A imaxe que un tiña gravada nas retinas dunha poboación cun encanto tan especial como Combarro era a provinte dunha daquelas patrióticas películas españolas dos 60 acerca do servizo militar obrigatorio (os Top Gun cañí) con apuestos guardiamarinas da veciña Academia Naval de Marín e historia de amor incluida, así como a que proviña daquelas axendas de man do Banco Pastor nas que cada catro ou cinco follas se insertaba unha foto en color dunha paisaxe idílica galega. Cando un redactor que o presente subscribe se presentou en Combarro nun día de 2011, a mili pasara á historia había xa ben de anos, aquelas axendas nuncas máis se voltaran reeditar, por non existir xa non existía nin o Banco Pastor e, tamén hai que decilo, aquela Combarro entreverada dun inigualable encanto arcaico tampouco parecía existir.
Porque primeiro aparca un o seu coche diante dun moderno e vistoso Club Náutico para acto seguido comenzar o seu percorrido por un conxunto pétreo de rúas e vivendas totalmente remozado, restaurado, con barandas acristaladas e restaurantes acondicionados dun xeito exquisito. A pesares de ser media tarde dun día de mediados de semana un enxambre de turistas percorre as rúas, saca fotos e, quen sabe, lembra aqueles rapaces sanos e patriotas que dende a veciña Marín visitaban nunha película de mediados dos setenta Combarro, atopando un deles, galán de cine, o amor definitivo. Poboación especialmente idónea para rodaxes cinematográficos, no ano 2001 acolleu ao prescindible, un tanto ridículo e nefasto film de terror "Dagon, la Secta del Mar", cun Paco Rabal xa nas últimas e Raquel Meroño para devorala viva incluso morta de sete días.
Dende o outro lado da Ría de Pontevedra, as chimeneas de ENCE esparcen incombustibles polo aire os fedores que apestarán a cidade do Lérez. Ducias de tendas ca mesma artesanía e ca mesma bruxa á venda na porta indican claramente o tránsito de Combarro de poboación agropecuaria a escaparate turístico e un reflexiona si esto é de verdade o que quere para o seu pobo, alá nas lonxanas brumas do norte. Porque evidentemente en canto a explotación do turismo e hostelería, Combarro a semellanza de prácticamente tódalas Rías Baixas vai bastante anos por diante e entón, claro, no medio de toda esta modernidade, de todas estas tendas repetitivas, de todas estas vivendas rehabilitadas, de todos estos restaurantes de sabrosos e variados menús e de servizo impecable, un non pode evitar pensar en Combarro como nunha poboación que perdío a súa alma.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
Noticias Relacionadas:
Noticias máis antigas na mesma categoría:
|