Escrito por Redacción Camarinas.eu    Miércoles, 08 de Febrero de 2012 09:00   
JM Souto Bello: a Super Bowl
Continentes Americanos
Os Giants de New York paseando a SuperBowl en loor de multitudes por BroadwayO evento televisado con máis audiencia en toda a historia dos Estados Unidos de América, a edición número XLVI da Super Bowl que enfrontaba este domingo 5 de febreiro de 2012 en Indianápolis aos New York Giants contra os New England Patriots, é narrado para a audiencia de camarinas.eu por un testigo de excepción e fiel seguidor do conxunto newyorkino: o porteño José Manuel Souto Bello. Todo un clásico da cultura norteamericana, cos seus anunciantes que pagan cantidades desorbitadas por un anuncio televisivo durante o descanso do encontro, cas actuacións musicais tantas veces polémicas do entremedio (o half time show), cun himno nacional sempre interpretado de xeito emocionado e  emocionante, cun encontro titánico que enfronta a gladiadores épicos por ver quen sae gañador da edición correpondente da National Football League (NFL) e lamentablemente algunha que outra vez con altercados públicos e un escenario nocturno de coches e contenedores incenciados na cidade do equipo campeón. Non foi así desta vez nunha New York engalanada como nunca para recibir aos campeóns, os New York Giants, polo famoso e tantas veces visto (os soldados retornados vencedores da II Guerra Mundial, os astronautas pioneiros da Lúa, etc...) Canón dos Heroes. E alí atopábase nin máis nin menos un redactor de camarinas.eu.
Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Viernes, 02 de Septiembre de 2011 08:17   
JM Souto: World Trade Center
Continentes Americanos
José Manuel Souto posa diante das obras do World Trade CenterContan que o século XX realmente comenzou o 24 de xuño de 1914, data na que un terrorista serbio asesinaba en Saraxevo ao herdeiro do trono Austro-húngaro, o Arquiduque Francisco Fernando, e a súa esposa. Este simple feito determinaría o inicio de todas e cada unha das calamidades consecutivas que asolaron o que quedaba de sanguenta centuria. Do mesmo xeito probablemente o século XXI comenzou preto das 9 da mañá (3 da tarde aquí en España) do 11 de setembro de 2001 en pleno centro financierio de New York nun día que ninguén esquencerá mentras viva. Comenzou a esa mesma hora na que o primeiro dos avións suicidas impactaba limpamente contra unha das Torres Xemelgas levándose por diante a tantos e tantos inocentes, quebrando a seguridade en si mesma dunha nación e presentando dunha forma brutal unha nova ameaza duradeira sobre o mundo occidental: o Choque de civilizacións que pronosticara acertadamente Samuel P. Hungtinton xa estaba aquí. Agora que están a piques de cumprirse dez anos de triste aniversario da máis triste catástrofe dos nosos tempos, un corazón newyorkino, o do porteño José Manuel Souto Bello, rinde emocionada visita ao World Trade Center, volcando toda a súa dor nunha reportaxe que pasará a historia de camarinas.eu.
Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Lunes, 02 de Mayo de 2011 19:15   
Morte de Bin Laden en NY
Continentes Americanos
As primeiras fotos do impacto da morte de Bin Laden en New York, en camarinas.euNas primeiras horas da noite deste luns 2 de maio de 2011, á boa nova que sempre supón lembrar o inicio hai 203 anos da loita heroica do pobo español contra o invasor gabacho, loita que seis anos despois culminou cunha victoria histórica e a conseguinte expulsión dos exércitos napoleónicos, sumábase outra: a da finalización dunha dura loita de dez anos contra o maior terrorista que vagaba impunemente polo planeta. Ao principio todo facía presaxiar que se trataba dun rumor máis, dun deses disques que de cando en vez aparecen nuns medios sempre ávidos por dar a exclusiva definitiva. Pero a aparición final do Presidente Obama, un home que polo que se ve nesta materia (e en tantas outras...) continuou a política do archiodiado George W. Bush, confirmando a noticia dotou a esta duns visos de credibilidade que versións anteriores non tiveran e unha explosión de felicidade e ledicia inundou as rúas de New York. Osama Bin Laden, por fin, estaba morto.
Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Sábado, 30 de Abril de 2011 08:50   
JM Souto Bello: Washington DC
Continentes Americanos
A sección norteamericana de camarinas.eu fai unha viaxe á capital dos usa: Washington DCEste pasado inverno fui un dos máis nevados que tivemos en toda a historia da Costa Este dos EE.UU. Despois de pasar un par de meses caendo neve prácticamente casi tódolos días, da gusto poder ver como o bo tempo fai cambiar o paisaxe a conta do reflorecemento das árbores, prantas e flores. Unha explosión de vida aduéñase dos bosques, parques e xardíns das antigas trece colonias onde comenzou toda a historia americana. Por este feito unha escapadiña tan pronto o tempo nos permite sempre se agradece. E a mente volve a encontrar un pouco de sana estabilidade.
Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Lunes, 13 de Diciembre de 2010 12:29   
Reencontro entrañable na Arxentina
Continentes Americanos

Quince meses despois de iniciar en camarinas.eu a búsqueda de Manuel García Santos, chegou o día do feliz reencontro

Todo comenzou ca publicación en camarinas.eu un 30 de setembro de 2009 dunha anguriante petición de axuda por parte da nosa usuaria doblemente porteña (Buenos Aires & Ponte do Porto) María del Carmen Rodríguez Lema: había xa cáseque corenta anos, principios da década de 1970, que un gran amigo da familia, antigo capataz da fábrica onde traballaban os tíos e o irmán de Mari Carmen, desaparecera sin deixar rastro. Anos de intensas búsquedas infructuosas non deran resultado. Tan só 45 días despois camarinas.eu publicaba a imaxe dun radiante Manuel García Santos, xubilado e residente na casa de toda a vida no seu barrio da Ponte do Porto e disposto a recuperar a amistade truncada un malhadado día cáseque catro décadas atrás. Unha vez recobrado o fío vector entre estes dous grandes porteños tan só quedaba desprazarse un deles, ben á terra dos seus antepasados (Mary Carmen) ou ben ao país austral onde tan fortes amistades cuaxou e onde tan gran recordo deixou (Manolo). Finalmente, este foi o caso e Mari Carmen, fiel á web da súa terra nai, fainos chegar as imaxes e a historia do feliz reencontro entre dous vellos e grandes amigos. Un reencontro trinta e oito anos despois.
Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Lunes, 06 de Diciembre de 2010 13:05   
JM Souto Bello: American Way Of Life
Continentes Americanos

Camarinas.eu logrou fichar a un corresponsal de luxo na mesmísima capital do mundo: New York

Hai xa máis de 25 anos, o Presidente estadounidense Ronald Reagan, un home cuia lenda non fai outra cousa que axigantarse, aplastaba con man de ferro ao movemento sindical dos controladores aéreos. Ese cuarto de século transcurrido viría a representar o adianto que con respecto a outros países levan os USA en prácticamente tódalas facetas da vida e cuio máximo expoñente estaría constituido pola cidade de New York, auténtico cume do mundo no que de agora en diante o xigante cibernético da Costa da Morte contará co seu propio corresponsal,  máis concretamente nas entrañas mesmas do seu sistema financieiro: Wall Street. O porteño José Manuel Souto Bello, broker dunha das firmas máis exclusivas da Bolsa de Nueva York, súmase á liña de colaboracións de altura que nestes últimos tempos está a completar camarinas.eu cunha nova sección, American Way Of Life, na que desgranará o día a día da nación máis poderosa do mundo. Efectivamente, hai xa máis de 25 anos os USA arranxaron e dunha vez para sempre o problema dos controladores aéreos, pero por desgracia Ronald Reagan só houbo un...
Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Lunes, 21 de Junio de 2010 11:12   
Trotamundos.eu: camariñans no Brasil
Continentes Americanos

Martelo e Alfonso levaron ao extremo a súa paixón pola festa e o traballo ben feito nas terras de Brasil
Martelo e Alfonso levaron ao extremo a súa paixón pola festa e o traballo ben feito nas terras de Brasil

Festa e traballo en Brasil

Volve Trotamundos.eu, a sección de camarinas.eu que reflexa o peregrinar dos camariñáns polo mundo cunha reportaxe adicada á viaxe que levou ao noso usuario Alfonso Martinez Blanco e a José Martelo ás terras do Brasil. O país da samba, da picaña, da caipirinha, dos carnavais de Recife, das garotas de Copacabana divisado dende as alturas celestiais das torres de calqueira dos parques eólicos que estes dous veciños de Camariñas se encargaron de levantar ao longo dun país que constitúe un continente en si mesmo. Muiños eólicos, pistas amazónicas, festas caseiras, corpos esculturais en praias de ensono retratados á perfección polas máis de 200 fotos de impacto tomadas por Alfonso no país brasilero e que a gran páxina que acerca a todos os camariñáns ao longo do ancho mundo procede a publicar.

Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Martes, 04 de Mayo de 2010 22:08   
Trotamundos.eu: Republica Dominicana
Continentes Americanos

Unha das leyendas vivas de Camarinas.eu, O Soco, brinda con todos vos pola República Dominicana
Unha das leyendas vivas de Camarinas.eu, O Soco, brinda con todos vos pola República Dominicana

República Domincana, o paraíso na terra

A República Dominicana, orixe da conquista e colonización do continente americano pola Corona española, sede da primeira cidade fundada en América por europeos, o país que sufrío dende unha salvaxe invasión de escravos haitianos ata unha dictadura cruel e sanguinaria a mans de Rafael Leónidas Trujillo durante máis de trinta anos, a terra capaz de dar ao mundo licores da calidade e cotización de Ron Brugal ou Ron Barceló, a illa mestiza e tropical das mulleres fermosas e das praias de ensono... Un dos grandes mitos vivientes de camarinas.eu, Luis "O Soco", volve ás nosas páxinas cunha impresionante reportaxe que recolle a cara e a cruz da realidade dunha nación paradisíaca pero empobrecida: o resultado de dúas semanas nun dos máis luxosos hoteis resort do Caribe e de tres meses convivindo co pobo humilde dominicano nun populoso barrio de Santo Domingo, capital da República. Como aínda quedan paraísos na terra e estos non podían permanecer alleos aos encantos dun camariñán, a sección de camarinas.eu que reflexa  a nosa pegada polo mundo publica unha reportaxe adicada á perla do Caribe: a República Dominicana. Por "O Soco".

Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Jueves, 25 de Marzo de 2010 21:16   
Trotamundos.eu: Jose Manuel Souto Bello
Continentes Americanos
Camarinas.eu visitada diariamente por un porteño que atopou en Wall Street o seu medio de vida
Camarinas.eu visitada diariamente por un porteño que atopou en Wall Street o seu medio de vida

Un broker porteño en Wall Street

A Bolsa de Nueva York, a así chamada NYSE (New York Stock Exchange), o centro da economía mundial no que cada día miles de millóns de euros cambian de mans en operacións relámpago. Na que fortunas gañadas ao longo dunha vida de duro traballo volatilízanse en segundos. Onde unha mala xogada da deusa fortuna arruina carreiras e aniquila imperios económicos. E alí, no medio da voráxine económica que domina o planeta un veciño do Concello de Camariñas, concretamente da Ponte do Porto, atopou o seu lugar de traballo como broker (corredor ou axente de bolsa). A típica historia do self-made-man, o home feito a si mesmo norteamericano: aquel que dende un primer traballo no porto de Nueva York chegou ata o centro  financieiro do mundo.  Algo que só pode suceder en Estados Unidos, o país das grandes oportunidades, onde o traballo duro sempre é recompensado. O soño americano feito realidade nun lector diario de camarinas.eu.  Coñece da man da web líder do Concello de Camariñas aos dous lados do Atlántico a historia dun porteño que por dereito propio gañouse un lugar en Wall Street, a Calle do Muro.

Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Jueves, 11 de Marzo de 2010 21:21   
Regata Bicentenario Velas Sudamericanas 2010
Continentes Americanos

Os máis fermosos veleiros do mundo

Os máis fermosos buques veleiros do mundo foron retratados por Toxo no Porto de Buenos Aires
Os máis fermosos buques veleiros do mundo foron retratados por Toxo no Porto de Buenos Aires

Aproveitando o desbaraxuste provocado na Península pola lamentable actuación dos monarcas Borbóns e a consecuente invasión napoleónica e cruenta e heroica guerra de independencia desenrolada polo pobo español, as colonias americanas consideraron que era chegada a hora da súa maioría de idade e que cumpría abandonar o fogar paterno. Deron así comenzo en 1810 os primeiros pasos dunhas extenuantes guerras de independencia que se alargarían ata o arriado final da bandeira española no Porto de El Callao (Perú) en xaneiro de 1826. Agora que se cumpren os 200 anos da constitución das súas primeiras Xuntas Nacionais de Goberno ten lugar nos países do cono sur austral unha esixente regata conmemorativa que cunha participación de buques veleiros de 12 países, entre eles o noso impresionante Juan Sebastián (que non Juan José, o sea, JJ) Elcano, durará cinco meses e cubrirá unha ruta dende Río de Janeiro ata a mexicana Veracruz. Aquí na Madre Patria, non podíamos permanecer indeferentes antes os grandes eventos que este ano van ter lugar nas repúblicas irmáns hispanoamericanas, e por elo o noso representante plenipotenciario na Arxentina, Toxo, decidío cubrir a regata ao seu paso por Buenos Aires cunha extraordinaria galería fotográfica.

Por favor, registrate para calificar.
 


Página 1 de 2