|
Fotos Historicas: Unha Cena do PSOE dos vellos tempos |
Aquelas cenas do PSOE dos vellos tempos...
 Vaia colección de Primeiros Espadas do socialismo galego nesta fotos dos vellos e bos tempos
Vamos cunha de ouro líquido que diría o outro. Sucede que aquí na redacción de camarinas.eu temos un arquivo fotográfico tan insondable que en ocasións semella aquel xigantesco almacén onde se perdía (¿para sempre?) a Arca da Alianza na escena final da primeira entrega de Indiana Jones. E así atopamos recentemente unha caixa de Plátano de Canarias chea ata os topes de cremosas fotos, pero as que chamaron a nosa atención foron as de unha cena do PSOE dos vellos tempos, dos bos tempos, de antes de que... bueno, antes de que pasara todo aquelo, e que a semellanza da división entre felipistas e guerristas, surxira unha Vieja e Nueva Guardia en Camariñas. E aparecen todos: González Laxe, Presidente que foi da Xunta de Galicia durante o bienio 1987-1989; Fernández Moreda, Presidente da Deputación da Coruña; Bautista Santos, Alcalde de Camariñas durante 24 anos; Marisol Soneira, agora Deputada Autonómica, entón Concelleira de Cultura e Deportes... só falta un, agora Primer Espada camariñán, que precisamente foi o encargado de sacar as presentes fotos que xacían nunha caixa abandonada. Pero tamén están as bases, pródigas en proxenitores de usuarios de camarinas.eu: os de Pión, os de Juanillo, ou os que desgraciadamente xa non están con nos: Pepe de Pelotas (pai da nosa usuaria Encarna) ou Esteban Carril, pai que foi de Mikel e Karina, á que esta redacción especialmente quere que agrade este recordo do seu pai no día do seu esplendoroso cumpreanos.
|
|
Fotos Historicas: The Third Is The Piggiest/Ritual |
 Corrían os anos 90 cando un puñado de xóvenes camariñáns se iniciaban no difícil mundo da música
As orixes de camarinas.eu
Corrían as lonxanas épocas de 1993 cando dous xóvenes camariñáns con algunha que outra inquietude artística e moito tempo libre daban os compases iniciais do que ía a ser un dos poucos grupos de rock que vío a Vila das Palilleiras en toda a súa historia. Aquela aventura musical, que tería como baixista a Oscar Vigo Barcia (Oki de Monso) e como baterías a Xavier Blanco Vázquez nun primer momento e posteriormente a Álvaro, duraría pouco máis de dous anos e deixou un puñado de cancións para o recordo, pero pasando o tempo tería o valor de constituir a primeira colaboración artística entre os que serían os Pais Fundadores, os Founding Fathers, da páxina web máis vista da historia da Costa da Morte, camarinas.eu: Diegoalfr e Zhúkov. Despois dunha longa paréntese, volve cunha forza inusitada Fotos Históricas cas poucas imaxes existentes de tan histórica asociación, as cales parecían irremediablemente perdidas para sempre ata que o cariño dunha nai, a nosa querida usuaria Guadalupe Vázquez, fíxoas surxir da nada na que esmorecían.
|
|
Fotos Historicas: Maria Barcia Gerpe |
María de Marta: a comadrona histórica de Camariñas
 Xoves 11 de xuño de 2009: o día que María de Marta cumprío 78 anos
Nunha humilde casiña do Barrio de Corea, aquela que fai esquina na Praza da Insuela e que sinala a frontera que separa a este peculiar distrito camariñán do resto do mundo, vive dende hai longos anos unha muller humilde e traballadora. Das de antes, con numerosos fillos aos que alimentar, cun home embarcado durante interminables temporadas, nunhas épocas duras e incertas. Pluriempregada. O mar, a lonja, a Fábrica, vírona pasar ata que finalmente un día chegaría a desempeñar durante máis de 30 anos a labor pola que pasará á historia da Vila de Camariñas. Señoras e señores, estamos a falar de María de Marta, a gran comadrona histórica de Camariñas, que este xoves 11 de xuño cumpre 78 anos.
|
|
Fotos Historicas: Obras Historicas de Camarinas |
A apoteosis da obra pública
 A obra do Muelle Novo, posiblemente a obra pública máis importante da historia do Concello de Camariñas
Agora que estamos a punto de asistir a unha orxía de obra pública no Concello de Camariñas derivada do Fondo Estatal de Inversión Local (FEIL) dentro das medidas destinadas polo Goberno a loitar contra o paro (xa veremos con que resultado), aquí en camarinas.eu quixemos rescatar imaxes dunha serie de obras públicas de importancia vital para o noso remoto Concello cas que as distintas administracións intentaron paliar o noso secular aislamento e olvido. A obra do Muelle Novo, a máis importante da historia deste concello, a da estrada que nos conecta co resto de Galicia, a ampliación do milenario nexo de unión das dúas orillas da Ponte do Porto ou outras obras menores de finais dos oitenta que xeraron un tanto inxenuamente unha certa ilusión no noso Concello (as eólicas, o Cemiterio dos Ingleses) son recuperadas da man da web líder da Costa Atlántica nunha evocadora galería fotográfica.
|
|
Fotos Historicas: O Futbol no Concello de Camarinas |
Unha miscelánea global do fútbol en Camariñas
 O Camariñas mítico de finais dos setenta en viaxe de peregrinación ata a Capela da Virxe do Monte
Agora que está a piques de rematar sin pena nin gloria outra temporada máis para os equipos que compoñen o fútbol camariñán, aquí en camarinas.eu queremos extraer dos nosos arquivos infinitos e invaluables unha pequena galería fotográfica que amose o que significa dende hai longo tempo o así chamado deporte rey para as xentes que compoñen ese universo colectivo chamado Concello de Camariñas, ben sea falando do Porteño campeón da Costa, do Camariñas F.C. mítico de finais dos 70, do Camelle de principios dos 80 ou daqueles torneos de futbito que se xogaban os domingos pola mañán na depauperada e terrorífica pista de gravilla do antigo polideportivo municipal. Viaxa no tempo da man das leyendas vivas do balompié municipal.
|
|
Fotos Historicas: Vodas de ouro do Mantido e Gloria |
Vodas de Ouro en Camariñas
 O Mantido e Gloria, un percorrido polas súas vidas a través de cincuenta anos xuntos
Hai xa cincuenta anos, toda unha vida, que Pepe O Mantido e Gloria uníronse en santo matrimonio. Fui ano arriba ano baixo cando O Mantido construío na Punta da Virxe da Barca dúas torres que coroaban un templo sagrado e que permitían contemplar Camariñas como unha illa de beleza. Unha illa na que esta familia orixinaria de Carnés un día hai xa moitos anos acabou recalando de forma definitiva. Precisamente aquí, na Vila das Palilleiras, e no que sería co tempo un dos seus barrios máis emblemáticos (o distrito de Corea), foi onde Pepe e Gloria criaron unha familia e tomou corpo e forma unha empresa de construcción e de obra pública que se faría lexendaria en toda a Provincia da Coruña: Mantido S.L. Pulsa na montaxe para ver unha galería que recorre cincuenta anos dunha vida en común.
|
|
Fotos Historicas: Pau Gasol en Camarinas |
Un auténtico patriota en Camariñas
 O mellor baloncestista da historia de España visitou un 28 de abril de 2003 Camariñas
Pois agora que a utilización do Pavillón Municipal de Camariñas está resultar tan polémica e controvertida, vamos a rescatar unhas imaxes do uso que lle dou (uso pacífico, enténdese) o mellor xogador da historia do baloncesto español e auténtico all star nos Estados Unidos de América, Pau Gasol, cando na estela do chapapote que deixou o Prestige este gran español e mellor persoa visitou un luns 28 de abril do ano 2003 Camariñas acompañando a membros da organización ecoloxista WWF/Adena. Pulsa na montaxe para ver a galería fotográfica que nos fixo chegar o noso gran amigo Oscar da Oca, que actualmente rexenta o histórico Bar Victoria de Camariñas.
|
|
Fotos Historicas: Mª Belen Carril Ageitos 19 anos |
O Cumple que truxo 3.000.000 de visitas baixo o brazo
 María Belén Carril Ageitos, redactora de camarinas.eu, a muller da sonrisa perfecta
En fin, queridos usuarios, a vida sigue, e camarinas.eu procede a publicar unha noticia que levábamos preparando toda esta semana cun cariño e unha ilusión moi especial: a nosa María Belén, a redactora máis nova da redacción máis xoven, cumple 19 esplendorosos aniños. Unha muller que tras facer o Camariñas Beauty segue percorrendo as distintas seccións de camarinas.eu á espera de facer o Top Camariñas cando tras rematar a Escola Obradoiro Aldea Madeira sexa unha experta chef dos máis exquisitos fogóns. Por elo, dada a implicación e devoción que María sempre tivo por camarinas.eu o seu cumpreanos ven preludiado polo día no que a web da súa alma chegou aos 3.000.000 de visitas. Pulsa na imaxe para ver 30 fotografías que percorren o camiño de neniña a muller de María Belén, un dos nosos rostros preferidos.
|
|
Fotos Historicas: Mª del Carmen Caamano de Leon |
A gran dama do socialismo camariñán
 Carmucha, a gran dama do socialismo camariñán, flanqueada polos Presidentes Zapatero e Touriño
Si a anterior edición do Fotos Históricas de camarinas.eu estivo adicada a un dos políticos máis sobresaíntes do centro-dereita en España nos últimos 50 anos, Adolfo Suárez, desta volta tócalle o turno a unha persoa non menos importante para o centro-esquerda e non só no Concello de Camariñas: estamos falando de María del Carmen Caamaño de León, Carmucha, a que segundo contan as crónicas foi a primeira muller afiliada ao PSOE no Concello e que durante tantos anos fixo tocar os tambores electorales do socialismo a un ritmo tan trepidante e endemoniado que o levou a un auténtico regueiro de victorias mediante un carrexamiento intensivo de votos ás urnas nos diferentes combates electorais.
|
|
Fotos Historicas: 30 Aniversario da Constitucion Española de 1978 |
Aquel día que o Presidente Suárez visitou Casa Sara
 Adolfo Suárez xunto á nosa amiga Noruna no día que visitou a Casa Sara alá polo ano 1985
Hoxe é un día moi importante para todos os españoles, e non nos estamos referindo ao día do sacrificio do cordeiro sinalado como sagrado polo calendario musulmán (bueno, queremos decir por ahora...) e é que hoxe día 6 de decembro de 2008 celébrase o Día da Constitución, que cumpre nin máis nin menos 30 aniños. No día do seu cumpreanos, camarinas.eu quere homenaxear humildemente á nosa Carta Magna cun Fotos Históricas que recorda o día no que o principal impulsor da mesma e primer Presidente democrático en España despois de máis de 40 anos de Franquismo, Adolfo Suárez, visitou o noso Concello. Pulsa na imaxe para ver tres fotos ampliadas.
|
|