Escrito por Redacción Camarinas.eu    Viernes, 17 de Abril de 2009 11:57   
Centro espanol de Delemont 1980
Continente Europeo

Subcampeóns mundiais da emigración

O Fútbol camariñán representado por un combinado de luxo no Mundialito da emigración Delemont-1980
O Fútbol camariñán representado por un combinado de luxo no Mundialito da emigración Delemont-1980

Estábamos na tarde deste xoves 16 de abril librando unha batalla mortal contra os virus na redacción de camarinas.eu, cando pola porta asomou o noso querido amigo José Figueiras (Pepe da Rusa) cunha foto entre as mans da que en seguida nos demos conta que era merecedora dunha portada na web dos 5.000.000 de visitas pola historia que portaba consigo e polos valores que representaba. Tratábase dunha imaxe do equipo íntegramente camariñán formado por un puñado de patriotas en Suiza e que disputou o Mundialito da emigración organizado polo Centro Español de Delemont e no que quedaron subcampeóns tras perder a final ante un combinado italiano por un agónico 1-0. Pulsa na foto para ver a imaxe a tamaño natural duns héroes anónimos.

Subcampeóns mundiais da emigración

O guardameta daquela anónima selección de Camariñas era o noso confidente, José Figueiras, que daquela tiña 23 anos e acababa de chegar a Suiza en 1980 para pasar dous anos traballando duramente na forestal. Xunto a un puñado de veciños do Concello como José Benito, os irmáns José Manuel e Francisco Tajes, Gerardo Canosa, Claudino, etc, Inocencio Castiñeira (Perucho) e Tono do Vigo formaron unha escuadra aguerrida e intratable formada íntegram,ente a base de típico productio camariñán que tivo que competir cunha constelación de equipos de diferentes nacionalidades (italianos, portugueses...) así como de equipos españois provintes doutras rexións (andaluces, extremeños, casteláns) nunha primeira rolda na que estaban encuadrados nun grupo de cinco equipos e posteriormente en difíciles eliminatorias a partido único, onde unha acción aislada podía definir o resultado.
E así este equipo que camarinas.eu da man de Pepe da Rusa rescata agora do olvido, plantouse nunha final na que a semellanza do que sole ocurrir cos equipos e seleccións españolas cando se enfrontan a equipos italianos en partidos clave, eles levaron o peso do partido ante o muro defensivo plantexado polo clásico catenaccio italiano, estrelándose unha e outra vez ante unha barreira infranqueable formada por uns Maldini, Baressi, Gatusso, Cannavaro amateurs ata que xa cara ao final do partido unha acción aislada dou o pírrico triunfo aos trasalpinos. Polo visto,  vida non é sinón un eterno retorno. Xa o decía o filósofo alemán Nietzsche. 
P.D.: axuda ao noso querido amigo Pepe da Rusa a identificar aos demáis membros daquel equipo mítico que tan alto deixou o pabellón do fútbol camariñán nas pacíficas e saciadas terras helvéticas.

Image


Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Comentarios  

Beldoña 19-04-2009 01:21 #

Os xojadores de Camariñas,sempr e dan a talla,tanto si janan como si perden.Si janan, porque o meresen,e si perden,porque...outra ves será,e,si empatan...porque "nin fu nin fa",pero na sua batalla,sempre as jarras enseñará.
Animo

Responder | Responder con una citación | Citar

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar