Escrito por Administrador    Domingo, 23 de Marzo de 2008 23:24   
Remata a XVIII Mostra do Encaixe
Continente Europeo

Esperemos que estas fotos remedien a morriña do noso querido Soco alá en Suiza

Esperemos que estas fotos remedien a morriña do noso querido Soco alá en Suiza

Un regalo para "O Soco"

Ás 21 horas deste Domingo de Resurrección do Noso Señor Xesucristo rematou a XVIII edición da Mostra do Encaixe de Camariñas. E neste momento de despedida camarinas.eu quere ter un detalle para unha persoa clave dentro do colectivo de usuarios: O Soco, que forma a mítica dupla dos colilleros da nosa web xunto a esa institución de camarinas.eu que é o noso querido, pero sobre todo admirado, Juan camarinan.

 

 

As dúas fillas do noso admirado Soco pasaron toda a Mostra atendendo e axudando no stand da súa tía María Jesús (Artesanía Chus), onde se distinguiron pola súa gracia e amabilidade na atención ao cliente. Esta redacción espera sinceramente que estas fotos das súas adoradas fillas palíen na medida do posible a nostalxia e morriña do Soco, un xenio da informática que dende a conservadora, saciada e neutral Suiza destácase no día a día como un usuario clave da nosa web, dando un toque de cordura en tódolos xaleos e pifostios que por aquí armamos (debe ser que se lle pegou algo do carácter do país helvético), que non son poucos. En fin, Colillero, disfruta destas dúas fillas túas ben fermosas e intelixentes. Elas tamén me dixeron que che transmitíramos a seguinte frase, xa mítica en camarinas.eu: ¡¡TE QUIERO PAPÁ!!

Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Comentarios  

Mikel 23-03-2008 23:53 #

Felicidades Soco por estas dúas fermosas mulleres,,todo un padrazo.

Responder | Responder con una citación | Citar
Machote 24-03-2008 10:57 #

joder soto e non me dixestes nada e eu con dous fillos esperando ligar enoraboa soco por estes dous angeles un saludo amigo e que non che caia a baba nas palomitas jejeje

Responder | Responder con una citación | Citar
mantida 24-03-2008 12:19 #

tes duas fillas muy bonitas Soco,podes estar orjulloso,a mais alta paresese a tí.

Responder | Responder con una citación | Citar
corvo 24-03-2008 12:25 #

enoraboa SOCO por esas fillas tan juapas que tes, neste momento debeche de estar caendo a baba.disfruta ainda que se mirandoas en foto ,a ver si veñen pronto as vacasions pa estares con elas ,hasta proxima compañeiro.(este Diego e a hostia,sabe dar as sorpresas)

Responder | Responder con una citación | Citar
O SOCO 24-03-2008 15:14 #

JRASIAS A TODOS POLOS VOSOS COMENTARIOS TAN BONITOS::: EMOCIONAME MOITO LEERVOS,
ESPERO QUE A CADA UN DE VOS , O FUTURO OS TEÑA PREPARADO SORPRESAS COMO ESTA.

MOITAS JRASIAS.

O SOCO

Responder | Responder con una citación | Citar
gelinita 24-03-2008 19:05 #

Mui ben Diego , o Soco merese esto e muito más.
Tes unhas fillas juapisimas, felicidades as fillas e á Soco.

Responder | Responder con una citación | Citar
nebry 24-03-2008 21:13 #

bueno pois antes de nada dedicarlle isto a meu pai...o soco, q grazas a el estou aki...e tamen darllelas grazas a diego que foi el quen sacou as fotos e dicirlle que e un crack da fotografia....

un bico para todos

xa son unha mais de camarinas.eu

Responder | Responder con una citación | Citar
mantida 24-03-2008 23:03 #

bueno nebry xa que eres unha más de camariñas.eu de ahora pa diante entra e escribe cion nos no libro de familia

Responder | Responder con una citación | Citar

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar