Escrito por Redacción Camarinas.eu    Lunes, 02 de Mayo de 2011 19:15   
Morte de Bin Laden en NY
Continentes Americanos
As primeiras fotos do impacto da morte de Bin Laden en New York, en camarinas.euNas primeiras horas da noite deste luns 2 de maio de 2011, á boa nova que sempre supón lembrar o inicio hai 203 anos da loita heroica do pobo español contra o invasor gabacho, loita que seis anos despois culminou cunha victoria histórica e a conseguinte expulsión dos exércitos napoleónicos, sumábase outra: a da finalización dunha dura loita de dez anos contra o maior terrorista que vagaba impunemente polo planeta. Ao principio todo facía presaxiar que se trataba dun rumor máis, dun deses disques que de cando en vez aparecen nuns medios sempre ávidos por dar a exclusiva definitiva. Pero a aparición final do Presidente Obama, un home que polo que se ve nesta materia (e en tantas outras...) continuou a política do archiodiado George W. Bush, confirmando a noticia dotou a esta duns visos de credibilidade que versións anteriores non tiveran e unha explosión de felicidade e ledicia inundou as rúas de New York. Osama Bin Laden, por fin, estaba morto.

Desta vez sería un grupo de operacións especiais do exército USA o que abatía nun poblado do norte de Pakistán a unha desas persoaxes nefastas, malignas en si mesmas, que surxen de cando en vez dos infernos máis remotos (Lenin, Trotsky, Stalin, Hitler, Mao, Pol Pot...) para cas súas ideas entolecidas, cas súas accións fanatizadas, traer o mal, a desgracia, a morte, a ducias de miles de seres humanos. Cáseque dez anos despois do acontecido nas Torres Xemelgas todo parece indicar que os USA finalmente deron caza ao gran Mefistófeles do noso tempo, o cal para as persoas sensatas, de bo corazón, non deixa de ser unha gran noticia. A súa pegada de mal absoluto non se circunscribe tan só aos feitos criminais do 11-S e así e sin ánimos de ser exhaustivos, esta semana podíamos ler a persecución intransixente, constante, aniquiladora e de afáns xenocidas á que os islamistas someten á población cristiana copta de Exipto, oito millóns de seres humanos co medo constante como forma de vida. Antes foi Irak, o Líbano, Pakistán, Afganistán, Arxelia, Marrocos... Esa é a pegada que deixará na historia esta persoaxe demoníaca chamada Osama Bin Laden.

Alí, na Zona Cero, no epicentro do mundo civilizado, atopábase nas primeiras horas da mañán deste 2 de maio (horario USA) un redactor de camarinas.eu. Porteño de nacemento, galego de corazón, norteamericano de nacionalidade, un fío vector de emoción percorreu tódolos poros do seu corpo. Pero mellor que nolo conte el mesmo: "Hoxe é luns, casi pasei a noite sen dormir…como millóns de persoas, pola noticia da morte do terrorista número un…Cando salín do tren mesmo na Zona Cero, tivemos que ir arredor de centos e centos de parroquianos felices por esta noticia. Todo cheo de coches de televisión e dignatarios dando entrevistas. Xente con ramos de flores, bandeiras, soldados, turistas de tódolas partes do mundo…en fin, moi emocionante; e a pesar de que había que ir para a oficina, non nos importaba ter que tomar o noso tempo para poder salvar os obstáculos de tanta humanidade...". Bin Laden, por fin, estaba morto.

photo
photo2
photo3
photo4
photo5
photo6
photo7
photo8
photo9

 

Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Comentarios  

RE: Morte de Bin Laden en NYBeldoña 02-05-2011 20:30 #

A min, a morte do terrorista número un, Bin Laden, foi motivo dunha gran ledicia, pois, como xa teño contado noutra ocasión, nas Torres Xemelgas, traballou unha sobriña miña durante uns 15 anos.
Salvou a súa vida grazas a que o ano 2000, anterior o atentado, casou e marchou co seu marido pa o estado de Pensilvania. Os seus compañeros de traballo, uns 80, morreron aquel fatídico día do 11 S.
En fin, na casa temos algunhas fotos que fixemos, uns días antes da boda, na azotea donde había unha cafetería.
Alegrome, pois, que ese asesino pagara os seus crímenes tan horrendos que tiña feito.
Antonio Puertas

Responder | Responder con una citación | Citar
RE: Morte de Bin Laden en NYzhúkov 02-05-2011 20:35 #

Bueno, eso si que son medios e non os de camarinas.eu, jaja!!
Polo demais mataron á persoa pero quedan as súas ideas. Eso vai ser o malo.
Morrío Carlos Marx e 34 anos despois chegaron os asesinos de masas de Lenin, Trotsky, Dzherzhinski, Stalin, xunto ás súas lexións de chekistas de gatillo fácil e a hecatombe desplomouse sobre as terras que antigamente eran Rusia e posteriormente sobre o resto do mundo e as consecuencias da pegada demoníaca, infernal, iniciada en 1917 aínda a día de hoxe continúan.
Xa o decía o bo de Leonardo Di Caprio na última película de Cristopher Nolan: a arma máis letal que hai no mundo é unha idea ("Inception", 2010).
Pero bueno, atendendo ao caso particular, si é que é verdade, polo menos fíxose xustiza.

Responder | Responder con una citación | Citar
Excelente reportaje, graciasE logo ti de quen es 06-05-2011 20:40 #

Estimado José Manuel, excelente reportaje como siempre.

Personalmente considero una buena noticia la muerte del Bin Laden, terrorista, asesino fanático, responsable ideológico de los atentados del 11 de septiembre en New York, de los del 11 de marzo en Madrid, de los del 7 de junio en Londres y de otros muchos en el mundo árabe, es responsable de haber traído un espantoso dolor a miles de familias de todo el mundo y por ello considero su desaparición una buena noticia.

Sin embargo hubiera preferido que le hubieran juzgado como se hizo con los nazis en el proceso de Nüremberg, aunque no se me escapan los muchos inconvenientes de un juicio a semejante canalla.

Efectivamente las ideologías totalitarias nazismo, comunismo, fascismo y los fanatismos religiosos han sido y serán, lamentablemente , fuente de destrucción y dolor, pero es preciso a mi juicio señalar que sólo construyendo un mundo más justo, un mundo más igualitario, la humanidad será capaz de erradicar las causas que subyacen a todo fanatismo.

Lamentablemente en la consecución de ese objetivo nada aporta tampoco el fanatismo ultra-liberal que sitúa al mercado desregulado como el nuevo Dios, el Becerro de Oro. Desde luego, no seré yo, economista de profesión, el que niegue el protagonismo central del mercado en el desarrollo económico de occidente,sabem os que el mercado es insustituible como motor principal pero también “Sabemos perfectamente que la fe sin límites en los mercados desregulados mata” (Toni Judt).

Y en esas estamos, entre la codicia sin límites de unos pocos (Of the 1%, by the 1%, for the 1%, By Joseph E. Stiglitz, http://www.vanityfair.com/society/features/2011/05/top-one-percent-201105 ) y el fanatismo de muchos, por ello no creo, por desgracia, que la muerte de Bin Laden haga nuestro mundo más seguro, ni más justo y ese debiera ser a mi juicio el objetivo, quizás siga siendo un idealista.

Responder | Responder con una citación | Citar

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar