Inicio arrow PESADELO en CAMARIÑAS
Narrow screen resolution Wide screen resolution default color green color orange color

Usuarios en Liña

Eche ben raro oh! non hai usuarios en liña
Guests: 17

Login!!

Quen está no chat?

    Estadísticas

    Visitantes: 8842371
    PESADELO en CAMARIÑAS
    A familia Lin xa ten as licencias de pesca
    (59 votos)

    ¡Remata o pesadelo, os barcos dos Lin xa poden ir ó Mar!

     Image

     Camarinas.eu móstrase hoxe exhultante ca vaga de noticias boas que se están a suceder hoxe. Primeiro contábamosvos o nacemento de María, a filla de Jorge e Vanessa, e agora chéganos a noticia de parte da familia Lin que xa teñen as licencias de pesca dos seus dous barcos para poder seguir traballando. Todo pesadelo chega a seu fin e este non podía ter outro final. Desde camarinas.eu queremos dar a noraboa a esta querida familia e non podemos estar máis contentos por eles. Tantos meses de sufrimento... desde aqui acordámonos especialmente do primeiro día do pesadelo, cando ninguén se atreveu a publicar nada (e menos defender) e camarinas.eu xa estaba apoiando á familia Lin e aos detidos e esixindo a súa posta en liberdade. Despois viñeron os ataques á familia Lin desde a prensa autonómica acusándoos de "terroristas do mar" e camarinas.eu estivo ahí para defender á nosa xente. Nos meses interminables de cárcel camarinas.eu recordaba casi todos os días a Manuel, Carlos e Felipe e mostraba o seu rechazo a esta inxusta medida.

    Naqueles interminables días camarinas.eu xunto cos seus usuarios eran os únicos  que defendían públicamente unha causa que nos víamos xusta e incluso algún "bo camariñán" nos chamou tolos. Nos dámoslle a razón: estábamos tolos por defender dunha inxusta e esaxerada medida aos nosos paisanos e amigos e non tíñamos medo. As nosas familias non nos enseñaron a acatar as inxusticias e meter o rabo entre as pernas, senón a loitar polo que crees e eso foi o que fixemos. Si eso é estar tolo nos dicimos que sí, somos os máis tolos. Despois si un día foi o máis feliz en moito tempo para o pobo de Camariñas ese foi cando os presos foron liberados e eran recibidos, mediante un chamamento desta web, por todo o pobo de Camariñas. Non hai dúbida que ese foi o momento máis emotivo que vivío o noso pobo dende hai moitos anos, eu diría que nunca hubo un día como ese en Camariñas, por eso queremos facer unha homenaxe á familia Lin recordando algunha imaxe dese día. Un día que nos quedará grabada na memoria polo resto das nosas vidas. Pulsa na foto para ver un emotivo recordo do día da liberación de Manuel, Carlos e Felipe.

    ¡¡Norabóa e a traballar!! 

     
    Forte varapalo do TSXG á Conselleira de Pesca
    (66 votos)

    O TSXG devolve as licencias de pesca á Familia Lin

    Esta imaxe, tan anhelada, volverá a verse no día da Nosa Festa do Carmen
    Esta imaxe, tan anhelada, volverá a verse no día da Nosa Festa do Carmen

    Tal e como recolle hoxe o diario La Voz de Galicia, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), órgano que culmina a organización do poder xudicial na Comunidade Autónoma Galega, resolvío deixar sen efecto a suspensión das licencias de pesca dos barcos da Familia Campaña Carril "Lago Dos" e "Manuel de Lin", o cal sen dúbidas supoñe un forte varapalo á decisión adoptada no seu día por Carmen Gallego, Conselleira de Pesca. O Tribunal entende no seu auto que a suspensión das licencias vulneraba o dereito á presunción de inocencia dos irmáns Campaña Carril, dado que no caso de que estes foran absoltos causaríaselles un perxuizo irreparable.

    Ante esta decisión xudicial que causa unha enorme alegría no seno da redacción de camarinas.eu, a Consellería de Pesca dispón de 5 días para apelar mediante recurso de súplica. En calquer caso, esperemos que todo siga saíndo ben, conforme o que é xusto e legal, e en pouco tempo poidamos ver a estela do Lago Dos e e do Manuel de Lin, pilotados ambos polos seus dous expertos patróns, saíndo pola boca do porto de Camariñas cara o lugar de onde nunca deberon saír: o mar.

     
    Oda de Bufardo adicada á Familia Lin
    (63 votos)

    ¡Feliz cumpreanos Felipe!

    ¡¡Feliz Cumpreanos Felipe e oxalá volvas a ver esta imaxe no día do Carme!!
    ¡¡Feliz Cumpreanos Felipe e oxalá volvas a ver esta imaxe no Día do Carme!!

    No día do cumpreanos do querido amigo e fiel usuario de camarinas.eu Felipe Campaña Carril decidín repescar do noso libro de familia unha das mellores composicións que se escribiron no mesmo, e ésta non podía ser de outro que do noso xenial Bufardo o cal dedícalle á Familia Lin o seguinte relato:

    LA LICENCIA DE PESCA EN EL CORREDOR DE LA MUERTE:

    Yo soy una licencia como otras muchas. Nací en un mes cualquiera de un año que poco importa. Mi alumbramiento tuvo lugar en un despacho, y tras ser plastificada pasé a ser compañera inseparable de un barco y su patrón.
    Mi vida ha transcurrido entre golpes de mar, ese mar tenebroso que vigila el Vilán. Pero el golpe más duro lo sufrí hace unos meses, cuando fui arrebatada de las manos de mi amo. Esas manos grandes, llenas de honradez e ilusiones.
    Ahora vivo olvidada en el cajón de un despacho y me acarician otras manos. Unas manos que ya no huelen a sardina o jurel, que ya no saben a mar y a sal. Estas son las manos de una mujer, rociadas por un caro perfume de Coco Chanel comprado en las rebajas de enero del Corte Inglés, o fruto del regalo de algún admirador secreto.
    Comparto mi cajón con otras licencias, expedientes de denuncias y multitud de leyes y papeles de los que no entiendo su significado, al igual que tampoco entiendo qué hago aquí encerrada, ni el cómo ni el porqué de mi situación.
    He oído por los pasillos que soy una especie de trofeo, como una cabeza disecada de un animal traído de un safari africano. Y hasta he escuchado en alguna ocasión que nunca volvería a mi casa, e incluso que me llegarán a sacrificar como se sacrifica a un inocente cordero.
    Con mi muerte no conseguirán nada. Sólo hambre y desolación, pues de mi vida depende también el pan de cada día de muchos hombres, mujeres y niños.
    Se me endulzan los ojos cuando pienso en mi barco, convertido en un navío sin nombre, sin patria y sin bandera, fondeado en el puerto del olvido…
    Sigo aletargada dentro del oscuro cajón anhelando volver con todos vosotros.
    Sra. Conselleira, cual frase del Nazareno antes de su injusta muerte, le digo: “En sus manos encomiendo mi espíritu”.

    Fdo. Bufardo.

     
    Manifestación en apoio aos mariñeiros de Camariñas
    (119 votos)

    Camariñas, chea de rabia, non puido conter as bágoas.

    Nin a chuvia puido parar a rabia do pobo camariñán manifestada hoxe polas rúas da nosa vila
    Nin a chuvia puido parar a rabia do pobo camariñán manifestada hoxe polas rúas da nosa vila

    Os camariñáns saíron a rúa para apoiar aos nosos mariñeiros nun día de chuvia, gris, triste e melancólico... pero ahí estuvo todo o pobo de Camariñas. Arredor de 1000 persoas encamiñaron o recorrido que vai desde o Concello ata a lonxa vella. Alí, cando Manuel de Lin colleu o micrófono, a xente non pudo conter as bágoas. O manifesto leído ao final da manifestación pedíu expresamente á Consellería de Pesca a devolución das licenzas a os barcos implicados polo menos ata que se celebre o xuizo. Máis de vinte familias do noso pobo dependen desta decisión. Pulsa na foto para ver a reportaxe completa.

     
    Entrevista a Felipe, Carlos e Manuel Campaña Carril
    (67 votos)

    "Se non estiveramos os tres xuntos no cárcere non sabemos o que sería de nós..."

    Chega a entrevista dos irmáns Campaña Carril da man de camarinas.eu
    Chega a entrevista dos irmáns Campaña Carril da man de camarinas.eu

    Chega a entrevista definitiva. A entrevista que esperaba todo o pobo de Camariñas. A entrevista de verdade, na que os tres irmáns Campaña Carril relatan ao reporteiro de camarinas.eu Diego Alonso Freire como sobreviviron ao pesadelo de Teixeiro e que sentiron cando viron o recibimento que tódolos camariñáns lles tiñan preparado o Xoves 15 de novembro. Un día que nunca esquecerá a familia Lin, un día que nunca esquecerá Camariñas. Esta foi a entrevista que tivo lugar na casa dunha familia de novo unida.

     
    Os tres irmans Felipe, Carlos e Manuel estan con nos
    (42 votos)

    A FELICIDADE DE TODO UN POBO. ACABOU O PESADELO

    Na porta do San Remo tiveron que saudar á multitude enfervorizada
    Na porta do San Remo tiveron que saudar á multitude enfervorizada

    Unha muchedumbre como non se veu nunca en Camariñas botouse á calle esta tarde noite para recibir aos nosos tres veciños encarceados fai xa dous meses Felipe, Carlos e Manuel. O chamamento feito por camarinas.eu desbordou tódalas previsións e o caos producido por tal avalancha de camariñáns, que ledos e alegres, tomaron as rúas da nosa vila, veuse agravado pola ausencia de Protección Civil, os cales xa estaban avisados do que ía acontecer. Pero nun día como hoxe perdóase todo e a alegría que inunda os corazóns de tódolos camariñáns fai que pasemos por alto este asunto menor. Pulsa na foto para ver a reportaxe especial sobre a ledicia de todo un pobo.

     
    Os irmans Lin, Felipe, Carlos e Manuel posiblemente sairán da cadea hoxe
    (18 votos)

    A Conselleria de Pesca dinos que os irmáns Lin sairán hoxe da prisión de Teixeiro.

    camarinas.eu desprazouse hoxe ata Muxía para falar persoalmente coa conselleira
    camarinas.eu desprazouse hoxe ata Muxía para falar persoalmente coa conselleira

     Hoxe a unidade móvil de camarinas.eu desprazouse a Muxía especialmente para poder falar coa Conselleira de Pesca, a socialista Carmen Gallego, a cal nos dou moi fundadas esperanzas de que posiblemente no día de hoxe os nosos queridos veciños que están no cárcere Manuel, Felipe e Carlos poidan ser liberados e trasladados ás súas casas coas súas familias. Pulsa na foto.

     
    De novo a Familia Lin
    (17 votos)

    Retíranlle provisionalmente as licenzas de pesca dos barcos da Familia Lin

    A inxusticia continúa: as licencias dos barcos da Familia Lin retiradas
    A inxusticia continúa: as licencias dos barcos da Familia Lin retiradas

    Na madrugada de onte axentes da Gardia Civil precintaron os barcos da familia Lin de Camariñas. A Consellería de Pesca retiroulles provisionalmente a licencia de pesca co que os barcos non poderán volver a faenar de momento. Os mariñeiros quedarán na casa e os tres irmáns, humildes traballadores, na cadea. Seguiremos informando sobre o caso coma sempre o fixemos pero, como pide a familia, con prudencia.

     
    Toda Camarinas esta con vos
    (28 votos)

    O xuíz nega a fianza e os nosos veciños Manuel, Carlos e Felipe seguirán en prisión.

    Os tres irmáns Felipe, José Manuel e Carlos seguirán na cadea.
    Os tres irmáns Felipe, José Manuel e Carlos seguirán na cadea.

    Non temos palabras para describir o que sentimos. Esta mañá soubemos polos medios de comunicación que o xuíz de instrucción número 2 de Corcubión non cambiara de parecer e, a pesar das firmas dos veciños, das asociacións e institucións que se involucraron, os nosos tres IRMÁNS sigan na cadea. De todos modos hai que decir tamén que o avogado dos tres detidos presentou xa o recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña

    Polo menos, unha cousa que sí se conseguíu foi que os periódicos falen de presuntos delitos e o término "terroristas do mar" que tanto lles gustaba non o volveran a utilizar. Desde aquí damos un abrazo a toda a familia e que conten con nos para o que faga falta. Siempre estaremos con eles.


    A Familia Lin necesita os vosos ÁNIMOS! Dádellos dentro desta noticia, todos os usuarios tendes que firmar para apoiar á Familia Lin nestes momentos tan duros que está pasar.

     
    Felipe, Carlos e Manuel: Esperamosvos
    (18 votos)

    Camarinas.eu: dende o pricipio deste pesadelo apoiando á Familia Lin. 

    Ánimo que xa falta pouco
    Ánimo que xa falta pouco

     A comunidade de Camarinas.eu xunto cos seus máis de 200 usuarios rexistrados sempre estivo apoiando aos nosos veciños detidos no fatídico Mércores 19 de Setembro de 2007. A familia de Lin, atravesa unha das etapas máis duras e dificiles da súa vida con tres dos seus integrantes na cadea, os tres irmáns Felipe, Carlos e Manuel. Un pesadelo que dura xa 21 días. Uns pais, uns fillos, unhas mulleres, uns amigos... todo un pobo leva chorando 21 días por Felipe, Carlos e Manuel. Quixemos facer unha recopilación de todas as novas que fomos publicando e de todos os recortes de periódico que quixemos denunciar por falta de rigor. Para ver esta sección especial PULSA AQUÍ

     
    Marcial Mouzo firma no taboleiro da libertade
    (24 votos)
    O locutor Marcial Mouzo firmou o domingo no taboleiro da solidariedade do Bar Gaviota
    O locutor Marcial Mouzo firmou o domingo no taboleiro da solidariedade do Bar Gaviota
    Este domingo 30 de Setembro esa entente mediática que se está a formar entre Marcial Mouzo e camarinas.eu xa deixaron antes que nadie constancia da súa solidariedade con Manuel, Carlos e Felipe, os nosos tres mariñeiros membros da familia Lin que seguen na cadea e claman pola súa liberdade. Marcial Mouzo, ese gran locutor radiofónico Camariñán quixo facer público o seu apoio firmando no taboleiro que está exposto no Bar Gaviota de Camariñas, ese bar de arrecendo mariñeiro que posúe unhas das mellores tapas do noso pobo e ao que tanto eles solían ir a xogar ao truco despois das duras singladuras mariñeiras que Carlos e Manuel tiñan que pasar para poder levar un cacho de pan ás súas queridas familias. O domingo Marcial xa firmara. camarinas.eu tamén. Inspirábanos as sabias e fermosas palabras dese gran poeta Camariñán da dor que é Bufardo, as cales, nun xesto de gran humanidade colgaron os donos do bar Gaviota (Sesé e Marcos) ao lado dereito do taboleiro. O papel estaba plastificado sen dúbida para que as bagoas dos Camariñáns non malbaraten a poesía do mellor dos nosos bardos.
     
    Os barcos da Familia Lin volve a faenar
    (22 votos)

    O barco da familia Lin chamado Lago 2 pesca 90 caixas de sardiña.

    O Barco Lago Dos volve a faenar polas augas da Costa da Morte
    O Barco Lago Dos volve a faenar polas augas da Costa da Morte

    A familia fai unha chamada á calma e a tranquilidade, calquer signo de violencia ou insulto pode causar un dano completamente irreparable aos nosos tres queridos veciños. En todo caso hai que ter confianza nunha pronta e rápida solución que nos encha de ledicia a todos e Camariñas ten que dar a todo o mundo unha imaxe de pobo civilizado e prudente.

     
    Novo xuizo paralelo
    (20 votos)

    A Voz de Galicia segue a meter máis leña no incendio que eles mesmos prenderon.

    Por outro lado o xornal "El Correo Gallego" xa dictou sentencia antes de que o faga o xuíz instructor do caso calificando de terroristas aos detidos. Ademáis, por se fora pouco, os Presidentes de algunhas Confrarías de Pescadores veciñas están a disputarse no Correo Galego quen foi o primeiro que denunciou a "caza e captura" dos barcos Camariñáns. En fin, como podédes ver, un espectáculo realmente lamentable.

    Artigo de Sofía Vázquez no diario coruñés La Voz de Galicia
    Artigo de Sofía Vázquez

    Nun patético e impresentable artigo firmado por unha tal Sofía Vázquez volvíase a exercer de xuíz, xurado e verdugo dictando sentencia cando nen se quera se cerraron as dilixencias do sumario que encausa a tres humildes traballadores Camariñáns. ¿Que se pode esperar dunha articulista que non sabe nen o que escribe? xa que foron 3 os varóns detidos non 4, Sofía, bonita. ¿Había que escribir un artigo rápido sobre calquer cousa para non perder o soldo da semana? ¿Por iso escribes un artigo lamentablemente redactado con unha gramática deplorable a base de tópicos e lugares comúns sobre o mar? Nótase que non sabes o que é un porto de mar Sofía, filla. ¿Como se lle pode dar crédito a este periódico cando os seus articulistas cometen tales errores?

    Podíades esperar como mínimo a que o xuiz, o único con xurisdicción e autoridade necesarias para impartir xustiza mediante unha sentencia axustada a dereito (a dereito Sofía, non a artigos periodísticos cativos) dicte a sentencia. Pero non, tendes moita prisa por cubrir a cuota de noticias desta semana a conta de calquera. Esta semana tocoulle aos barcos Camariñáns e para a semana que ven tocaralle a calqueira outra víctima. Tal vez a un sacrificado gandeiro da Serra do Courel que esceda o cupo de leite, tal vez a un pequeno e traballador albanel que non cumpla as medidas de seguridade, calquera. Bueno, calquera non, ¡¡aos peixes gordos nin tocalos!! non vaia a ser que nos quiten a subvención.

    Sofía, a próxima vez escribe cun pouco de rigor e infórmate millor oh!, respeta un pouco a nosa intelixencia. A fin de contas, aos vosos ollos non somos máis que uns pobres paletos pero iso non significa que sexamos uns parvos que só sirvan para xustificar as millonarias subvencións que vos da a Xunta de Galicia (345.000 €, Sofía, estes cartos son para pagar os teus artigos tan ben informados). O día que camarinas.eu reciba só 345€ da Xunta ese día terás dereito a criticarnos. Camarinas.eu, Sofía, non ten publicidade e non recibe un peso de ninguén. Nós sólo estamos movidos por principios, por aquelo no que creemos e por iso opinamos que meter no cárcere a estes tres homes (eran tres Sofía e seguen sendo tres) sería un golpe mortal para este pobo. Un pobo no que tí nunca vivirás porque nunca che importou.

    Outra cousa Sofía, Marisol Soneira fixo e fai máis pola Costa da Morte do que nunca farás ti cos teus erróneos artigos en La Voz de Galicia. Un respeto por favor.

    Como conclusión a todo este tema dos "Terroristas do Mar" además de demostrar o lamentable nivel dos articulistas da Voz de Galicia e outros xornais poñe de manifesto a necesidade de que contemos na Costa da Morte cun auténtico periódico da nosa zona formado, equipado e financiado por xente desta franxa atlántica que defenda os intereses reais da zona e non nos vexa coma unha periferia exótica que só sirva para encher de dividendos os bolsillos dos accionistas de periódicos como La Voz de Galicia.

     
    Juanillo coa sua xente
    (32 votos)

    "Juanillo sí moviliza ao seu Cartagena"

    Image

    No partido que xogou onte o equipo levantino no seu estadio Cartagonova de Caratagena víuse unha imaxe moi especial: Juan Cabrejo, xogador do Cartaxena e Camariñán por todos nos coñecido volcouse coa súa xente. Como debe de ser.

    Toda a plantilla do equipo do Cartagena levou a mesma camiseta que levaba Juanillo nun partido que foi televisado pola Televisión Autonómica de Murcia, polo que o puideron ver centos de miles de persoas. Ademáis no campo había 10000 persoas que aplaudiron o xesto. Os medios de comunicación Murcianos fixeron preguntas a Juanillo para saber algo máis do tema. En fin, Gracias Juanillo polo apoio incondicional á familia Lin. Cousas como estas non se ven moito, nen sequera en Camariñas.

    Pola nosa parte nos tamén nos unimos no berro do Cartagena e de Juanillo: 

    LIBERDADE PARA CARLOS, FELIPE E MANUEL 

    Gracias a Juanillo por enviarnos esta foto, sabías que camarinas.eu non lle fallaría a unha familia mariñeira de Camariñas: a Familia de Lin

     
    NOTA DE PRENSA DE CAMARINAS.EU
    (37 votos)

    Imaxes do artigo publicado en La Voz de Galicia este sábado 22 de setembro de 2007
    Imaxes do artigo publicado en La Voz de Galicia este sábado 22 de setembro de 2007

    Hoxe vintadous de setembro nas páxinas dun coñecido diario coruñés de ámbito autonómico citáronse extractos literais de camarinas.eu baixo a frase "una página web de la villa". A redacción de camarinas.eu non pode mostrarse máis decepcionada ante a falta de rigor, a carencia de profesionalidade e o desprezo que se desprenden da lamentable información do poderoso diario coruñés. Por moi mastodónticos que sexan, por moitos apoios políticos de que disfruten ou por moitas subvencións financiadas con cartos públicos que reciban, como mínimo nós entendemos que deberían cita-lo nome do diario do que se nutren, por moi pequeno, humilde e pueblerino que este sexa.

    En camarinas.eu, a diferencia dos señoritos da gran capital, sí nos importa a sorte que poidan correr tres veciños de Camariñas. Entendemos que deixar sin sustento a 30 ou 40 familias sería un golpe mortal para un concello xa de por sí deprimido e en permanente crise económica. A forma de cubrir a noticia que tivo o diario coruñés, ese mesmo que permanentemente di que tanto lle importa Galicia, tivo un efecto nefasto na sorte que poidan correr os nosos veciños, envenenando a opinión pública galega contra tres humildes mariñeiros camariñáns: nin sequera Josu Ternera ou Arnaldo Otegui entraron exposados á prisión.

    En fin, é moi fácil desprezar e afundir ao pequeno, ao humilde, mentras ao poderoso hai que deixalo tranquilo, non vaia ser que nos corte a subvención. Señoras e señores, camariñáns todos, este é o lamentable estado do periodismo a si mesmo chamado profesional a principios do século XXI. Pulsa en "ler máis" para ver unhas imaxes adicadas aos detidos e aos seus familiares. 

     
    Comunicado da Familia Lin de Camarinas
    (27 votos)

    A familia Lin de Camariñas quere comunicar aos camariñáns o agradecemento polo seu apoio. Esta é a nota que nos deron para todos vos:

    Retrato de algúns integrantes dunha familia destrozada: a Familia Lin
    Retrato de algúns integrantes dunha familia destrozada: a Familia Lin

    "Énchenos de ledicia, e ao mesmo tempo, non podemos conter as bágoas ao ver esta páxina web. Gracias a todos os Camariñáns que nos apoian nesta páxina porque sabemos que nos queren, e gracias tamén a todos os que  non o fan porque están ahí.

    Unha aperta de Corazón"

    Familia Campaña Carril

    *Por favor, se escribides algo que sexa só para darlles ánimos a familia Campaña Carril. Non é bo que se fagan polémicas tal como está a situación para esta familia, que ten que ser a nosa familia. Un saúdo. 

    *Comentario de un camariñán chamado "Bufardo" sobre o drama da Familia Lin, vale a pena leéla. Un millón de gracias Bufardo PINCHA AQUÍ PARA LER A CARTA  

     
    En Camariñas queremos volver a ver este barco XA!!
    (40 votos)

    ¿Por qué están presos os nosos veciños?...¿Por qué?

    Esta imaxe non pode desaparecer. Toda Camariñas ten que estar cos fillos de Lin.
    Esta imaxe non pode desaparecer. Toda Camariñas ten que estar cos fillos de Lin.

    En Camariñas estase a saber realmente por qué os nosos veciños están na cadea. A xente sabe por qué: "Hai unhas denuncias de Portosín, que son os que teñen o poder político, para encadear e poñer baixo chave a armadores de Camariñas...", estas son as palabras que máis se repiten en Camariñas a día de hoxe.

    Xente traballadora, mariñeira e de Camariñas están na cadea como se fosen terroristas, ou peor que terroristas, porque os etarras están ceibos e tranquilamente paseando polas calles, pero Carlos, Manuel, Felipe e Chaveli están baixo reixas. ¿Qué máis nos cabe esperar? Nós, desde camarinas.eu creemos que temos que facer algo polos nosos veciños e amigos. Non vemos a esta xente como terroristas e asasinos, que é o que nos queren facer ver. Nos vémolos como camariñáns que están a sufrir unha inxustiza.

    Por iso queremos darlles todo o noso apoio, ¡¡TODO!!, para que os nosos veciños saian do cárcere onde non merecen estar. E estaremos dispostos a facer o que sexa necesario para conseguilo. NON QUEREMOS QUEDAR CALADOS: ¿A quen matou esta xente? ¿Son terroristas? ¿Son asasinos? ¿Qué foi o que pasou para que un batallón de guardias civiles, cans policía, xuices, etc, etc... foran a por eles? ¿A quen mataron os fillos de Lin?

    Se nos temos que movilizar para facer xustiza, farémolo. Deso poden estar seguros.

    Carlos, Manuel, Felipe e Chaveli estamos con vós a morte!! E aínda que non poidades falar libres sabede que nós si estamos aquí para falar por vós!! Nunca estaredes sós!!

    Se tendes algo que dicir ou aportar para que todo o mundo sepa o que en realidade son os fillos de Lin, aquí tendes un lugar para apoialos. Que non che enganen os medios. Ten que falar a xente de Camariñas, olvidarse da situación que se creou e tratar todos xuntos de traer a Carlos, Manuel, Felipe e Chaveli á súa casa coa súa familia. Iso é o único que importa agora.

     
    Rexistro da Garda Civil na casa dun armador de Camariñas
    (16 votos)

    Escudo da Garda Civil
    Escudo da Garda Civil
    As autoridades rexistraron as casas e propiedades  dun armador camariñán. Axentes especiais da Garda Civil, xuíces, cans adestrados na busca de explosivos... 

    Segundo fontes sen confirmar os axentes do orden estarían buscando dinamita. Os gardas civiles estaban equipados con diversos aparellos para buscar explosivos e ademáis ían con cans policía expertos na loita antiterrorista adestrados para atopar explosivos. Despois desta noticia e da dos "Jallejos" parecenos que ser armador en Camariñas é peor que se foras un etarra.

    Desde esta web queremos dar ánimos a toda a familia dos detidos e esperamos que todo se resolva canto antes. Ánimo.

     

     

    Nosos Patrocinadores

    Notas de prensa

    (06/03) Previa Porriño vs. Encaixe-Camariñas

    Nota de prensa que nos envían dende o Club de Balonmán Feminino Encaixe-Camariñas e na que se nos desgrana polo miúdo o próximo partido que enfrontará as nosa...
    Ler todo ...

    (02/03) Nota para os traballadores da construccion

    O próximo 31 de decembro de 2011 os traballadores e traballadoras do sector da construción para desenvolver o seu traballo deberán estar en posesión da Tarxeta profesio...
    Ler todo ...

    (02/03) Concurso de Baile Tradicional Galego na Ponte do Porto

    O vindeiro 11 de marzo remata o prazo para inscribirse no "II Concurso de Baile Tradicional Galego Feira da Ponte do Porto" ...
    Ler todo ...

    (22/02) Rasoeiro 32 - 19 Encaixe-Camarinas

    Nota de prensa enviada dende a dirección do CB Encaixe-Camariñas na que se nos informa sobre a derrota sofrida polo equipo camariñán este fin de semana polo equipo de O Gro...
    Ler todo ...

    (20/02) Presentacion do equipo de regatas do Club Nautico de Camariñas

     Nota de prensa remitida dende o CNC que nos conta como este sábado as 12:30 presentarase o seu equipo de regatas. ...
    Ler todo ...