Escrito por Redacción Camarinas.eu    Viernes, 02 de Septiembre de 2011 08:17   
JM Souto: World Trade Center
Continentes Americanos
José Manuel Souto posa diante das obras do World Trade CenterContan que o século XX realmente comenzou o 24 de xuño de 1914, data na que un terrorista serbio asesinaba en Saraxevo ao herdeiro do trono Austro-húngaro, o Arquiduque Francisco Fernando, e a súa esposa. Este simple feito determinaría o inicio de todas e cada unha das calamidades consecutivas que asolaron o que quedaba de sanguenta centuria. Do mesmo xeito probablemente o século XXI comenzou preto das 9 da mañá (3 da tarde aquí en España) do 11 de setembro de 2001 en pleno centro financierio de New York nun día que ninguén esquencerá mentras viva. Comenzou a esa mesma hora na que o primeiro dos avións suicidas impactaba limpamente contra unha das Torres Xemelgas levándose por diante a tantos e tantos inocentes, quebrando a seguridade en si mesma dunha nación e presentando dunha forma brutal unha nova ameaza duradeira sobre o mundo occidental: o Choque de civilizacións que pronosticara acertadamente Samuel P. Hungtinton xa estaba aquí. Agora que están a piques de cumprirse dez anos de triste aniversario da máis triste catástrofe dos nosos tempos, un corazón newyorkino, o do porteño José Manuel Souto Bello, rinde emocionada visita ao World Trade Center, volcando toda a súa dor nunha reportaxe que pasará a historia de camarinas.eu.

O Décimo Aniversario do 11 de Septembro do 2001

Acércase o décimo aniversario daquel día tan triste e fatal. Un día na que o mundo cambiou completamente. Porque despois de aquel desgraciado 11 de septembro, as cousas xa non volveron a ser as mesmas en ningún lugar.
Ao longo destes case dous lustros pasados, tuvemos os newyorkinos un furado enorme nun curruncho dunhas das illas máis pobladas e famosas do planeta. Pero peor era o furado que levábamos na alma. Un oco profundo clavado no máis íntimo do ser de todos os que con impotencia e incredulidade vivimos aqueles fatidicos momentos así como os días e meses posteriores da máis terrible, insensata e planificada calamidade do noso tempo.
Agora, despois de tantos anos de dor xorda, por fin se pode empezar a constatar un pouco de adianto nas construcións dos novos rañaceos que virán a reemplazar as incomparables Twin Towers do World Trade Center.
Durante esta longa noite de escombros, cinzas e morte, tan só puidemos vislumbrar a nada: unha cicatriz xigante aberta no corazón da terra. Para maior calamidade unha sospeita, un rumor, unha sombra percorría a cidade: que si os políticos, os constructores, as axencias federais, estatais ou as autoridades portuarias estaban envoltos en obscuros xogos de intereses. A incredulidade e frustración das boas xentes. Un oco na alma que se agrandaba por momentos. E así pasaba o tempo. Os que –con sorte- tíñamos que acudir ao traballo diario, aos que nos transportaba o tren arredor das mesmas entrañas de semellante barbaridade, víamos como os traballadores movían maquinaria pesada, hoxe de acá para alá, outro día de alá para acá… unha parediña levantábase un luns, o venres xa se derrumbaba. Agora, dun tempo a esta parte, por fin estase a traballar as 24 horas, sete días á semana con centos de operarios. Como se pode apreciar nas imaxes, xa se pode ver o logro de tanto traballo nos esqueletos dos rañaceos que se erguen e crecen como xigantes.
Como anécdota orgullosa para un español da diáspora, un dos nosos que é un “pouco” máis coñecido que este humilde servidor, ten algo que ver en toda esta contrucción que se esta materializando diante dos nosos ollos. Santiago Calatrava, arquitecto ilustre, de renome mundial, diseñou o que vai a ser a estación de tren permanente do novo e revitalizado World Trade Center.

Despois de dez anos de longa noite de escombros, cinzas e morte, o pesadelo parece, por fin, empezar a quedar atrás.

photo
photo2
photo3
photo4
photo5
photo6
photo7
photo8
photo9
photo10
photo11
photo12
photo13
photo14
photo15
photo16
photo17
photo18
photo19
photo20
photo21
photo23
photo24
photo25
photo26
photo27
photo28
photo29
photo30
photo31
photo32
photo33

Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Comentarios  

RE: JM Souto: World Trade CenterLorena Porto 02-09-2011 13:56 #

Boa reportaxe, primo :)

Responder | Responder con una citación | Citar
RE: JM Souto: World Trade CenterEmilia Vidal 02-09-2011 14:26 #

Un reportaje muy interesante y muy bien escrito. Con estas fotos parece que estamos alli mismo. Continuen el buen trabajo y muchas gracias.

Responder | Responder con una citación | Citar
RE: JM Souto: World Trade Centerzhúkov 02-09-2011 14:28 #

Bueno, efectivamente o Choque de Civilizacións frente o Fin da Historia. Hungtinton vs. Fukuyama. Recordo que aquel día andaba eu enfrascado na chapatoria do derradeiro dos exames da carreira (Dereito Internacional Privado) e eran tan poucas as gañas... a convocatoria de setembro mellor quedou para decembro e ahí si que se lle infrinxío a puntilla final a carreira, despois de anos de duras probas e sin suspender un só exame ao longo dos mesmos. Tamén recordo que despois de todo aquelo ese mesmo día o R. Madrid xogou contra a Roma no Estadio Olímpico previo minuto de silencio (non se suspenderan os partidos daquela xornada de Champions, feito que xeraría a súa boa polémica) e os brancos gañaran por 0 a 2, golazo de Guti incluido (o outro xa non o recordo: ¿Raúl? ¿Zidane?). Posteriormente no mes de maio e como xusto colofón a tempada o Madrid sin unha soa sospeita de atraco a mano armada alzaríase en Glasgow co seu noveno título continental.
Polo tanto, desta estrana forma, a xornada que determinou todo o que estaba por vir, o día que cambiaría o mundo e no que a pesares de toda a dor, a tristeza, a inxusticia cometidas algúns non desperdiciaron a oportunidade de mostrar a súa ruindade habitual (portada dun daquela famoso diario independiente de la mañana: "El mundo en vilo a la espera de las represalias de Bush"), pois ese mesmo día digo, por algunha estrana razón, constituío unha premonición das boas noticias que estaban por chegar nalgunha que outra vida persoal.

Responder | Responder con una citación | Citar
tipo interesantemiguelf 04-09-2011 10:11 #

Tiven a ocasión (a sorte) de falar persoalmente con Souto este verán e paracéume un tipo interesante, dos que non chegan quince minutos para estar con él, ten moito que contar, faría falta unha noite enteira. Terems que conformarnos con ler estas boas reportaxes.

Responder | Responder con una citación | Citar
RE: JM Souto: World Trade CenterE logo ti de quen es 04-09-2011 21:47 #

Excelente reportaje, gracias. Noraboa.

Responder | Responder con una citación | Citar
Instructora de YogaRosita Trillo 11-09-2011 12:28 #

Me gusta el apasionado comentario de Jose Manuel Soto acerca del triste ataque a las Torres Gemelas.
No hay mas palabras para describir el suceso y la motivacion con que los americanos luchan para transformar ese acontecimiento tan doloroso en algo que provoque compasion colectiva por todas las almas afectadas y futura generaciones

Responder | Responder con una citación | Citar

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar