Dende o Mirador do Monte da Siradella divísase o circular formigueante de centos de coches a través da Ensenada de O Bao, estreita lingua de terra que conecta a Península do Grove co resto do mundo. A un lado a kilométrica Praia de A Lanzada, ao outro a Ría de Arousa. Rodeados polos catro costados por un mar de auga, cara o poniente resplandece o diseminado conglomerado urbán da segunda das parroquias do concello, San Vicente, entre sinxelas casas unifamiliares, chalets impoñentes e urbanizacións de luxo. Máis alá a Illa de Ons, co seu solitario faro no cume, dota de visibilidade ao navegante e pasada a ermida da Nosa Señora da Lanzada, non moi lonxe, esperan sen solución de continuidade Portonovo e Sanxenxo. Porque nos atopamos por un estrano azar do destino no epicentro da Costa Azul galega, un paraíso do turismo que atrae cada ano centos de miles de visitantes chegados de todas as partes da Península Ibérica.
Outro ir e vir continuo, este de autobuses repletos de visitantes estacionan día tras día no amplio aparcamento do porto e enchen os distintos ferries que visitarán as illas atlánticas (Sálvora, Ons Grande, Ons Pequena) ou darán unha sinxela volta á ría máis fértil de Galicia. Nas últimas horas da tarde mentras as dornas descansan erguidas no seu soportes ao carón do malecón do Paseo Marítimo de Lordelos non é raro divisar as traineras do Club de Remo Mecos ou de Amegrove adestrar duramente para tentar voltar á primeira división do remo español, a Liga ACT, e alí superar a vascos e cántabros. Estamos no Grove, a Patria dos Mecos, unha península onde o remo é o deporte rei.
Polas estradas os coches con matrícula de Portugal compiten en número cos automóviles patrios: non se debe olvidar que cando a invasión turística acade un dos seus puntos culminantes alá polo mes de outubro ca xa cincuentenaria Festa do Marisco o país veciño contará cun día propio no seu honor. Foi en 1963 cando se dou o pistoletazo de saída a unha das festas gastronómicas pioneiras de Galicia, na que na derradeira edición chegáronse a servir cáseque 200.000 racións e que inunda ano tras ano as carpas instaladas no porto de ducias de miles de turistas ávidos por degustar o producto que convertío a este concello nun verxel gastronómico. Previamente, na semana final de xullo, eses mesmos visitantes poderán mollar o gaznate con fruición na Festa do Albariño no veciño Concello de Cambados.
Carácter isleño das súas xentes, unha poboación que en época estival cuadriplica o seu número, unhas terras especialmente aptas para o turismo e no que o sector hosteleiro leva un adianto como mínimo de 30 anos respecto as agrestes costas do norte galego, concello asemesmo ligado por tradición ao sector conserveiro no que ata tres firmas se apousentan no seu chan: Isabel, Thenaisié-Provoté (Grandes Hoteles) e Frigrove, un microclima propio e a beleza propia dun verxel xeográfico, a Illa da Toxa co seu balneario e casino. Esas poderían ser, sen ánimos de ser exhaustivos, algunhas das notas que caracterizarían a O Grove, o máis parecido ao paraíso que pode atoparse un neste mundo de Deus.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
Noticias Relacionadas:
Noticias máis antigas na mesma categoría:
|
Comentarios
Unha preciosa e impecable reportaxe digna desas fermosísimas imaxes da nosa terra galega.
Un agarimoso saúdo ao seu autor.
Antonio Puertas
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.