Dende hai xa uns anos Juan Manuel e Camilla residen en Bergen, porta de entrada aos fiordos noruegos
Ben nas abrasadoras areas do Sáhara mauritano ou nos xeados fiordos noruegos sempre haberá alguén conectado a camarinas.eu. Tal vez porque ata tan recónditos lugares pode chegar a pegada dun camariñán. O caso que nos ocupa é o de Juan Manuel Pasantes Pérez, que tras contraer matrimonio con Camilla Nilssen desprazouse a vivir ata a cidade de Bergen, na Noruega Occidental, onde traballa no Fisketorget, o mercado da localidade, como especialista diplomado na venta dos trolls, os terribles monstruos do folklore escandinavo. Aproveitando que está por mor dun curso a pasar uns días na súa terra, Juan Manuel achegouse pola ventana que abre a Camariñas ao mundo, é decir, a redacción de camarinas.eu, cargado cunhas impresionantes fotos e uns vídeos (incluido aquel que filmou a televisión arxentina) que ilustran como discurre a vida dun camariñán nas remotas e nórdicas terras do Reino de Noruega.
"¿Quién trazó el largo, larguísimo sendero que recorre las ciénagas y los bosques? El hombre, el ser humano, el primero que llegó a estas tierras. Antes de él no existían los caminos"
(Knut Hamsun, "La Bendición de la Tierra")
Conforme ás palabras do grandísimo (e polémico) escritor noruego Knut Hamsun, Premio Nobel de Literatura en 1920, o encargado de abrir os camiños que unirían a terras tan dispares como Camariñas e Noruega, concretamente ca cidade costeira de Bergen, o primeiro en poñer o pe naquelas terras septentrionais, foi Juan Manuel Pasantes Pérez, entre nos Juan Manuel, o fillo de Manolo do Xacobo. A historia que o levaría a vivir entre fiordos e neves, entre augas abundantes e trolls, comenzou o día que coñeceu á que ía ser a súa esposa na Illa de Lanzarote, onde el estaba a traballar e ela a facer unhas prácticas. E así foi como contraeu matrimonio o 25 de xullo de 2008 na Casa do Concello de Camariñas con Camilla Nilsen, xoven noruega de orixe coreana e nai dos seus fillos Erik e Jonathan. E dende aquela alí vive, na segunda cidade en importancia de Noruega, de preto de 250.000 habitantes, porta de entrada aos espectaculares fiordos noruegos e co porto comercial e turístico máis importante do país escandinavo. Unha terra cunha beleza tan sobrecolledora que nos leva a poñer como epitafio da presente noticia as mesmas palabras cas que rematábamos un 7 de agosto de 2008 a reportaxe da súa boda con Camilla, as do Himno Nacional noruego compostas polo tamén Premio Nobel de Literatura Bjørnstjerne Martinus Bjørnson. Unhas palabras que o incluso defenestrado Knut Hamsun (apoio á invasión nazi de Noruega, entrevista personal con Hitler) pronunciaría sen dubidar:
RE: Trotamundos.eu: Juan Manuel Pasantes Perez (Noruega) —
jenny ageitos25-01-2010 16:41#
hola juan mima hay ben de anos son jenny a filla de ignacio eu non sabia que estabas en noruega eu eston en belgica debe de haber muito frio por ahi non?saludos
-1RE: Trotamundos.eu: Juan Manuel Pasantes Perez (Noruega) —
mantida25-01-2010 22:39#
O cambio de Lanzarote a Noruega fui tremendo sobre todo polo clima pero cando se esta cas personas que mas un quere eso e o de menos. A juan Manuel,Camila e os nenos deseovos todo o mellor porque estades en un lujar muy tranquilo e bonito.
jejeje seguro que por esos lugares se dejara crecer el cabello porque el Juan creo que a sido o es el unico camarinan que se depilaba desde las piernas hasta las cejas,jajaja menudos tiempos aquellos por playa blanca,cuantas boracheras y esas turistas que aun querian mas,suerte campeon
Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.
Comentarios
Preciosas fotos con mucho frio pero,con vuestro amor.
Enhorabuena y que tengais mucha suerte.
Antonio
Gracias por el comentario.
xa pasei por Bélgica varias veses para coller o ferry en Dinamarca.Lástima de non saber que estabas ahí para darche unha visitiña
O cambio de Lanzarote a Noruega fui tremendo sobre todo polo clima pero cando se esta cas personas que mas un quere eso e o de menos.
A juan Manuel,Camila e os nenos deseovos todo o mellor porque estades en un lujar muy tranquilo e bonito.
Gracias por polas túas palabras.A verdade é que por bonito que sexa Noruega non se vive como na nosa terriña...
jejeje seguro que por esos lugares se dejara crecer el cabello porque el Juan creo que a sido o es el unico camarinan que se depilaba desde las piernas hasta las cejas,jajaja menudos tiempos aquellos por playa blanca,cuantas boracheras y esas turistas que aun querian mas,suerte campeon
Quen serás?as pernas non che dijo que non pero as sejas?
Non me deixes quedar mal...Ahora mismiño estón en Lanzarote
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.