|
|
| Xeografia.eu: Feira de Abril de Rota, Cadiz |
| España e Península | |||
Un paseo pola Feria de Abril da man de Pión
Despois de percorrer lugares tan lonxanos como Rusia ou Mauritania, Xeografía.eu, a sección da web líder da Costa da Morte que visita algúns dos lugares máis fermosos do planeta, volve os seus ollos cara España, concretamente cara as terras de Andalucía, a cal tralos emotivos días da Semana Santa, estalla durante o mes de abril nunha festa plena de xúbilo e ledicia na que o flamenco e as sevillanas, o fino e os rebujitos, os traxes de faralaes e as carrozas engalanadas, as gambas e o pescaíllo frito conviven nunha amalgama de xolgorio e colorido que é captada pola nosa usuaria Pión nunha reportaxe digna da mellor revista de viaxes e que ven a confirmar que só os usuarios de camarinas.eu poden convertir unha visita a calqueira lugar do mundo nunha obra de arte.Un paseo pola Feria de Abril da man de Pión
A Feria de Primavera ou de Abril este ano empezou o 30 de abril e durou ata o 3 de maio. Dentro do recinto feiral hai instaladas unhas 40 casetas, das que cinco eran fixas (pertencentes ao Concello de Rota e ás distintas asociacións) sendo o resto portátiles de bares, restaurantes e distintas asociacións menores, en todas se baila e canta sevillanas. Esta é unha Feria mui familiar, aínda que este ano 2009 coincidindo co Gran Premio de Motociclismo de Jerez ven moita máis xente. Sempre hai un día para a muller que suele conincidir co 1 de maio no que as féminas da casa van a comer a Feria sin fillos e sin homes, o resto dos días van en familia e están alí todo o día comendo pescadito frito, xamón, queixo e gambas de Sanlúcar: cantan, bailan e beben "rebujito" que é unha bebida típica das ferias de Andalucía, mezcla de viño fino con Sprite ou Seven Up.
Trátase dunha feria mui cómoda, característica que fai que ata moitos sevillanos se acerquen por aquí e non queiran quedar na súa Feria de Sevilla porque alí teñen demasiada multitude de xente. Na feira tamén se aproveita para facer concursos de bailes de sevillanas e concursos hípicos, xa que na cultura andaluza o cabalo é un animal moi presente sempre en todo tipo de manistacións artísticas como demostran as carrozas, todo o día pasando arredor da Feria: o que queira subir nelas si tes amistade vas gratis, si non tes que pagar para pasear nela, nos fomos o viernes e o domingo porque ao ter o neno só vamos en horas diurnas, xa que nas noites é demasiada a marcha que hai. En definitiva, trátase dun espectáculo moi gratificante e digno de ver, polo que animo a tódolos usuarios de camarinas.eu cando podan e si a crisis o permite, a que se veñan a dar unha volta por estas terras gaditanas de Rota, en especial á súa Feria de Abril.
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:
|


Comentarios
fas majas maria pasalo pipa po ano vamos todos a bailar que e o noso.
PION MOI BONITAS AS FOTOS SI SEÑOR QUE IDEA CHE DOU EH JAJAJA POIS FAINO MAS VECES QUE ESTA MOI CHULO CON MOITO JUSTO ME PASARIA EU ESAS FESTAS JAJAJA PERO BUENO ABER SI TOCA A LOTOO AH O CATIVO ESTA FEITO UN ARTISTA TI ALJO BELLIÑA PERO ESO SI ESTAS MUY JUAPA VEÑA SALU2 PA TI O TEU HOME E MAIS MAIS PA ESE CATIVO QUE PARECE UN ARTISTA SI SEÑOR
PION:fas majas ,boas fotos e todo muy bonito,ti tamen estas juapa e mais o rapas,caramba que ben o pasades,fasedes ben,aproxima feira hay que vestirse de faroles ,e ir en carrosa,chao mosa un saludiño a JUAN .cua cua cuac
Si señor unha reportaxe barbara, a pena e que os protas solo se ven no principio,po ano, a ver si sacas mais fotos de vos, que ten mais merito.
PION ESTADES ESTUPENDOS ,O NENIÑO ESTA MUI BONITO.AS FOTOD DOS CABALLOS MIMA QUE BONITAS,XA ME ALEGRO QUE MANDARAS ESTAS FOTOS .UNH BICO AMIJA
hay pion, e eu que che queria ver vestida de sevillana, po proximo ano cando mandes as fotos o menos que podes faser e vestirte e mandarnos unha fotiño con un vestidiño de lunares.As fotos todas muy chulas e o neno esta juapisimo xa dou un boo estiron.bikiños.
MUI BONITAS FOTOS PION SI SEÑOR MUI BONITAS FAS MAJAS PERO PARA PROSIMA TES QUE BAILAR TI TAMEN VALE BEÑA SALUDIÑOS SEFA E OS PEDROS
fas majas pion,que ben o pasades por ahí,ehh??.A disfrutar e sejir ben.un saludo desde cartagena
Moi chulas as fotos pion...AiNDA AS BIN AORA JEJE...
Moi chulo o reportaje
saludos
....CHULISIMAS AS FOTOS,ESTO E O BON DE ESTA PAGINA,MILES DE AMIJOS,MILES OLLOS POLO MUNDO..VIVAN OS AMIJOS DE CAMARINHAS.EU!!!!!!!!SALUD OS.
VITO
Ke Karina?,fas unha reporteira barbara...!esperamos mais reportajes teus,de todos os actos ke se fajan por ahi!estades mui ben,ti mais o neno ke, esta mui simpatiko ko traxe tipiko de ali,bueno espero ke todo bos vaia ben por ahi abaixo,saludos a os tres!
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.