Escrito por Redacción Camarinas.eu    Martes, 04 de Mayo de 2010 22:08   
Trotamundos.eu: Republica Dominicana
Continentes Americanos

Unha das leyendas vivas de Camarinas.eu, O Soco, brinda con todos vos pola República Dominicana
Unha das leyendas vivas de Camarinas.eu, O Soco, brinda con todos vos pola República Dominicana

República Domincana, o paraíso na terra

A República Dominicana, orixe da conquista e colonización do continente americano pola Corona española, sede da primeira cidade fundada en América por europeos, o país que sufrío dende unha salvaxe invasión de escravos haitianos ata unha dictadura cruel e sanguinaria a mans de Rafael Leónidas Trujillo durante máis de trinta anos, a terra capaz de dar ao mundo licores da calidade e cotización de Ron Brugal ou Ron Barceló, a illa mestiza e tropical das mulleres fermosas e das praias de ensono... Un dos grandes mitos vivientes de camarinas.eu, Luis "O Soco", volve ás nosas páxinas cunha impresionante reportaxe que recolle a cara e a cruz da realidade dunha nación paradisíaca pero empobrecida: o resultado de dúas semanas nun dos máis luxosos hoteis resort do Caribe e de tres meses convivindo co pobo humilde dominicano nun populoso barrio de Santo Domingo, capital da República. Como aínda quedan paraísos na terra e estos non podían permanecer alleos aos encantos dun camariñán, a sección de camarinas.eu que reflexa  a nosa pegada polo mundo publica unha reportaxe adicada á perla do Caribe: a República Dominicana. Por "O Soco".


República Dominicana, por “O Soco”

Areas finas e blancas, palmeras, augas de color turquesa, mulleres despampanantes,…… esto é o que nos vende a televisión sobre a Republica Dominicana.. pero ¿é certo? Pois si, diría que aínda se quedan cortos: as praias son das máis bonitas que vin, o clima é increíble (uns 35 grados durante todo ano), os hoteles ou resorts son de auténtico lujo...
O ano pasado fun 2 semanas de vacacións e foron inolvidables. Ahora si, para vivir todo esto tes que ir ás zonas turísticas como son Punta Cana, Puerto Plata, Samaná, La Romana, Bocachica ou Juan Dolio. Sen embargo, a min picoume a curiosidade e quixen saber como se vivía fóra de estas zonas turísticas, así que este ano decidín volver e pasar 3 meses vivindo nun dos barrios da capital Santo Domingo e a historia xa cambiou un pouco...
O primeiro que impacta son os coches que andan polas estradas: o 70% deles non pasaría a ITV española nin de broma, os autobuses ou guaguas como se di alí, son vellos medios destartalados e con moita máis xente a bordo da que permite a capacidade que ten a guagua.
O seguinte do que te das conta é do entramado de cableado da luz (nalgunhas zonas nin os técnicos da N.A.S.A serían capaces de desenredar semellante tela de araña) ¿Cal é razón desta realidade? Fácil, alí casi nadie paga a luz, simplemente engánchanse ao cableado público e listo.
Pero, ¿por qué fan esto? Pois simplemente por que as plantas eléctricas dan luz entre 8 e 10 horas ao día e non continuas… e ¿por qué non dan máis luz? Pois por que os cidadáns non pagan, así que se estamos ante un círculo vicioso que non ten remedio.
Non obstante para os nostálxicos dos tempos de antes como son eu, é unha delicia ver todo esto. os apagóns de luz, a auga dos depósitos caendo polas rúas, a xente a berros polas calles chamando aos seus fillos para que vaian cenar, etc...

En definitiva, estamos ante un país que merece moito a pena ir visitar, solo unhas recomendacións:
1 - Ir a unha zona turística.
2 - Si queres salir do hotel vai acompañado de alguén de moita confianza.
3 - As xoias deixalas en España.
4 - Tratar de evitar ocontacto ca policía.
5 - E por último, adaptarse ás súas costumbres e non pretender que eles se adapten a ti.
Si siguen estas recomendacións pasaredes as vacacións da vosa vida 100% garantizado.

Espero que vos gusten as fotos, as do barrio teñen un especial encanto para min.

Hotel Resort La Romana


Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image

A Realidade do Pobo


Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image 

Video



Comentarios:

Comentarios  

+2 RE: Trotamundos.eu: Republica Dominicanamantida 04-05-2010 23:30 #

Soco, xa che vin o outro dia e estas coma de costumbre, as fotos son muy bonitas, non sen como viñestes paqui tanta caloriña como hay ala e que ajuaiñas tan clariñas e calmiñas, xa marchaba pahi ahora.Tes rason que hay muita diferensia nas fotos, o pueblo esta un pouco destartalado ijual cos coches, bueno ahora que che temos por aqui haber si entras mas.E do que me dixestes o outro dia, espero que todo che salja ben.

Responder | Responder con una citación | Citar
+2 RE: Trotamundos.eu: Republica Dominicanarubiasexy 04-05-2010 23:52 #

muy bonitas fotos si señor mima que medo no vidio sefa

Responder | Responder con una citación | Citar
+1 RE: Trotamundos.eu: Republica Dominicanazhúkov 04-05-2010 23:55 #

Bueno, bueno, Luis, buffff pero que vidorrooooo...!!!!

Responder | Responder con una citación | Citar
+2 RE: Trotamundos.eu: Republica Dominicanalucia018 05-05-2010 01:11 #

Que bonitas todas as fotos....
Digo eu como viñestes pa ki luis tan ben como se debia estar hai...Un saludo

Responder | Responder con una citación | Citar
+2 RE: Trotamundos.eu: Republica Dominicanavechalula 05-05-2010 14:00 #

non e a primeira ves que cho dijo pero reafirmome ¡DE JRANDE QUER SER COMA TI!jejejejeje.

Responder | Responder con una citación | Citar
+2 RE: Trotamundos.eu: Republica Dominicanamonikiña 05-05-2010 15:14 #

arraaaaaaaaaaaa asaaaaaaaaaaaaa s socoo jajajaja eres o máximo e o carayo!:))

Responder | Responder con una citación | Citar
+2 RE: Trotamundos.eu: Republica DominicanaJuan Camariñan 05-05-2010 20:22 #

Manda carallo ,, de colillero a giri de resorts, ay que joderse, e prejuntasme como fajo pa vivir tan ben ...como fas ti cabron????jejeejej
Justame mais ver as fotos do pueblo que as do hotel, son mais nosas, mais de Camariñans polo mundo.

Responder | Responder con una citación | Citar
+1 RE: Trotamundos.eu: Republica DominicanaMikel 05-05-2010 21:58 #

si señor...estupendas fotos e dúas caras dunha misma moneda....Noraboa e gracias por amosar aqui os q nunca vimos ese terreno chamado a ser paraiso...saludos SOCO

Responder | Responder con una citación | Citar

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar

Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría: