|
|
| Black Arc: a banda de Peter J. Hamilton |
| Continente Europeo | |||
Un camariñán triunfa no mundo do Rock![]() Capitán Pedro coas baquetas, que é o del. Peter, ou Capitán Pedro como lle gusta que lle chamen, é un Camariñán de pai inglés e nai natural do Roeiro Novo. Este era o nome como así se coñecía a Rúa onde estaba a Carnicería de Chicote e a tenda ultramarinos de Fina de Ramírez e máis Antón do Patrón cando Mª José, a filla de Fina e Antón e nai de Peter, marchou para Inglaterra coma tantos Camariñáns naquela época. Mª José namorouse en Londres de Richard Hamilton, casáronse e tiveron dous fillos, Peter que é o máis vello e Cristhopher.
Peter ten 25 anos e leva 5 anos coma músico profesional especializado na batería. O seu grupo ten un contrato firmado con unha discográfica inglesa e outra alemana pero, como nos dixo súa nai Mª José, está tolo por poder tocar nas festas do Carmen co seu novo grupo. Pulsa en "Ler máis.." para ver o video do seu anterior grupo: Fony.
Peter ten publicados tres discos en total, e un deles chegou ao número 3 das listas de rock inglesas e o seu video chegou tamén ao número 9 das mesmas listas. Cando estivo de xira por España chegou a tocar cos mellores grupos de Rock a nivel nacional como son Hamlet, Sober, DefconDos, etc... Neste video que metemos a continuación podedes ver a Peter (Capitán Pedro) na batería e ao seu irmán Cristopher Hamilton Rodríguez na guitarra eléctrica (Cristopher é o guitarrista de melenas que sae no principio da canción ao lado do cantante)
Estes días estivemos falando coa súa nai, María José e comentábanos que "Peter é medio inglés e medio galego, ¡Pero camariñán ata a médula!" A nai de Peter tamén nos dicía que él non perde un verán sen vir a Camariñas, aínda que este ano tivera que quedar en Inglaterra debido aos seus compromisos musicais ca discográfica. Nestes días teremos a oportunidade de ver unha entrevista persoal a Peter nesta web. ¿Revelaranos algunha exclusiva do seu grupo?
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:
|



