Agora si damos por finalizado o Carnaval 2010
 Si hai un lugar en este mundo onde se pasa pipa de verdade, ese é o Pub O Pincho da Ponte do Porto
Cumprindo a liña de rigor e seriedade característica de camarinas.eu hai xa dúas semanas que proclamábamos que se daba por finalizada a cobertura do Entroido 2010 ca publicación das fotos enviadas por Pión referentes ao multitudinario Carnaval de Cádiz, por eso agora procedemos a publicar as do Carnaval 2010 na Ponte do Porto, tanto na Festa da Comisión como no Pub Restaurante O Pincho. Ademáis, facemos chegar ao noso fiel electorado que este sábado 6 de marzo organizará o local porteño de moda un sustancioso caldo con cocido para todos os clientes que
queiran asistir por un módico precio e que tamén estará instalado (siempre a la vanguardia) un impresionante karaoke (en
detrimento da omnipresente Orquesta D´satellite que esta vez non acudirá ao Pincho
lamentablemente). Así, os asistentes ao local da Ponte do Porto que percorre os 5 continentes poderán imitar a todos eses executivos xaponeses que coas corbatas desanudadas, con bágoas nos ollos, unha crecente cor carmesí ao longo do rostro e cas venas hinchadas ata os topes de delicioso e nutritivo alcohol dedícanse borrachos como témpanos a berrear as cancións de moda. Todo elo no Pincho, o local da inventiva inagotable.
|
 O Martes de Carnaval en Camariñas estase a convertir nunha cita obrigada do Entroido da Costa da Morte
¡¡Carnaval Total!!
¿Quén ía a decir ao redactor que o presente subscribe que no máis intrincado da voráxine do sábado noite encontraría ao mesmísimo Michael Jackson (Michael Jansson tamén vale) acompañado da súa lexión de zombies descerebrados? ¿Ou a un auténtico número da Guardia Civil (lástima de mostacho estilo Tejero) esposando a unha meretriz escapada da prisión? Eso polo que respecta a un Saturday Night Fever no que a alma festeira e travestida de Camariñas relucío en todo o seu esplendor. Por outro lado, o día grande do entroido camariñán, o martes de Carnaval, o Pabellón Polifestivo de O Areal vestío as súas mellores galas para recibir a unha avalancha de familias ilusionadas con ver como os seus cativos (e outros non tan cativos) competían encarnizadamente entre si por gañar os premios aos mellores disfraces que estaban en xogo. Querido electorado, os Carnavales 2010 xa son finitos, queda unha longa travesía do deserto ata a próxima edición. Pero todo o que deron de si os do presente ano do Noso Señor quedarán reflexados para os anales de Camariñas a través do gran facedor de memoria histórica deste concello dos nosos pecados: si non sales en camarinas.eu, é que non estabas alí.
|
|
 Todo o talento e imaxinación das boas xentes xaviñanas quedou demostrado neste Carnaval do 2010
Ben é sabido dende antigo que as xentes que pueblan a planicie xaviñana caracterízanse por ser persoas austeras, humildes, traballadoras e cumpridoras da Lei de Deus, por eso cando son chegadas as datas do Entroido a alma xaviñana bótase ás rúas da súa milenaria terra cristiana para disfrutar e darse a última gran homenaxe antes dos rigores dunha cuaresma que na parroquia máis grande do noso concello cúmplese de forma escrupulosa e con rigor legalista. Así o puidemos comprobar este domingo 14 de febreiro de 2010 cos impresionantes carnavais organizados pola Asociación Abrindo Rejo onde chegou ata a rifarse un cochino (con perdón) e no que centos de persoas vestiron imaxinativos e alegres disfraces sendo o de avión supersónico o que finalmente resultou vencedor. Camarinas.eu, a web que contempla o Concello de Camariñas como un todo informativo e para a que cada parroquia é aínda máis importante que a anterior, estivo presente e captou todo o acontecido na ancha llanura xaviñana nunha amplia galería de 220 fotografías. ¿Quién da más?
|
|
 A Praza do Concello víuse pequena para acoller a tal número de rapaces camariñáns
Na mañá radiante pero fría deste venres 12 de
febreiro os rapaces do CEIP "O Areal" de Camariñas celebraron a chegada
do Entroido cunha gran comparsa de disfraces que recorrío gran parte do
noso pobo. Dita procesión comezou sobre as 11 da mañá na porta da escola e baixou pola
mítica e ao mesmo tempo destartalada Rúa Calvario ata chegar a zona da
praia de Camariñas onde se detuveron un momento para reorganizar as
filas. Despois continuaron ata a Praza do Concello onde a infantil
comitiva era esperada por varios concellais e un Alcalde que mostraba o
seu lado máis humano cando recibíu aos cativos disfrazados. Despois
desta recepción os nenos desprazáronse dirixidos polos seus mestres ata
o Pavillón Municipal de Camariñas onde se realizaría un pequeno ágape a
base de productos típicos destas datas que os mesmos nenos levaron das
súas casas. Cabe salientar que este acto foi desarrollado en
colaboración mutua polo CEIP "O Areal de Camariñas", a Asociación de
Pais de Alumnos do mesmo e o Concello de Camariñas. Cousa que nos
agrada xa que todo saíu perfectamente organizado e sin ningún incidente
imprevisto. Pulsa na imaxe para ver unhas 70 fotos do acto e un video.
|
Este venres na Ponte gran festa de Carnaval
 Unha auténtica bacanal gastronómica terá lugar este venres no Pabellón Polifestivo da Ponte do Porto
Pois xa están aquí, xa chegaron as festas de Carnavales e despois das enchentas que todos nos puxemos no Nadal nada mellor que os bos e cremosos postres cheos de azucre e graxas para completar esta rica dieta á que nos ten condenados a nosa peculiar cultura cristiano-gastronómica. Como xa anunciáramos hai unhas semanas, a comisión de festas da Ponte do Porto tiña previsto organizar unha verbena este venres coa orquesta Marbella e o Grupo D´Satelite pero para facela un pouco máis acorde con estas datas tamén realizarán unha gran degustación de filloas e orellas dende as 10 da noite. Así como un concurso de disfraces que premiará ás comparsas máis orixinais que se acerquen polo Pavillón Polifestivo da Ponte do Porto no que serán intalados uns xogos hinchables para que os rapaces poidan xogar mentras os seus pais bailan e degustan todos os manxares que a comisión de festas da Ponte do Porto ten preparadas para este venres 12 de febreiro.
|
Bautizo de Saray, filla dunha estirpe de percebeiros
 Pastora, a madriña de Saray, sostén a preciosa criatura no día do seu bautizo flanqueada pola súa nai
Este frío e xélido sábado 9 de xaneiro de 2010 era bautizada a pequena Saray Tedín Bouzas na igrexa de San Bartolo de Arou. Esta preciosa neniña, filla dos nosos queridos amigos Daniel Tedín e Marisol Bouzas, ven a aumentar unha familia provinte dunha das estirpes percebeiras máis antigas da Costa da Morte. Daniel e o seu fillo maior embárcanse día a día na súa lancha para arriesgar a vida e recolectar o preciado marisco que dará de comer a toda a familia mentras Marisol, agora xa retirada dos percebes, agarda no fogar coidando a súa preciosa filliña Saray. En camarinas.eu estamos encantados de poder dar este tipo de noticias. Noticias que son ao mesmo tempo esperanzadoras para a familia de Saray como para o conxunto dun concello en continuo retroceso demográfico. Pulsa na imaxe principal para poder ver unha galería fotográfica do acontecido este sábado pasado na Igrexa de San Bartolo de Arou. ¡Felicidades Saray!
|
Resumen de Fin de Ano e Noite de Reis no Pincho
 Impresionante foi o programa do Nadal 2010 no Pub O Pincho e impresionantes son as fotos que o recollen
¿Pensaba alguén en serio que aquí en camarinas.eu acabáramos co Fin de Ano? Faltaba, querido electorado, o na va más, o desiderátum, o acabose: faltaban as espeluznantes fotos directamente importadas polo Pub o Pincho dende a Ponte do Porto, capital mundial do dicharacherismo chiquitero. Uns festexos que non se quixo perder o máis bala perdida dos Reis Magos que, chegado a lomos dun deslavazado poni, ademáis de vir cargado de regalos fixo por ver si era verdade todo aquelo que oíra no seu camiño dende Oriente acerca dos apocalípticos festorrios que se montan no emblemático local da Ponte do Porto. Local que incluso se atreve a darlle unha oportunidade a novos grupos e así o 22 deste mes de xaneiro organizará un concerto de "Lombardi", grupo que ten como baixista a Anxo, anterior guitarrista de Sobrecarga. Así, o mellor que podedes facer é visionar as fotos e o vídeo enviados baixo os sons da banda sonora das versións en mp3 do grupo Lombardi.
|
 Da man dunha das nosas redactoras, Lucía016, camarinas.eu deséxavos un próspero e feliz ano 2010
A noite do Aninovo do 2010 será recordada en camarinas.eu como a do retorno ás altas horas da madrugada de algún dos seus redactores. Dunha forma imperceptible, sin que un se dea conta, deixándose levar, recíbense os primeiros raios solares do ano que empeza no medio da máis terrible das brumas etílicas. Un ano ademáis no que desenrolando unha labor xornalística encomiable os redactores e colaboradores da web máis vista da hostoria da Costa Atlántica decidiron facer un alto no camiño no maior número de locais posible coñecendo de antemán perfectamente as catastróficas consecuencias para a saúde que elo traería aparellado. En fin, queridos usuarios, as dúas Españas (deportivas) falando amigablemente nun pub, sombreiros mexicanos de alta calidade, rapazas guapas ata decir basta, infinitas pernas femeninas, ardentes no frío da noite, longas e intempestivas charlas acerca do papel da extrema dereita colombiana, etc... foron algunhas das cousas que nos deixou o primer día do 2010 e que camarinas.eu reproduce en 125 imaxes.
|
E agora no Pincho, Os Reis Magos!!!
 Este domingo 3 de decembro o Rei Melchor poderá vibrar como nunca coa parroquia do Pincho
Pois xa estamos no ecuador destas navidades 2009 e como xa dicíamos, no pincho están que se salen organizando festas, eventos con Santa Claus, festa de fin de ano, cenas de Navidad... e agora este domingo ás 4 da tarde traerán ao Pincho nin máis nin menos que ao mesmísimo Rei Mago Melchor provinte de Oriente para que todos os nenos dos arredores lle poidan traer as súas cartas de petición de regalos. Melchor, virá acompañado de moitos animales vivos que trouxo directamente do Belen de Xesús e ademáis sorteará gratuitamente unha mimosa minimascota que será toda unha agradable sorpresa para o afortunado. ademáis de regalar infinidad de obsequios para todos os asistentes. Polo visto en oriente tampouco hai crise como no Polo Norte... En fin queridos usuarios, pulsade na imaxe principal para ver unha ampla galería do acontecido este 25 de decembro, noite de Nadal no bar de moda da Ponte do Porto: O PINCHO!!
|
O día 25 de decembro: Festa do Balonmán
 6ª Edición da Festa do Balonmán en Camariñas: No Podrás Parar de Bailar
Por desgracia, aprendices de cociñeiro varóns en Camariñas só hai uns poucos, por elo este nadal terán lugar as habituais enchentas masivas que deixarán un bo feixe de estómagos para o arrastre: abarrotados e encharcados ata os topes. Pensando en poñer remedio a toda esta sobrecarga alimenticia, os nosos queridos amigos do Club Balonmán Camariñas decidiron celebrar este ano na noite do día de Nadal unha Festa do Balonmán que cumpre xa a súa sexta edición para que a través duns bailoteos frenéticos ao ritmo da Orquestas Samba e Marbella e duns cantos refrigerios cubateriles (en funcións dixestivas) os sufridos e famosos buchos camariñáns reciban un mínimo alivio. Asemesmo, tamén decidiron que a entrada nesta edición sexa gratuita, para que haxa que cargar a man no cubateo e desta forma a dixestión se faga a velocidades siderales. É que pensan en todo, ches.
|
|