casino era, e supoño que segue sendo, unha tradicional aposta pola convivencia e terebrátula veciñal; verdadeiro sanedrín en onde o sacaire da sota de bastos e o rei de copas, rebuldaban conversas deportivas, costumistas e os mais atrevidos falaban de política, con secretas claves e opacas paroladas.

Fin parte I

Comentarios:

Comentarios   

 
kinos
+1 #1 RE: Pola Beira do Río Grande (I)kinos 28-06-2012 16:56
Interesante reportaxe e moi ben redactada no meu gusto de lector,xa estou a espera das seguintes partes.
Reportar al moderador
 
 
E logo ti de quen es
+1 #2 Precioso paseo pola beira do rioE logo ti de quen es 30-06-2012 19:54
Extraordinario paseo por la historia de Puente del Puerto, algunos de los pasajes, por ejemplo el de la historia del encaje, o el relativo al cine Porteño, me resultan muy familiares por haberselas escuchado a mi abuela, a mi madre y a mis tios. Noraboa Xoán Ramón e graciñas.
Reportar al moderador
 
 
Beldoña
+1 #3 RE: Pola Beira do Río Grande (I)Beldoña 03-07-2012 20:06
Ata o día d´hoxe, non tivera ocasión de comentar este maxistral relato que nos achega o noso contertulio e amigo Xoán Ramón,a través do seu percorrido pola Beira do Río Grande da Ponte,nuns tempos que algúns de nos temos vivido e gozado na nosa infancia.
Parabéns, e que axiña poidamos deleitar os nosos sentidos con novos episodios, que estamos a agardar coa máxima inquietude.
Un saúdo cordial
Antonio Puertas
Reportar al moderador
 

Escribir un comentario

Hemeroteca

April 2014
Mo Tu We Th Fr Sa Su
31 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 1 2 3 4
Opacity

Comentarios Cultura

HomeGaceta Cultural de CamariñasLiteraturaPola Beira do Río Grande (I) Top of Page
Zo2 Framework Settings

Select one of sample color schemes

Google Font

Menu Font
Body Font
Heading Font

Body

Background Color
Text Color
Link Color
Background Image

Top Wrapper

Background Color
Modules Title
Text Color
Link Color
Background Image

Header Wrapper

Background Color
Modules Title
Text Color
Link Color
Background Image

Mainmenu Wrapper

Background Color
Modules Title
Text Color
Link Color
Background Image

Slider Wrapper

Background Color
Modules Title
Text Color
Link Color
Background Image

Scroller Wrapper

Background Color
Modules Title
Text Color
Link Color
Background Image

Mainframe Wrapper

Background Color
Modules Title
Text Color
Link Color
Background Image

Bottom Scroller Wrapper

Background Color
Modules Title
Text Color
Link Color
Background Image

Bottom Scroller Wrapper

Background Color
Modules Title
Text Color
Link Color
Background Image

Bottom Menu Wrapper

Background Color
Modules Title
Text Color
Link Color
Background Image

Bottom Wrapper

Background Color
Modules Title
Text Color
Link Color
Background Image
Background Color
Modules Title
Text Color
Link Color
Background Image