|
|
| Camariñáns in London |
| Continente Europeo | |||
|
De un tempo a esta parte nas diversas televisións hispánicas puxéronse de moda os programas de viaxeiros que buscan con ahinco e persistencia frenética un español ata no confín máis remoto do mundo. Primeiro foron españoles, despois xa pasamos a galegos, algún televisión local apuntou máis fino e buscaba coruñeses e ao final, pobres e humildes, aquí estamos nos rastrexando as coordenadas estratéxicas globais para localizar camariñáns ata debaixo das pedras. E atopámolos nun programa da recén estreada cadea V Televisión, pertencente ao grupo La Voz de Galicia, chamado "Xosé en Londres", onde un xornalista galego en paro percorre cámara en man Londres á búsqueda de galegos cos que poder intercambiar impresións acerca das súas experiencias nunha das cidades máis emblemáticas do planeta. No curso das súas aventuras xornalísticas atopou aos nosos queridos amigos José María Fernández, da Ponte de Porto e que leva na capital británica preto de once meses e á camariñana María Martínez Trillo, María de Sujas, toda unha veterana londinense que xa dende os tres aniños leva vivindo na cidade do Támesis. Con eles Xosé grabou un programa ameno e divertido, da súa man percorreu Londres, oío tocar a guitarra de José María na mesmísima Piccadilly Circus e coñeceu a un inglés liverpooliano ansioso por coñecer a terra galega. Camarinas.eu ofrece aos seus usuarios o resultado deste encontro entre galegos en Londres reproducindo un vídeo de preto de 10 minutos de duración.
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:
|




Comentarios
Oh my jod carallo!...jrande Jose María, jrande!!! jajaja...e María, tan juapa coma sempre...Saludos e moita sorte chavales. Felices festas!
Luis Esteiro Ramos.
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.