Houbo un tempo en Camariñas no que un grupo de rapaces, alá a principios dos 90, moito antes de proxectos da Bruxa de Blair, anticipándose ao xélido Cinema Dogma nórdico, rodaba de forma artesanal, cámara en man, con fase de montaxe posterior e banda sonora incorporada, un díptico cinemátográfico que pasou aos anales: o film "Vietnam, Cus polo aire" e o seu digno colofón "Colombia, os Pazos da Droga". Nesta última un chalet en plena Agra de Abaixo, cun frondoso daquela Monte da Xesteira ao fondo, equivalía a un palacio da xungla amazónica que era defendido por unha depauperada banda de veteranos de Vietnam dun axuste de contas mortal entre carteis do narcotráfico colombiano. Moitos anos despois, un dos protagonistas desta lexendaria cinta cinematográfica, volatilizada co pasar dos anos, sentío un ramalazo de nostalxia por aquela artística adolescencia ida ao visitar nunha tarde de principios de xuño o Pazo de Vista Real.
Prácticamente na fronteira que delimita os concellos de Vilagarcía de Arousa, pola cara norte, e Vilanova de Arousa, pola cara sur, un pouco máis abaixo do Lugar de Eiviño, atópase dende finais do século XVIII o Pazo de Vista Real, o último dos emporios inmobiliarios en ser arrancado das garras do narcotráfico en Galicia. Xigantesca finca de máis de 24.000 kilómetros cuadrados, con máis de 2,5 hectáreas de cepas do mellor viño albariño, catalogado o seu conxunto ca máis alta protección urbanística otorgada pola Dirección Xeral de Patrimonio, dotada dun ermita propia e ata de pistas de tenis, fíxose famosa máis ou menos ao mesmo tempo que aqueles intrépidos cineastas camariñáns reflexaban no celuloide a cara máis negra do letal mundo dos clans da droga, ao ser mercada pola familia Charlín e convertirse no gran emblema do narcotráfico no Salnés. Incautada pola Axencia Tributaria cando finalmente as aventuras mercantís (bueno, eso creemos) do clan anteriormente mencionado chegou ao eu fin, foi adquirida en pública subasta polo Concello no que se asenta, Vilanova de Arousa, por máis dun millón de euros en xaneiro de 2011 e foi aberta aos seus veciños como espazo de lecer e desfrute. Folga decir que o Alcalde revalidou unha aplastante maioría absoluta.
E así deixou de ser o mellor exemplo daquela estirpe de familias narcotraficantes típicas de finais dos 80 e principios dos 90, novos ricos, que facían da ostentación pública da súa riqueza un modo de vida, xa fora adquirindo deportivos de estilizadas liñas italianas, pazos centenarios (Oubiña, os propios Charlíns) ou presidencias de clubs de fútbol (Sito Miñanco). E claro, mentras se percorre non co Monte da Xesteira pero sí ca Ría de Arousa ao fondo os xardíns do que foi un dos auténticos pazos da droga en Galicia, un non pode evitar lembrar a Pablo Escobar, correndo despavorido polos tellados de Medellín e a todo un país posto aos pes dunha guerra civil pola súa obra e gracia; a Tony Montana ("The world is yours") no cume do mundo e dunha escalinata de mármol defendéndose fusil ametrallador en man do ataque de hordas asaltantes, chuspindo sangre polo seu corpo e chuspe pola súa boca mentras bailaba a danza final; e a aquel grupo de artísticos adolescentes camariñáns que pretenderon reflexar, mellor ou peor, no celuloide as andanzas daquel mundo implacable de principios dos 90 que lles tocou vivir.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
Noticias Relacionadas:
Noticias máis antigas na mesma categoría:
|