Escrito por Redacción Camarinas.eu    Lunes, 06 de Diciembre de 2010 13:05   
JM Souto Bello: American Way Of Life
Continentes Americanos

Camarinas.eu logrou fichar a un corresponsal de luxo na mesmísima capital do mundo: New York

Hai xa máis de 25 anos, o Presidente estadounidense Ronald Reagan, un home cuia lenda non fai outra cousa que axigantarse, aplastaba con man de ferro ao movemento sindical dos controladores aéreos. Ese cuarto de século transcurrido viría a representar o adianto que con respecto a outros países levan os USA en prácticamente tódalas facetas da vida e cuio máximo expoñente estaría constituido pola cidade de New York, auténtico cume do mundo no que de agora en diante o xigante cibernético da Costa da Morte contará co seu propio corresponsal,  máis concretamente nas entrañas mesmas do seu sistema financieiro: Wall Street. O porteño José Manuel Souto Bello, broker dunha das firmas máis exclusivas da Bolsa de Nueva York, súmase á liña de colaboracións de altura que nestes últimos tempos está a completar camarinas.eu cunha nova sección, American Way Of Life, na que desgranará o día a día da nación máis poderosa do mundo. Efectivamente, hai xa máis de 25 anos os USA arranxaron e dunha vez para sempre o problema dos controladores aéreos, pero por desgracia Ronald Reagan só houbo un...

Saúdos a todos os usuarios de camarinas.eu, gustaríame comenzar a colaboración ca web do meu concello publicando unhas fotos que como xa lle comentaba aos redactores recollen aqueles lugares nos que acostumo a pasar todos os dias traballando. E que, queirádelo crer ou, non ata as mesmísimas rúas de Manhattan veñen tódolos días moitísimos turistas de todos os países, incluido da nosa querida España. Cando vou pola calle e escoito falar o noso castelán, si non ando con apuro, sempre sorprendo algun españolit@ cando empezo a conversar con eles na lingoa de Cervantes, preguntándolle de onde son, contándolle de onde eu veño, e ao mesmo tempo sacándolle un par de fotiños con esas máquinas último modelo que traen casi todos. A morriña, a saudade pola terra, que nunca cesa.

Rúas de New York, do seu barrio de Manhattan, tan distintas daquelas de onde eu empecei. Falamos da cidade de Newark, Estado de New Jersey, tan glosada nas súas novelas polo grandísimo novelista norteamericano de orixe xudea, fillo predilecto de Newark, Philip Roth (Pastoral Americana, La Mancha Humana, Me Casé Con Un Comunista, La Conjura Contra América...). Trátase dunha cidade na que existe actualmente unha amplia colonia de galegos, a gran maioría provintes da zona de Ourense. Para o meu entender, Newark pode ser unha das cidades máis feas do país (quitando Detroit). Eu vivín nesas rúas os meus primeiros meses de emigrante, tan pronto puiden escaparme, nin mirei para atrás. Está a vinte minutos de Manhattan, tanto en tren, metro ou coche, o cal lle da un pouco de valoración. E inda existen os barrios marxinados e decadentes, moi pero que moi tristes e depresivos. Na última década e media empezou a florecer unha cantidade importante de emigración procedente do Brasil e de outros países sudamericanos. Tamén existe unha colonia moi grande de portugueses, os cales tomaron posesión autoritaria de unha calle moi famosa que se chama Ferry Street, na cal pódese atopar tendas de venta de fruta, peixe, carnicerías, muebles, roupa, cafés e restaurantes típicos do país. Tódalas transaccións, tanto económicas como gastronómicas, as podedes facer falando na língoa portuguesa.

Newark e o típico exemplo da renovación, da capacidade de cambio, da sociedade norteamericana: dunha poboación maiormente xudea nas décadas dos 20, 30 e 40, posteriormente asistío a un declive imparable cando, segundo contaba na novela "Pastoral Americana" Philip Roth, afroamericanos procedentes do Sur Profundo dos USA desprazaron aos xudeos e a cidade convertíose nos anos 70 nunha das máis inseguras de toda América. Volta a empezar no eterno retorno americano, os novos emigrantes antes mencionados contribuiron nestes últimos anos a devolverlle algo de vida a antigamente puxante cidade de Newark.

En fin, que si dentro do mesmo Estado de New Jersey estamos a falar eu prefiero pasear pola rúa principal de Hoboken (primeira das imaxes da galería fotográfica), lugar onde naceu e se criou Frank Sinatra, mítico Old Blue Eyes...

foto_01
foto_02
foto_03
foto_04
foto_05
foto_06
foto_07
foto_08
foto_09
foto_10
foto_11
foto_12
foto_13
foto_14
foto_15
foto_16
foto_17
foto_18
foto_19
foto_20
foto_21
foto_22

Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Comentarios  

+1 AGARIMOSOS RECORDOSBeldoña 07-12-2010 20:54 #

Xa me quedou prendida a morriña por visitar novamente New York, e ti, José M. Souto, es o culpable. Vendo as imaxes que nos ofreces, tráesme ao recordo moitos bos momentos que teño pasado, en compañía da miña familia, nesta gran cidade. Visitar Broad St. e percorrer as inmensas rúas,atascadas de comercios de toda índole… A casa de Galicia, onde atopei a un xoieiro xudeu que insistía a que non retornara para España, porque sempre lle gañaba as partidas de xadrez ( queríame como sparring, e era el o que organizaba torneos internacionais )…Coller diariamente o tren para ir e vir de Brooklyn a Manhattan e viceversa …Sinto morriña por volver a esa gran urbe, onde todo é un revoltiño harmónico.
Tal vez, volva ou non, mais as ganas puxéstesmas.
Un saúdo, e parabens José.

Antonio Puertas

Responder | Responder con una citación | Citar
LembranzasXiana 07-12-2010 22:39 #

"Aquello es aquello..."

Responder | Responder con una citación | Citar
RE: JM Souto Bello: American Way Of Lifezhúkov 07-12-2010 23:56 #

Bueno, a verdade é que aquí en camarinas.eu sempre fomos grandes admiradores dos USA (incluso antes de Obama) por elo unha sección que sirva de nexo de unión entre Estados Unidos e o Concello de Camariñas a través da nosa emigración entendémolo como un hito importante, clave, na historia da nosa web. A realidade que vemos nas películas, na música, nos libros cáseque a diario, explicadas por un dos nosos. Por outra parte non lle falta razón a Antonio Puertas: ver esas imaxes e pensar en coller un avión e contemplar in situ todas esas maravillas é todo un. Eso é alomenos o que contan todos os afortunados viaxeiros que visitaron New York, o de contemplar absortos algo único, diferente.

Responder | Responder con una citación | Citar
RE: JM Souto Bello: American Way Of Lifemiguel f 08-12-2010 00:06 #

É unha ledicia ler como unha persoa mantén as súas raices e ao mesmo tempo sabe ser agradecido ó seu país de acollida.

Responder | Responder con una citación | Citar

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar