Escrito por Redacción Camarinas.eu    Miércoles, 04 de Julio de 2012 21:00   
Camiño do Sur: Illa de A Toxa
España e Península
O luxo na súa máxima expresión en Galicia: o Gran Hotel da ToxaTodo comenzou en 1837: o propietario dun burro enfermo, terminal, tiñoso para máis señas, non foi quen de sacrificalo e decidío abandoalo á súa sorte nunha pequena lingua de terra isleña situada ao carón da vila de O Grove. Cando pasados uns meses retornou á illa para dar cristiana sepultura aos que debían ser os restos do amado burriño cal non foi a súa sorpresa ao atopalo nun estado rebosante de saúde, fornido e vigoroso, con todas as súas feridas curadas. A razón que explicaba o que nun primeiro momento se tomou por unha milagre non era outra que a composición mineral das augas do lodazal no que o équido se rebozaba retozonamente. Esa foi a orixe que dou lugar ao que sería un balneario situado ao mesmo nivel dos grandes centros termais alemáns decimonónicos (Baden-Baden; Wiesbaden; Badenweiler, alí onde finiquitou Chéjov...) ou da Rusia dos Zares (Mineralnye Vody; Piatigorsk, alí onde finiquitaron a Lérmontov...), ao primeiro hotel de cinco estrelas que existío en España ou a unha das mellores marcas de xabóns dos derradeiros cen anos. O sinónimo do luxo, da exclusividade, en definitiva, en Galicia.

A Illa de A Toxa non deixa de ser un territorio estrano, inclasificable. O visitante entra, unha vez cruzada a ponte construida en 1909 para dar saída á crecente industria hosteleira e cosmética que alí empezaba a tomar forma dende finais do XIX, e non sabe moi ben onde se atopa: unha especie de terra de ninguén, rexida polas súas propias leis e costumes. A limpeza e pulcritude que de ordinario caracterizan ata o último dos rincóns do resto do Concello de O Grove aquí son levados ao extremo: un servizo propio de xardinería fai omnipresente o impecable rasurado dos seus céspedes, dos seus ben cuidados xardíns privados; un servizo de seguridade propio fai innecesaria a presencia da Guardia Civil e da Policía Local; a contratación privada da limpeza viaria conleva a innecesariedade dos operarios do concello; por non haber non hai nen abastecemento de auga municipal quedando reducidos os seus servizos á recollida do lixo. O único dos seus reductos aparece representado polo Monte Central, 22 hectáreas de terreo virxe gañados para o concello en 1981 polo primeiro alcalde comunista de Galicia (Xaquín Álvarez Corbacho), un bosque polo que a cotío acuden a pasear os veciños da vila meca e que dende hai un ano conta cuns famosos huéspedes: a parella burros fariñeiros galegos (equus asinus) formada por Emilia e Pardo, aos que se espera en breve se una o primeiro producto da súa relación, un burriño que como non podía ser menos recibirá o nome de Bazán, en homenaxe á popular escritora que inmortalizou nun dos seus contos a historia antes descrita sobor das orixes do termalismo na Illa de A Toxa.

Cruzado o Monte Central, érguese maxestuoso o Gran Hotel Balneario de A Toxa. Construido en 1908 no lugar onde existían dende 1841 unas barracas de pedra e madeira que supuxeron a explotación termal orixinal, a súa configuración arquitectónica actual data dos anos 40 cando se reformou seguindo o modelo racionalista. Primeiro hotel en España en recibir as cinco estrelas, a súa historia vai ligada á adquisición xunto á dos Xabóns de La Toja por un dos galegos máis importantes da historia: Pedro Barrié de la Maza, presidente que foi do Banco Pastor. Non moi lonxe atópanse outros dous hoteis de catro estrelas, o Louxo e o Hesperia Isla de La Toja e entremedias unha curiosa capela de orde bizantino e planta grega, aparente remedo das existentes no arquipiélago heleno, recuberta as sús paredes de conchas de vieira. Actualmente, o Banco Pastor (máis ben Banco Popular) segue a conservar a propiedade do Gran Hotel mentras hai anos se desfixo da sección cosmética da empresa, Jabones de La Toja, ao vendela á xermana Henkel. Antes, no que supuxo un forte golpe económico para as xentes do Grove, para dar saída a unha producción que non daba abasto, trasladáronse as instalacións da fábrica ata Culleredo. Entón caravanas diarias de camións enfilaban á carretera da Coruña transportando no seu interior as afamadas augas minerais da Toxa. Uns camións que a día de hoxe, finiquitada a fábrica de Culleredo, encaran as carreteras do leste de Europa, sede actual daquela fábrica nacida un día a partir dos baños retozóns dun burriño tiñoso e que deron lugar ao maior emporio do luxo e da sofisticación da historia de Galicia.

Con todo o futuro non parece claro, voces críticas álzanse e láianse pola carencia dun proxecto estratéxico a longo prazo. A crise do Gran Hotel e do seu veciño Casino, auténtico motor económico en tempos, son evidentes. Neste sentido cítanse como vitais para atraer a un público exquisito e de máis que elevado poder adquisitivo os nada populares proxectos de construcción dun porto deportivo (oposición do sector marisqueiro por mor dun hipotético dano aos recursos naturais da ría) e de ampliación do campo de golf existente ou de construcción dun novo nun emplazamento distinto (rexeitamento dos ecoloxistas). Alleos a todo elo, Emilia e Pardo, empregados municipais, propiedade do Concello, dan un último bocado á forraxe posta nos seus coquetos cobertizos por algún dos seus compañeiros de plantilla e póñense a cuberto da noite que recén comenza e recordan que, entre tanta sofisticación e luxo, alí onde o metro cuadrado alcanza precios astronómicos, delimitado por unha firme empalizada, un dos máis amplios recintos da illa corresponde a dous sinxelos e humildes burriños fariñeiros galegos, especie en perigo de extinción, principais responsables á fin e á postre de todos os feitos acaecidos en A Toxa dende un curioso día do Ano do Noso Señor de 1837.

DSCN8592
DSCN8593
DSCN8594
DSCN8597
DSCN8598
DSCN8599
DSCN8600
DSCN8601
DSCN8602
DSCN8603
DSCN8605
DSCN8606
DSCN8607
DSCN8608
DSCN8611
DSCN8612
DSCN8613
DSCN8614
DSCN8615
DSCN8620
DSCN8622
DSCN8623
DSCN8624
DSCN8625
DSCN8626
DSCN8628
DSCN8632
DSCN8633
DSCN8636
DSCN8637
DSCN8638
DSCN8639
DSCN8642
DSCN8645
DSCN8646
DSCN8647
DSCN8648
DSCN8649
DSCN8651
DSCN8656
DSCN8658
DSCN8660
DSCN8661
DSCN8662

Comentarios   

 
+3 #1 RE: Camiño do Sur: Illa de A Toxakinos 04-07-2012 21:26
Noraboa a redacion por brindarnos con este fermoso artigo,o cal me deixou un bo sabor de boca, gustariame algun dia visitar esta zona,que segun deleitan as fotografias aqui expostas parece un lugar moi agradable,e si a carteira mo permite aloxarme no afamado hotel A toxa pra envolverme nas suas augas,e asi averiguar si producen os mesmos efectos no meu corpo o igual co burro decrepito do que lle deu fama a ese lugar .Gran reportaxe e gran historia que carecteriza A toxa e O Grove,noraboa de novo.
Citar
 
 
+4 #2 LA TOJABeldoña 04-07-2012 22:17
Era el año 1968, cuando el cura de Abegondo, don Eusebio, decidió organizar una excursión a la Isla de La Toja para los componentes de la catequesis. Yo fui el encargado de dibujar unos panfletos que colgaron en las cristaleras de los dos autobuses de la empresa Vázquez.
En aquella excursión, iba una “ chiquilla “ encantadora, de ojos verdes y piel morena; jovial y hermosa como una flor. En ella que muy pronto se fijarían mis ojos jóvenes, sin perder detalle de aquellos sueños. Las miradas y las sonrisas se cruzaban en medio de los cantares.
Y, ya sobre las blancas arenas, nos adentramos en sus aguas sanas que me hechizaron.
Comprometimos el amor eterno bajo los rizos de sus aguas mansas.
Hoy, he vuelto a revivir aquel día que quedó flotando con la Isla que, a los dos, nos dejó encantados.
Antonio Puertas
Citar
 
 
+3 #3 LA TOJABeldoña 04-07-2012 22:18
LA PERLA DE LA TOJA

¿ Qué es el tiempo ?

Una medida añorada
que se cobija en el alma,
de recuerdos y mentiras,
de verdades y de nada.

Aún fue ayer, que en La Toja,
buceando, nada buscaba,
y un resplandor en la arena
me cegó en medio del agua.

Brillando he visto un tesoro
envuelto en concha de nácar,
me cautivó su belleza
al asomar su mirada.

Y esa mirada cautiva
en medio de aquellas aguas,
pasados los años me dio
cuatro perlitas de nácar.

El tiempo, sueño perdido,
que guardas dentro del alma,
no se sabe lo que oculta
dentro de lo que es la nada.

Antonio Puertas




Citar
 

Escribir un comentario


Artigos relacionados que che poden iinteresar:

36 días antes
Visita á Cidade da Cultura
O conxunto arquitectónico do Mausoleo de Gur-e Amir, enclavado na cidade uzbeka de Samarkanda, co

193 días antes
Camiño do Sur: Ourense
Aquel adaxio que reza que frente a outros lares europeos (Rusia, por exemplo, edificada na súa or

217 días antes
Festa do Marisco do Grove 2012
Ao ver as lexións de turistas que deambulan polas súas rúas nestes días, ao contemplar a multitu

319 días antes
Camiño do Sur: Illa de A Toxa
Todo comenzou en 1837: o propietario dun burro enfermo, terminal, tiñoso para máis señas, non foi

513 días antes
Camiño do Sur: Combarro
A imaxe que un tiña gravada nas retinas dunha poboación cun encanto tan especial como Combarro er
Por favor, registrate para calificar.