|
 Martelo e Alfonso levaron ao extremo a súa paixón pola festa e o traballo ben feito nas terras de Brasil
Festa e traballo en Brasil
Volve Trotamundos.eu, a sección de camarinas.eu que reflexa o peregrinar dos camariñáns polo mundo cunha reportaxe adicada á viaxe que levou ao noso usuario Alfonso Martinez Blanco e a José Martelo ás terras do Brasil. O país da samba, da picaña, da caipirinha, dos carnavais de Recife, das garotas de Copacabana divisado dende as alturas celestiais das torres de calqueira dos parques eólicos que estes dous veciños de Camariñas se encargaron de levantar ao longo dun país que constitúe un continente en si mesmo. Muiños eólicos, pistas amazónicas, festas caseiras, corpos esculturais en praias de ensono retratados á perfección polas máis de 200 fotos de impacto tomadas por Alfonso no país brasilero e que a gran páxina que acerca a todos os camariñáns ao longo do ancho mundo procede a publicar.
Noticias Relacionadas
-
Cronica enviada por Alfonso Martínez Blanco
Despois da parón no montaxe eólico en España por mor da crise económica comenzaron a xurdir oportunidades de traballo en Sudamérica onde a miña empresa Vestas Eolica, que é de orixe danesa, abriu unha sede en Brasil para poder vender máquinas, sendo a compañía máis coñecida no mundo por ser a mellor neste sector. Haber, e como si compraras un Mercedes de vez de un Ford, igualito.
A cuestión era que como na miña empresa só éramos dous supervisores de instalación de aeroxeneradores que coñecíamos a máquina que se está a montar no Brasil, pois solicitáronme si quería viaxar para alá a instalar uns parques que me farían percorrer prácticamente todo Brasil de arriba a baixo para cumplir ca miña obligación.
Por outra parte, Eurogruas, que é unha empresa española onde eu xa estivera ubicado como 1º oficial de instalación mecánico e eléctrico e onde ficou o meu amigo Martelo ocupando o meu posto como supervisor cando eu cambiei para Vestas, asociouse cunha empresa brasilera e ven traballar para o hemisferio sur, por elo o Martelo xa estaba traballando en Brasil dende outubro. Eu cheguei alá despois das navidades, e incorporeime ao equipo de montaxe español para supervisar e axudar na instalación destos aeroxeneradores. A primeira parada foi na zona de Pernambuco, alí pasáronse boas noites de festas nos carnavales de Recife, unha das grandes cidades do Brasil, e a terceira máis perigosa de todo o país, e tamén en festas caseras con churrasco, picaña, cerveza, caipirinhas e como olvidar o noso calimocho o cal a xente de Brasil quedábao mirando raro, que bebida é esa, tamén o cafe con hielo, non o creían. En total éramos 10 españoles: un de Zaragoza, 2 andaluces, 1 vasco e 6 galegos, dos cales 2 eran de Camariñas: Martelo e eu claro.
Transcurridos 5 meses de instalación en Gravata que está cerca do norte, mandáronnos para Rio de Janeiro. Ahí si que disfrutamos en Copacabana onde as noites de festa son impresionantes ca praia e as vistas pero non íamos a eso, íamos para Gargau, un pequeno pobo onde estivemos montando 17 máquinas mais e xa terminada a instalacion só facía falta poñelas en marcha e reparar os daños, o que foi a causa que me quedaran 3 meses mais en Brasil pero tamén teñen as suas cousas boas: hai festa tódalas semanas e incluso hai un pueblo que ten 30 días de festa por San Juan, increíble. A xente é moi agradable nestes pueblos sen embargo as grandes cidades son mui peligrosas, conducindo son un peligro humano, dalle igual a delantar pola dereita como pola esquerda, e os accidentes son mortales. Ter unha pistola é normal.
O posto de traballo de Martelo era de 1º oficial e ven para o Brasil a enseñar como se realiza o seu traballo, o que pasou fui que ao final acabou traballando máis el que os brasileros, é todo "debagar" que significa despacio. O primeiro que lle dixeron a Martelo foi "debagar, que vose está no Brasil". En canto a min vin para o Brasil para observar que os traballos eran realizados ben, con seguridade, e que deixaban as turbinas en boas condicions porque eu son o que firma que todo está ben para entregar a propiedade.
A cuestion foi que aqui hai muitas mais mulleres por metro cuadrado que en España. Nos pensábamos que Brasil iba ser un estilo desierto pero polo norte é tan verde como Galicia pero teñen moitas tormentas tropicales, chove e aos 5 min xa tes un sol de 30 grados: aquí sales do hotel con gafas de sol as 5:00 da maña e voltas as 18:00 con elas porque despois de esa hora xa é noite.
Unha cousa que vimos e nos causou muita gracia é que usan mototaxi polas cidades, é flipante o butanero vai en moto con tres bombonas e o cristalero tamen vai en moto, bueno e impresionante. O Brasil ten a fama pero é solo por Copacabana porque o demais non eé como din, as cousas cambian.
En fin, queridos usuarios de camarinas.eu, veña a cuidarse que xa ven o Carme e eu tamén von para a festa que é a única fecha que quero estar de vacacións, ademáis dos días que solicitei para a voda do meu compañeiro Miro Campaña, o Luso, patrón do Cupido. Viva a Virxen do Carme!!
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:
|
Comentarios
Alabados e dios!mirati donde estas,Alfonsiño ,carajo ke ben sabes buscar donde hai ke ir traballar....!eu apuntome a ir pa i,aunke sea vendendo fruta kunha moto!,eso non e traballar,hai son vacasions pajas,je!bon pola foto sentovinte e hai muito ke ver,oistes Alfonso.....!non adeljases mais e dille a o coleja Martelo ke non koma tanto,bueno pasadeo ben e saludos os dous,non traballedes muito,ala a sombra veña.
Adorei a nossa foto, espero que tenham gostado do meu aniversario. Afonso você e uma das pessoas mais adoraveis que ja conheci, meu grande amigo. Bjsssssssssssss sssssssssssssss ss
Pois sí que tiveron boa sorte os nosos paísanos o ir a " traballar" ao Brasil.E un gran País que certamente me gustaría visitar.As fotos ( e as mulleres), espetaculares.
Antonio
Menudas fotos, as praias e as festas criminales, ahora, os bichiños xa non me gustan tanto...Un abrazo moi forte Alfonso, e como non outro para Martelo.
ostiaa..aa.aaa!!jajaja
a familia anda por estes mundos!!jajaja
pois como non..aparte do trabayo..tamen o pasads dputmadre ehh!!jajaja
eso e bo!!
veña cuidadevos os dous ehh!!
un biqiño qeresevos!
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.