Escrito por Redacción Camarinas.eu    Martes, 06 de Septiembre de 2011 20:40   
Camiño do Sur: Pazo Baión
España e Península
Nova vida do que foi o gran emblema do narcotráfico en Galicia: o Pazo BaiónUnhas cantas das 75.000 botellas que a Bodega Pazo Baión saca cada ano ao mercado acabaron no Restaurante Puerto Arnela e ahí comenzou a aventura xornalística de camarinas.eu no que foi o emblema máximo do narcotráfico en Galicia. Recibidas as pertinentes invitacións de Juan González Soto unha noite de brumas etílicas e rescatadas do olvido no que languidecían nun perdido bolsillo polo mesmo Juan González Soto, finalmente presentámonos na que fora a gran propiedade de Laureano Oubiña unha sofocante tarde de sábado de finais de agosto do 2011. Mentras se percorre o  sinuoso camiño que leva ata o concello de Vilanova de Arousa, pola radio comenzan a súa tempada os carruseis deportivos. Curvas e máis curvas, aldeas e parroquias vanse sucedendo desesperadamente ata que nunha pequena depresión do terreo, rodeada de viñedos polos catro costados e iluminada polo sol radiante dende o abrente ata o solpor aparece o obxecto da nosa viaxe: aquel que, por causas axenas á súa vontade, converteuse posiblemente no pazo máis famoso, mediático alomenos, de Galicia.

O recordo que un gardaba do Pazo Baión era a daquelas alporizadas nais da droga xunto aos portalóns de ferro en chuviosos días de inverno. Nada que ver ca imaxe ca que nos recibía na data actual unha propiedade que pasou mil vicisitudes ao longo da súa historia: nacida no século XV no seo dunha familia nobiliaria á que pertenceu durante máis de 400 anos foi cos cambios sociais que comenzaron a abrirse paso a finais do século XIX, cando a nova clase social emerxente, a burguesía, adquire o conxunto por mediación dun indiano retornado das Américas. Entón plántase o palmeral que da o toque tropical ao conxunto e constrúense as vaquerizas que dominan a parte superior dun pazo que a partires deste momento entra nunha fase de sucesivos cambios de mans ata que na década dos 80 pasa a ser propiedade durante un breve lapso de tempo do home que o faría mundialmente famoso: Laureano Oubiña.

Nada queda daquel tempo turbulento, tan só a fama. Agora reluce un conxunto cuidado ata o máis mínimo detalle, restaurado e rehabilitado cun gusto exquisito. Un xove rapaza de profesionalidade impecable guía ao visitante nunha ruta que inclúe un palomar reconvertido en sala de cata, unhas parras que en breve serán vendimiadas e unhas vaquerizas nas que  se instalaron dende salóns de comida e baile ata as salas nas que fermenta un dos mellores viños albariños do mundo. Para manter os caldos producidos no Pazo Baión nun nivel de excelencia a empresa propietaria do mesmo, Bodegas Condes de Albarei, decide etiquetar ao ano tan só 75.000 botellas, as cales únicamente se poderán adquirir ben en tendas especializadas (Rincón del Gourmet de El Corte Inglés) ou ben en restaurantes de renome gastronómico (Restaurante Puerto Arnela).

Cuidadas etiquetas serigrafiadas sobre as botellas, elaborados folletos impresos, expresan inocuamente a idea preside a concepción do revivido Pazo Baión: a da metamorfosis, se ben non se menciona respecto a que se produce tal cambio. Nin unha soa alusión ao pasado recente, nin unha soa mención a anteriores propietarios. Finalmente, unha degustación acompañada de frutos secos pon fin á visita. A adquisición de pequenas caixas a prezo de fábrica constitúe unha tentación á que os amantes do albariño difícilmente poden substraerse. Durante o camiño de volta caen os primeiros goles da tempada, goles que á fin e á postre a ninguén lle importan: Madrid e Barça, incluso o por estas latitudes maioritario Celta, non xogarán os seus encontros ata o día seguinte. E mentras eses primeiros pasos futbolísticos do curso 2011-2012 avanzan entre a indeferencia e o anonimato, un non pode evitar pensar que tan só uns poucos meses entre máis de 500 anos de existencia foron suficientes para conferirlle ao Pazo Baión a súa celebridade mundial e que paradóxicamente a compra do mesmo polo narcotraficante convicto Laureano Oubiña acabou constituindo un ben, o mellor regalo en publicidade, notoridade e inversión, para o pazo e para toda a súa comarca.

DSCN8365
DSCN8368
DSCN8369
DSCN8370
DSCN8371
DSCN8372
DSCN8374
DSCN8375
DSCN8377
DSCN8378
DSCN8381
DSCN8385
DSCN8386
DSCN8387
DSCN8388
DSCN8389
DSCN8391
DSCN8392
DSCN8394
DSCN8396
DSCN8398
DSCN8399
DSCN8400
DSCN8407
DSCN8408
DSCN8409
DSCN8410
DSCN8411
DSCN8414
DSCN8415
DSCN8417
DSCN8418
DSCN8419
DSCN8420
DSCN8421
DSCN8424
DSCN8425
DSCN8426
DSCN8427
DSCN8429
DSCN8430
DSCN8431
DSCN8433
DSCN8435
DSCN8438
DSCN8439

Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar