Os máis fermosos veleiros do mundo
 Os máis fermosos buques veleiros do mundo foron retratados por Toxo no Porto de Buenos Aires
Aproveitando o desbaraxuste provocado na Península pola lamentable actuación dos monarcas Borbóns e a consecuente invasión napoleónica e cruenta e heroica guerra de independencia desenrolada polo pobo español, as colonias americanas consideraron que era chegada a hora da súa maioría de idade e que cumpría abandonar o fogar paterno. Deron así comenzo en 1810 os primeiros pasos dunhas extenuantes guerras de independencia que se alargarían ata o arriado final da bandeira española no Porto de El Callao (Perú) en xaneiro de 1826. Agora que se cumpren os 200 anos da constitución das súas primeiras Xuntas Nacionais de Goberno ten lugar nos países do cono sur austral unha esixente regata conmemorativa que cunha participación de buques veleiros de 12 países, entre eles o noso impresionante Juan Sebastián (que non Juan José, o sea, JJ) Elcano, durará cinco meses e cubrirá unha ruta dende Río de Janeiro ata a mexicana Veracruz. Aquí na Madre Patria, non podíamos permanecer indeferentes antes os grandes eventos que este ano van ter lugar nas repúblicas irmáns hispanoamericanas, e por elo o noso representante plenipotenciario na Arxentina, Toxo, decidío cubrir a regata ao seu paso por Buenos Aires cunha extraordinaria galería fotográfica.
A Regata Internacional Velas Sudamericanas dou comenzo o pasado domingo sete de febreiro no Porto de Río de Janeiro, comenzando así unha longa travesía marítima que levará aos esbeltos e áxiles buques veleiros dunha ducia de países a arribar alá polo mes de xuño no caribeño muelle mexicano de Veracruz, previo paso por algúns dos máis importantes e lexendarios portos marítimos do mundo: Montevideo, Buenos Aires, a Illa dos Estados, a remota Ushuaia, Punta Arenas, Valparaíso, El Callao, Guayaquil, Cartagena de Indias, La Guaira, Santo Domingo... nomes evocadores e cunha carga simbólica suficiente para facer voar a imaxinación.
Na relación de buques participantes podemos atopar nomes lexendarios de buques escola como o “Bernardo Houssay” de Argentina, “Capitán Miranda” de Uruguay, “Cisne Branco” de Brasil, “Cuauhtémoc” de México, “Esmeralda” de Chile, “Gloria” de Colombia, “Guayas” de Ecuador, “Iskra” de Polonia, “Juan Sebastián Elcano” de España, “Libertad” de Argentina, “Simón Bolívar” de Venezuela, entre outros. Sempre ao pe do cañón informativo e cun recordo para a súa terriña, o noso querido usuario Toxo decidío acercarse ata o porto bonaerense para captar unha impresionante galería fotográfica e facer as xestións precisas para que esta importante regata internacional non olvide facer escala nunha vindeira edición no coqueto e abrigado porto santamariñán.
Finalmente indicar que os dous redactores que o presente subscriben, cando de buques escola se está a falar non poden olvidar a traxicómica e destartalada (marca de la casa) desventura vivida hai xa uns cuantos anos, concretamente corría o ano 2001, no Porto da Coruña na resaca provocada por unha xornada electoral na que Don Manuel Fraga dera a enésima tunda aos seus adversarios políticos con motivo dunhas eleccións autonómicas. Tivo lugar no barco da armada rusa "Sedov", ao decir dos expertos o maior buque escuela do mundo (catro mástiles, 117,5 metros de eslora total), regalo de Sir Winston Churchill á Unión Soviética en 1946 como mostra de recompensa e recoñecemento pola abnegada e homérica labor desenrolada polo pobo soviético ante o invasor alemán na II Guerra Mundial. Día de autos no que estos dous humildes pecadores chegaron, con tal de comprar de estraperlo a típica camiseta a raias horizontais azuis e brancas do exército ruso, a así chamada Alma Marinera (Morskaya Dusha), a descender por unha escaleira de man ata as mesmas entrañas (a bodega) do barco con dous afameados mariños de ollos fríos e destello bandolero. Un deles da septentrional Arjánguelsk, creemos recordar. ¿Por onde andará agora? En fin, la vida de las sorpresas. Sorpresas que te da la vida.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:
|
Comentarios
DIEGO,ESTOY ANONADADO CON LA NOTA,YA QUE COMO SABES, LA MAYORIA DE LAS FOTOS SACADAS DE DIA,QUEDARON EN LAS ENTRAÑAS MISMAS DEL RIO DE COLOR LEON.
ASI Y TODO CON ESTAS FOTOS DE BAJA CALIDAD SUPISTE REALZAR LA PRIMIGENIA IDEA,QUE ERA NADA MAS Y NADA MENOS QUE ENVIARLES UNA NOTA DISTINTA SOBRE LOS GRANDES VELEROS.
UN ENORME ABRAZO A MARCOS A VOS Y A TODA LA GENTE DE CAMARINAS.EU.
COMO SIEMPRE, MUCHISIMAS GRACIAS.
BONITAS FOTOS SI SEÑOR SEFA
felicidades toxiño estoy orgullosa de ti que dotes de reportero tiene mi primo ...besitos
Impresionantes, amigo Toxo ás fotos que nos mandas..e, por riba de todas elas, á do nóso JUan Sebastían Elcano.É un verdadeiro orgullo patrio, este embaixador veleiro que tí, agora, nos presentas nestas fotos maxistrales.
Un saúdo, Jorge.
Antonio
Muy chulo o reportaje toxo, as fotos estas muí bonitas encántenme, weno espero que sigas mandando ven de fotiños , que seguramente temos moito que ver .....Saludosss!!!!
NADA XURXO FENOMENAL REPORTAXE RESALTADO POR ESTES ARTISTAS DAS LETRAS COMO SON OS REDACTORES DE CSAMARIÑAS.EU.FELICIDADES POLO REPOR...........8-)
Y MUY BUENA LA NOTA FELICITACIONES A TOXO Y A CAMARIÑAS.EU desde la provincia de Bs. As. les doy las gracias por la muestra.
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.