|
|
| El Espejo de Shión 3ª Parte |
| Cultura - Literatura | |||
Unha vez mais o noso veciño Alberto Lorenzo non deixa de sorprendernos. Se na última noticia que publicábamos en camarinas.eu sobre o autor camariñán, e o seu blog autobiográfico de relatos cortos "O espello de Shion", nos sorprendía co relato "Las reglas del juego", este mes de Xaneiro foi sen dúbida algunha o mes do seu "Triste blues de medianoite". Neste útimo relato, que consta de catro partes, o escritor camariñán tanto se atreve a tratar temas cómo as dificultades da vida a hora de loitar polos nosos soños, cómo non discrepa a hora de criticar a golpe de prosa o materialismo ou a soberbia. Todo isto mentras, cómo non, conta a sua particular historia de amor-desamor a que nos ten acostumados dende que, unha mañán de Maio do ano pasado, optara por crear o blog. En "Triste blues de medianoite" tanto nos podemos atopar ca tensión dos diálogos que manteñen os dous protagonistas de dito relato, cómo nos podemos atopar cun grande abanico de novos e antigos persoaxes, cada un cas suas diferentes personalidades e facetas. Da banda sonora do relato esta vez ocúpanse grandes voces e grupos actuales como Placebo, Muse, Alanis Morissette, ou o xenial Lenny Kravitz , conseguindo así, se cabe, introducirnos un pouco mais nas esceas as que o autor camariñán nos intenta facer viaxar. Un claro exemplo disto é o seguinte fragmento do seu relato "Triste blues de medianoite":
Dende Camarinas.eu queremos felicitar unha vez mais o noso veciño Alberto Lorenzo polo incrible traballo co que nos deleita semana tras semana, e animar os que ainda non se atreveron a entrar no seu blog "O espello de Shion" a que o fagan, posto que creemos que vale a pena. Está claro que é unha cuestión de tempo que este rapaz chegue lonxe como escritor, e a proba mais clara témola na cantidade de seguidores que diariamente se van unindo o seu blog. Sen mais rodeos deixámosvos ca sua páxina oficial "O espello de Shion":
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:
|


Comentarios
Enhoraboa compañeiro,esta s feito todo un novelista de primera.
Preciosa historia, enhorabuena.
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.