Escrito por Redacción Camarinas.eu    Jueves, 08 de Abril de 2010 11:33   
Comision das Festas de San Xurxo en Suiza
Continente Europeo

Recaudando para San Xurxo en Suiza

A nosa usuaria Jenny anima a tódolos emigrantes en Suiza e contribuir cun donativo ás Festas de San Xurxo
A nosa usuaria Jenny anima a tódolos emigrantes en Suiza e contribuir cun donativo ás Festas de San Xurxo

Unha irmán luitando duramente para ser proclamada como Reina da Beleza do Cantón de Jura. Outra, disposta a patear as rúas entre a emigración camariñana para ver de recaudar un pequeno montante económico co que contribuir dende a afastada e xélida Suiza ás festas do Patrón de Camariñas. E ambas, Vanessa e Jenny Blanco, día tras día conectadas ca súa terra nai a través da web que une aos camariñáns dos cinco continentes.  Sempre ca mente posta na terra dos seus antepasados, especialmente con Buría, o emblemático distrito do que procede a súa familia, a nosa querida usuaria Jenny comunícanos que agora que estamos a dúas escasas semanas vista das grandes festas de San Xurxo, xa comenzou a campaña recaudatoria no país helvético  e fai un chamamento á diáspora camariñana a que se anime cun pequeno donativo a engrandecer as emblemáticas datas do 23 e 24 de abril. Unhas festas nas que moitos dos nosos emigrantes non estarán presentes pero que de seguro sentirán como propias en toda a súa intensidade a través das reportaxes de camarinas.eu. Interesados chamar ao numero 0041 76 402 59 36.


Pois eso, nacin o 11 de mayo do 1987 na Coruña e pronto emigrei con meus pais para Suiza. Sempre oin falar da Festa de San Jorge porque toda a miña familia paterna está na comision, antiguamente meu abuelo e ahora meus tios e meu primo. O ano pasado pasei por primeira vez a festa e quedei encantada por eso este ano repito, e como non intento axudar a miña familia para recaudar fondos. Xa nas Navidades os emigrantes colaboraron muy ben comprando a Loteria de Navidad de San Jorge e espero que ahora tamen contribuyan cos seus donativos generosos. Como non, ao vir da festa habera un detalliño para todos os que dean algo e que por cuestions de fechas non podan ir a pasar a festa...

 

 

Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Comentarios  

+1 NORABOABeldoña 08-04-2010 13:31 #

Noraboa a estas fermosas rapazas da nósa vila pola súa labor que fan dende Suiza.

Antonio

Responder | Responder con una citación | Citar
GraciasJenny 08-04-2010 17:33 #

Gracias Diego... Espero que muitos emigrantes vexan esto e se metan en contacto conmigo para donar algo para San Jorge !!! Eston a disposicion de todos o numero 0041 76 402 59 36 GRACIAS A TODOS EMIGRANTES E SALUDOS A TERRIÑA

Responder | Responder con una citación | Citar
RE: Comision das Festas de San Xurxo en Suizarubiasexy 11-04-2010 23:10 #

feliz cumpleaños yenny que cumplas muitos mais guapa sefa e os pedros fuerteventura

Responder | Responder con una citación | Citar
RE: Comision das Festas de San Xurxo en Suizarubiasexy 11-04-2010 23:13 #

pedom jenny pensey que esra o cumpleaños mima como eston na casa de unha amiga asta non lin ben

Responder | Responder con una citación | Citar

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar