Os concellos de Camariñas, Mazaricos, Muxia e Vimianzo agradeceron públicamente a colaboración das empresas participantes nas tres edicións do programa de estadías para mocidade Deseñando o teu futuro na Costa da Morte. Subvencionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia máis de 30 empresas colaboraron neste programa nos tres últimos anos.

Os concellos quixeron agradecer publicamente a estas empresas e agasallaron a éstas cun distintivo pola súa desinteresada participación e colaboración para achegar á mocidade a realidade e as boas prácticas empresariais na Costa da Morte. Neste programa participaron máis de 70 rapaces e rapazas dos concellos participantes, realizando formación sociolaboral, estadías en máis de 30 empresas e visitas guiadas a 9 boas prácticas empresariais dos catro concellos. En fin, unha boa iniciativa que debería ter continuidade no tempo para servir de estímulo para a nosa mocidade. Noraboa a todos os que a fixeron posible.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.