Escrito por Redacción Camarinas.eu    Lunes, 19 de Diciembre de 2011 11:17   
ManiaProd: novo video de El Hidalgo
Continente Europeo

Os irmáns Quintana acaban de presentar novo traballo

Sigue Camarinas.eu a amosarvos o mellor destas terras camariñanas e de seguido mostrámosvos o traballo que nos remiten os nosos queridos usuarios e amigos os irmáns José Luis e Fabian Quintana como donos da empresa ManiaProd que está a colleitar éxitos sen precedentes polas terras helvéticas. Desta volta preséntannos a un artista latino co cal realizaron un brillante videoclip ao máis puro estilo Miami. Pero millor que volo conten eles na nota que mandaron a Camarinas.eu en exclusiva. Noraboa Machotes!!
Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Jueves, 08 de Septiembre de 2011 09:19   
ManiaProd triunfa en Suiza
Continente Europeo

Fabian e José Luís Quintana, os irmáns camariñáns que triunfan en Suiza

Volven os irmáns Quintana, os fillos do noso querido usuario Machote, ás andadas en Suiza. Si hai uns anos destacaron como disc-jockeys nas mellores discotecas do país helvético agora destacan nunha faceta máis elaborada como é a da grabación de videoclips para os principais artistas daquelas terras a través da empresa ManiaProd, dirixida por Fabián. Un éxito que demostra o pulo da emigración galega, máis concretamente a camariñana, en Suiza, e cuios principais fitos procedemos a publicar en Camarinas.eu a través dunha crónica dos principais protagonistas, uns vídeos musicais e unha pequena galería de fotos que pon de relieve como con esforzo, dedicación, pero sobre todo taento, os nosos saen adiante alá lonxa da súa terra nai.
Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Viernes, 24 de Diciembre de 2010 10:57   
Camariñáns in London
Continente Europeo

José María e María, portagonistas dun programa de V Televisión

De un tempo a esta parte nas diversas televisións hispánicas puxéronse de moda os programas de viaxeiros que buscan con ahinco e persistencia frenética un español ata no confín máis remoto do mundo. Primeiro foron españoles, despois xa pasamos a galegos, algún televisión local apuntou máis fino e buscaba coruñeses e ao final, pobres e humildes, aquí estamos nos rastrexando as coordenadas estratéxicas globais para localizar camariñáns ata debaixo das pedras. E atopámolos nun programa da recén estreada cadea V Televisión, pertencente ao grupo La Voz de Galicia, chamado "Xosé en Londres", onde un xornalista galego en paro percorre cámara en man Londres á búsqueda de galegos cos que poder intercambiar impresións acerca das súas experiencias nunha das cidades máis emblemáticas do planeta. No curso das súas aventuras xornalísticas atopou aos nosos queridos amigos José María Fernández, da Ponte de Porto e que leva na capital británica preto de once meses e á camariñana María Martínez Trillo, María de Sujas, toda unha veterana londinense que xa dende os tres aniños leva vivindo na cidade do Támesis. Con eles Xosé grabou un programa ameno e divertido, da súa man percorreu Londres, oío tocar a guitarra de José María na mesmísima Piccadilly Circus e coñeceu a un inglés liverpooliano ansioso por coñecer a terra galega. Camarinas.eu ofrece aos seus usuarios o resultado deste encontro entre galegos en Londres reproducindo un vídeo de preto de 10 minutos de duración.
Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Sábado, 25 de Septiembre de 2010 19:11   
Jennifer remata Enfermería
Continente Europeo

Jennifer unha enfermera camariñana en Suiza

Despois de sete anos de duros estudios en esixentes e ben preparados hospitais e facultades helvéticas a nosa querida usuaria Jennifer (Teuch) rematou os seus estudios de Enfermería. Lóxicamente atópase tan contenta que quixo participar os seus logros á maior comunidade cibernética que a día de hoxe existe na Costa da Morte e así, escribío unhas palabras pasando revista aos sacrificios e esforzos que se vío obrigada a acometer ao longo deste período de tempo para verse na posesión dun título que a habilita para exercer a Enfermería en calqueira dos países da Europa Occidental. Camarinas.eu móstrase orgullosa de publicar un texto que acredita a valía, intelixencia e capacidade da segunda xeración de camariñáns radicados en Suiza, xente capacitada para acometer os maiores desafíos, que levan ben alto o nome do noso concello polos saciados e pacíficos cantóns helvéticos e que sempre, ben nos malos momentos, ben nos intres de triunfo, atoparán un momentiño para lembrarse da súa terriña e das súas xentes. ¡¡Felicidades, Teuch!!
Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Viernes, 16 de Abril de 2010 19:05   
Miss Jura 2010 en Suiza
Continente Europeo

Vanessa, finalista en Jura

Precioso fotomontaxe dunha amiga de Vanessa para á páxina de apoio á súa candidatura no facebook
Precioso fotomontaxe dunha amiga de Vanessa para á páxina de apoio á súa candidatura no facebook

Dende a pacífica, saciada e neutral Suiza chégannos novas de que xa se resolvío o concurso de Miss Jura que puntualmente convoca cada ano o Stage Club de Delemont para elexir as máis fermosas damiselas do citado cantón helvético. E como non podía ser menos alí se plantou na final representando á República de Camariñas a nosa usuaria Vanessa. Pero precisamente ahí, nese intre de máxima tensión e onde se decide todo, debíose acabar o bo xuizo dos comité de sabios expertos que compoñían o xurado, pois de forma inexplicable Vanessa non saío campeona. Pero eso era o de menos: o importante era pasalo ben e desfrutar dunha experencia reservada só a unhas poucas. Pero mellor que sexa a propia protagonista quen nolo conte: "Cheguei ata a final e houbo tres pasaxes: un de roupa sport, un de vestido e un de  bikini. O posto no que quedei non o sei xa que só o saben as tres primeiras. Pero o máis importante é que para min fui unha moi boa experiencia, inolvidable, convivindo con rapazas únicas. Estábamos moi unidas, non había competencia e eso fui o mellor: paseino mui ben, fixen muitas amistades e aínda que non ganara eston contentísima de chegar a onde cheguei. Un saúdo a tódolos usuarios de camarinas.eu e xa nos vemos en San Jorge." O dito, para nos, a máis guapa.

Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Jueves, 08 de Abril de 2010 11:33   
Comision das Festas de San Xurxo en Suiza
Continente Europeo

Recaudando para San Xurxo en Suiza

A nosa usuaria Jenny anima a tódolos emigrantes en Suiza e contribuir cun donativo ás Festas de San Xurxo
A nosa usuaria Jenny anima a tódolos emigrantes en Suiza e contribuir cun donativo ás Festas de San Xurxo

Unha irmán luitando duramente para ser proclamada como Reina da Beleza do Cantón de Jura. Outra, disposta a patear as rúas entre a emigración camariñana para ver de recaudar un pequeno montante económico co que contribuir dende a afastada e xélida Suiza ás festas do Patrón de Camariñas. E ambas, Vanessa e Jenny Blanco, día tras día conectadas ca súa terra nai a través da web que une aos camariñáns dos cinco continentes.  Sempre ca mente posta na terra dos seus antepasados, especialmente con Buría, o emblemático distrito do que procede a súa familia, a nosa querida usuaria Jenny comunícanos que agora que estamos a dúas escasas semanas vista das grandes festas de San Xurxo, xa comenzou a campaña recaudatoria no país helvético  e fai un chamamento á diáspora camariñana a que se anime cun pequeno donativo a engrandecer as emblemáticas datas do 23 e 24 de abril. Unhas festas nas que moitos dos nosos emigrantes non estarán presentes pero que de seguro sentirán como propias en toda a súa intensidade a través das reportaxes de camarinas.eu. Interesados chamar ao numero 0041 76 402 59 36.

Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Lunes, 15 de Marzo de 2010 20:17   
Eleccion Miss Jura 2010
Continente Europeo

Non coñecemos ás súas rivales, pero estando Vanessa de por medio, o concurso xa ten vencedora
Non coñecemos ás súas rivales, pero estando Vanessa de por medio, o concurso xa ten vencedora

A máis guapa do Cantón de Jura

Hai noticias, querido electorado, que en este mundo no que todo son guerras, políticos continuamente pola televisión largando gansadas, pobreza, países con cinco millóns de parados, equipos de fútbol multimillonarios que en oitavos de final alá van polo mar abaixo... noticias que merecen a pena e que según as vas escribindo témblanche as mans ao ver as sensuales fotos que acompañan a este destartalado texto. O caso é que o Stage Club de Delemont anualmente elixe a unha nova Miss Jura que represente ao cantón durante ese exercicio na saciada e pacífica República Helvética. Pero este ano, unha muller de rompe y rasga, ca beleza e a gracia que só poden posuir as mulleres da Vila das Palilleiras, decidío presentarse ao certame e facer que o nome de Camariñas reine tamén por Suiza adiante. Trátase da nosa usuaria Vanessa que terá que competir con outras 18 cremosuras nun concurso que terá a súa semifinal o 25 de marzo e a final o 15 de abril, no que existirá un xurado ante o cal as misses terán que desfilar en bikini, roupa sport, jeans e vestido elegante e onde se permite votar por sms. Como aínda que parezca mentira, aínda quedan eleccións nas que merece a pena participar: ¡¡Todos a votar pola nosa usuaria Vanessa enviando MJURA 2 ao 939!

Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por diegoalfr    Viernes, 26 de Febrero de 2010 11:16   
40 Cumpreanos de Begoña en Suiza
Continente Europeo

Image

Hoxe venres 26 de febreiro de 2010 é un día moi especial para unha numerosa e querida familia camariñana pertencente ao barrio de Buría xa que unha das súas compoñentes que tantos anos leva alá en terras helvéticas cumpre hoxe 40 esplendorosos anos. Estamos a falar de Begoña  de Laso, nai de nosas usuarias Jenny e Vanessa Blanco e muller desa institución viviente chamado Luis Blanco máis coñecido como Luis do Cotro e que xa foi obxecto dunha entrevista nestas páxinas a cargo do noso amigo Javi Varela. En fin, o caso é que aínda que Begoña se atope alá na fría pero próspera Suiza a súa familia de Camariñas quere desexarlle un feliz cumpreanos desde a súa terriña por medio de camarinas.eu, a web que une e acerca a tódolos camariñáns espallados polo mundo. Pulsa na imaxe para ver un video e unha adicatoria especial da familia Blanco Figueiras para Begoña no seu 40 cumpreanos.

Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Domingo, 24 de Enero de 2010 14:34   
Trotamundos.eu: Juan Manuel Pasantes Perez (Noruega)
Continente Europeo

Unha vida entre fiordos noruegos

Dende hai xa uns anos Juan Manuel e Camilla residen en Bergen, porta de entrada aos fiordos noruegos
Dende hai xa uns anos Juan Manuel e Camilla residen en Bergen, porta de entrada aos fiordos noruegos

Ben nas abrasadoras areas do Sáhara mauritano ou nos xeados fiordos noruegos sempre haberá alguén conectado a camarinas.eu. Tal vez porque ata tan recónditos lugares pode chegar a pegada dun camariñán.  O caso que nos ocupa é o de Juan Manuel Pasantes Pérez, que tras contraer matrimonio con Camilla Nilssen desprazouse a vivir ata a cidade de Bergen, na Noruega Occidental, onde traballa no Fisketorget, o mercado da localidade, como especialista diplomado na venta dos trolls, os terribles monstruos do folklore escandinavo. Aproveitando que está por mor dun curso a pasar uns días na súa terra, Juan Manuel achegouse pola ventana que abre a Camariñas ao mundo, é decir, a redacción de camarinas.eu, cargado cunhas impresionantes fotos e uns vídeos (incluido aquel que filmou a televisión arxentina) que ilustran como discurre a vida dun camariñán nas remotas e nórdicas terras do Reino de Noruega.

Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Sábado, 14 de Noviembre de 2009 17:51   
Cumpreanos.eu: Diego Pouso
Continente Europeo

O noso redactor Pouso cumpre 28 anos

O noso redactor Diego Pouso, un home feliz que pode estar orgulloso por formar unha familia próspera e unida
O noso redactor Diego Pouso, un home feliz que pode estar orgulloso por formar unha familia próspera e unida

Pois si que tivo suerte Diego Pouso, o  redactor de camarinas.eu en Suiza, porque seguramente aproveitará o feito de caer o seu vixésimo oitavo cumpreanos en sábado para ir a cenar en familia en tal especial data ca súa fermosa dona Isabel e os seus pequenos Diego e Iker. Lamentablemente o equipo dos amores de Pouso non foi quen de agasallalo este mércores co regalo que tódolos madridistas esperábamos, pero para un home como o noso redactor helvético non hai mellor regalo que o día a día xunto á súa familia e despois dun duro día de traballo sentarse un cachiño diante do ordenador para ver como van as cousas alá na terriña tan querida a través dunha web que el tan poderosamente contribuío cas súas reportaxes a forxar como a máis vista da historia da Costa Atlántica. Por eso, porque todo este tinglado de camarinas.eu non deixa de ser unha gran familia, cada día máis grande, dende esta redacción queremos felicitar cariñosamente ao noso querido redactor suizo Diego Pouso no día do seu 28 cumpreanos: ¡¡FELICIDADES!!

Por favor, registrate para calificar.
 


Página 1 de 6