Gaceta Cultural de Camariñas
Los 28, mi espejo en el cielo
Cultura - Literatura
Escrito por Redacción Camarinas.eu   
Jueves, 10 de Mayo de 2012 12:39

O gran escritor Alberto Lorenzo deleitanos outra vez máis cos seus relatos autobiográficos

O “Espello de Shion” do noso veciño Alberto Lorenzo, natural de Camariñas, sigue dando que falar. Despois dun ano no que o autor camariñán decidira espirse completamente de cara o lector, creando o seu propio blog de relatos cortos de carácter romántico, todos eles basados na sua propia vida, esta vez, e festexando o seu primeiro aniversario no mundo da literatura, sorpréndenos cunha nova publicación: o primeiro capítulo do seu novo traballo “Los 28, mi espejo en el cielo”. En dita publicación, que constará de catro partes, o autor, moi lexos de seguir a liña habitual de relatos os que nos viña tendo acostumados, esta vez aposta por facernos un relato resumén do que él mesmo denomina como “posiblemente o ano mais complicado da miña vida”. En “Los 28, mi espejo en el cielo” tanto seremos testigos das dificultades das novas xeneracións a hora de encontrar un posto de traballo debido a crisis económica que estamos a vivir, como poderemos comprobar cada unha das decepcións personais as que o autor tuvo que facer frente neste último ano da sua vida. Esto todo sempre sin chegar a perder, en ningún momento, ese perfil romántico que caracteriza cada unha das publicacións do autor camariñán. Un exemplo claro disto é o seguinte fragmento da sua última publicación “Los 28, mi espejo en el cielo”:
Por favor, registrate para calificar.
 
Naufraxios do Douro e do Irurac Bat
Cultura - Historia do Concello
Escrito por Redacción Camarinas.eu   
Martes, 17 de Abril de 2012 09:26
Travesía pola historia da Costa da Morte da man de Xosé TroianoDespois duns días de paréntesis por mor das inaprazables e fructíferas obrigas laborais, aquí volve Camarinas.eu, a web que fai frente aos ataques da ultra dereita máis violenta e dos autodenominados directores de estercoleiros cibernéticos que a alentan e apoian. E facémolo cun artigo que relata unha traxedia marítima acaecida non moi lonxe de Camariñas e que contribuío decisivamente a nomear á nosa costa como aquela que levaba nas súas entrañas un poso mortífero e cruel. Foi o afundimento por colisión entre o Douro e o Irurac Bat, catástrofe rescatada de remotos arquivos bibliográficos por Xosé Troiano, o gran investigador da historia de Camariñas.
Por favor, registrate para calificar.
 
Literatura Galega: Merlín e Familia
Cultura - Literatura
Escrito por Redacción Camarinas.eu   
Viernes, 30 de Marzo de 2012 08:30
Florentino Rogero analiza a obra dun dos grandes da literatura galegaNado en Mondoñedo en 1911 Álvaro Cunqueiro é sen lugar a dúbidas un dos  grandes da literatura galega e española. Artista polifacético, diversos foron os campos nos que ao longo da súa prolífica vida demostrou o seu inmenso talento: novelista, dramaturgo, poeta, gastrónomo, xornalista (non en van foi director do Faro de Vigo de 1965 a 1970), etc... Dentro da súa creación en prosa se hai unha obra que destaca por dereito propio esa á "Merlín e Familia", aquela que narra as prácidas aventuras do inmortal mago da corte do Rei Arturo nos seus anos crepusculares, a cal é obxecto da análise admirada e agradecida do noso querido usuario Florentino Rogero.
Por favor, registrate para calificar.
 
El Espejo de Shión 3ª Parte
Cultura - Literatura
Escrito por Redacción Camarinas.eu   
Lunes, 23 de Enero de 2012 16:46

Alberto Lorenzo deleitanos esta vez co un Triste Blues de Medianoche

Unha vez mais o noso veciño Alberto Lorenzo non deixa de sorprendernos. Se na última noticia que publicábamos  en camarinas.eu sobre o autor camariñán, e o seu blog autobiográfico de relatos cortos "O espello de Shion", nos sorprendía co relato "Las reglas del juego", este mes de Xaneiro foi sen dúbida algunha o mes do seu "Triste blues de medianoite". Neste útimo relato, que consta de catro partes, o escritor camariñán tanto se atreve a tratar temas cómo as dificultades da vida a hora de loitar polos nosos soños, cómo non discrepa a hora de criticar a golpe de prosa o materialismo ou a soberbia. Todo isto mentras, cómo non, conta a sua particular historia de amor-desamor a que nos ten acostumados dende que, unha mañán de Maio do ano pasado, optara por crear o blog. En "Triste blues de medianoite" tanto nos podemos atopar ca tensión dos diálogos que manteñen os dous protagonistas de dito relato, cómo nos podemos atopar cun grande abanico de novos e antigos persoaxes, cada un cas suas diferentes personalidades e facetas. Da banda sonora do relato esta vez ocúpanse grandes voces e grupos actuales como Placebo, Muse, Alanis Morissette, ou o xenial Lenny Kravitz , conseguindo así, se cabe, introducirnos un pouco mais nas esceas as que o autor camariñán nos intenta facer viaxar. Un claro exemplo disto é o seguinte fragmento do seu relato "Triste blues de medianoite":
Por favor, registrate para calificar.
 
Naufraxios do Kenmore e Draga Rosario
Cultura - Historia do Concello
Escrito por Redacción Camarinas.eu   
Lunes, 23 de Enero de 2012 10:14
Xosé Troiano volve a arrancar dos arquivos un anaco da Historia de CamariñasFiel ao seu compromiso perenne ca historia do seu pobo, Xosé Troiano volve ás páxinas de Camarinas.eu para impartir unha lección maxistral acerca dos naufraxios do Kenmore e da draga holandesa Rosario. Desta volta a súa labor investigadora levouno a un allado exemplar de inicios de 1904 do xornal "El Mundo Futuro", que daba conta aos seus lectores da enésima desgracia acaecida nas augas turbulentas da Costa da Morte. Dous naufraxios que a memoria colectiva da Vila das Palilleiras non parece ter demasiado presentes e que nembargantes son rescatados das sombras para o gran público camariñán gracias ao traballo meticuloso, infatigable, sempre productivo de Xosé Troiano.
Por favor, registrate para calificar.
 
Faro de Cabo Villano - 1910
Cultura - Historia do Concello
Escrito por Redacción Camarinas.eu   
Martes, 20 de Diciembre de 2011 10:50

A revista Vida Marítima adicou un especial ao Faro de Cabo Vilán en 1910

Dentro da laboura, imprescindible, vital de necesidade, de recuperación da memoria histórica do noso concello é chegada a hora de render dende estas páxinas a debida homenaxe á labor que duns anos a esta parte está a desenrolar o noso querido amigo e colaborador de Camarinas.eu Xosé Troiano dentro do ámbito historiográfico camariñán. Unha labor minuciosa de rastrexamento intensivo das fontes históricas dunha terra que nunca foi moi dada a deixar pegada sobre o papel do seu periplo vital ao longo dos séculos. Nesta ocasión, recuperando unha pequena xoia bibliográfica, Xosé do Italiano remóntase ata as épocas da Restauración Española, en pleno ano 1910, para deixar constancia dun artigo publicado na revista "Vida Marítima" que glosaba unha viaxe ao máis fermoso, ao máis inexpugnable, dos faros e ao coqueto pobo branco que durmía a súa sombra...
Por favor, registrate para calificar.
 
Karina Tajes, unha futura estrela
Cultura - Musica
Escrito por Redacción Camarinas.eu   
Miércoles, 14 de Diciembre de 2011 12:25

A camariñana Karina xunto a cantante canaria Rosana

Pois en Camariñas estamos que non paramos. Para sumar á excelente canteira deportiva que posúe o noso concello veñen a presentarse outras grandes promesas dentro de outros ámbitos culturais. Na literatura, por exemplo temos ao exitoso escritor Alberto Lorenzo con uns relatos de eloxio no seu blog "El espejo de Shion" e agora tamén no mundo da música abrirase paso sen dúbida Karina Tajes, unha gran cantante camariñana que con tan só 18 aniños foi quen de subirlle ao escenario do concerto que a popular cantante canaria Rosana realizou en Ponteareas e marcarse unha canción deixando ás multitudes asistentes coa boca aberta. Ademáis Karina está a facer unhas grabacións caseiras que logo colga en Youtube donde ela, acompañada da súa inseparable guitarra, interpreta algúns temas propios e outras versións dos seus artistas favoritos. De verdade, non vos perdades a traxectoria desta rapaza que seguro será meteórica. Camariñas, terra de artistas! ¡NORABOA KARINA!
Por favor, registrate para calificar.
 
El espejo de Shion 2ª parte
Cultura - Literatura
Escrito por Redacción Camarinas.eu   
Martes, 13 de Diciembre de 2011 10:59

Alberto Lorenzo, a sorpresa literaria da Costa da Morte

Facía unhas semanas coñecíamos unha nova faceta do noso veciño Alberto Lorenzo, natural de Camariñas, mediante as redes sociais, o seu blog autobiográfico de relatos cortos "El espejo de Shion". Esta semana sorpréndenos ca segunda parte do seu último traballo "Las reglas del juego ( La chica del corazón de cristal )" , relato como de costume de perfil dramático romántico, ambientado na máxica cidade de Santiago de Compostela, o que él mesmo define como " o texto con mais descarga emocional hasta o momento, e tamén o mais coidado desde o punto de vista narrativo". Deixámosvos con un apetitoso adelanto de este seu último traballo:
Por favor, registrate para calificar.
 
Alberto Lorenzo e "O Espello de Shion"
Cultura - Literatura
Escrito por Redacción Camarinas.eu   
Miércoles, 09 de Noviembre de 2011 11:53

O escritor Alberto Lorenzo, novo colaborador de Camarinas.eu

É unha realidade que as redes sociales nos están a cambiar a vida. Noticias en tempo real, foros e grupos de todo tipo, un medio efectivo e gratuito de comunicación, e nalgúns casos un trampolín a inspiración. Este é o caso de Alberto Lorenzo, un xoven de 28 anos natural de Camariñas, e o seu blog autobiográfico de relatos cortos "O espello de Shion". Nel o camariñán destápase emocionalmente de maneira  sobrecolledora en cada liña que forma cada novo relato sobre momentos puntuales da sua vida, atraendo cada vez mais adeptos. Ese punto dramático amoroso que caracteriza o blog chega os corazóns da xente de maneira profunda e elegante, por medio dunha narración en primeira persoa moi coidada e traballada, na que non se priva de amosar o lector os seus mais íntimos pensamentos. Exemplo disto son relatos como "Capuccino Rennie", "La aguja del escorpión" ou o seu último traballo "Piezas de un puzzle llamado destino", no que o camariñán consegue poñernos a pel de galiña gracias a textos coma este:
Por favor, registrate para calificar.
 
Literatura Galega: Daniel Rogero Picazo
Cultura - Literatura
Escrito por Redacción Camarinas.eu   
Miércoles, 21 de Septiembre de 2011 18:09
Daniel Rogero Picazo comeza a súa colaboración coa Cultura Galega en Camarinas.euDaniel Rogero é o fillo do noso habitual colaborador Tino Rogero Figueiras. “Dani da Ponte”, como lle chaman os seus amigos camariñans, é un xoven que estuda Dereito e Xornalismo na Universidade Rey Juan Carlos de Madrid, e é por riba de todo un namorado do mar, de Galicia e de Camariñas.  Pasa todos os veráns no pobo da súa avoa, gústanlle os deportes, o footing, o Karate, e nos veráns practicar a vela, a pesca submarina e a pesca con cana nas augas da nosa costa. Dende pequeno amosou moito interese polos idiomas en xeral e en especial pola nosa lingua, pódese dicir que Daniel é un galego, un camariñan nacido en Madrid.
Por favor, registrate para calificar.
 


Página 1 de 11