Escrito por Redacción Camarinas.eu    Viernes, 23 de Diciembre de 2011 09:50   
Camiño do Sur: Combarro
España e Península
Cabazos de Combarro ao carón da Ría de Pontevedra A imaxe que un tiña gravada nas retinas dunha poboación cun encanto tan especial como Combarro era a provinte dunha daquelas patrióticas películas españolas dos 60 acerca do servizo militar obrigatorio (os Top Gun cañí) con apuestos guardiamarinas da veciña Academia Naval de Marín e historia de amor incluida, así como a que proviña daquelas axendas de man do Banco Pastor nas que cada catro ou cinco follas se insertaba unha foto en color dunha paisaxe idílica galega. Cando un redactor que o presente subscribe se presentou en Combarro nun día de 2011, a mili pasara á historia había xa ben de anos, aquelas axendas nuncas máis se voltaran reeditar, por non existir xa non existía nin o Banco Pastor e, tamén hai que decilo, aquela Combarro entreverada dun inigualable encanto arcaico  tampouco parecía existir.
Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Martes, 06 de Septiembre de 2011 20:40   
Camiño do Sur: Pazo Baión
España e Península
Nova vida do que foi o gran emblema do narcotráfico en Galicia: o Pazo BaiónUnhas cantas das 75.000 botellas que a Bodega Pazo Baión saca cada ano ao mercado acabaron no Restaurante Puerto Arnela e ahí comenzou a aventura xornalística de camarinas.eu no que foi o emblema máximo do narcotráfico en Galicia. Recibidas as pertinentes invitacións de Juan González Soto unha noite de brumas etílicas e rescatadas do olvido no que languidecían nun perdido bolsillo polo mesmo Juan González Soto, finalmente presentámonos na que fora a gran propiedade de Laureano Oubiña unha sofocante tarde de sábado de finais de agosto do 2011. Mentras se percorre o  sinuoso camiño que leva ata o concello de Vilanova de Arousa, pola radio comenzan a súa tempada os carruseis deportivos. Curvas e máis curvas, aldeas e parroquias vanse sucedendo desesperadamente ata que nunha pequena depresión do terreo, rodeada de viñedos polos catro costados e iluminada polo sol radiante dende o abrente ata o solpor aparece o obxecto da nosa viaxe: aquel que, por causas axenas á súa vontade, converteuse posiblemente no pazo máis famoso, mediático alomenos, de Galicia.
Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Miércoles, 13 de Julio de 2011 11:11   
Camiño Do Sur: Illa de Arousa
España e Península
Bénder, o redactor canino máis viaxeiro visita o Faro de Punta Cabalo, na Illa
A Arousa para os da Illa. A Illa para o resto dos de Arousa. Un territorio de sete kilómetros cuadrados ubicado no centro mesmo da ría máis fértil de Galicia illado secularmente do continente ata que no ano 1985 se construío a ponte que o une ao resto do mundo. Unha constitución en concello propio ("A Independencia") das últimas de Galicia e acadada tras anos de dura loita frente á súa antiga metrópoli, Vilanova de Arousa, e celebrada aínda a día de hoxe como festa nacional. Unhas xentes que despois de anos nos que unha liña regular de ferries marítimos era a única vía de conexión forxaron un carácter distinto, isleño levado ao extremo. Un verxel para o visitante e un lugar digno de visitar. A ruta sureña de camarinas.eu chega ata a Illa de Arousa, a maior ínsula da xeografía galega.
Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Sábado, 02 de Julio de 2011 12:30   
Camiño Do Sur: O Grove
España e Península
O noso querido redactor Bender surcando os mares do surDende o Mirador do Monte da Siradella divísase o circular formigueante de centos de coches a través da Ensenada de O Bao, estreita lingua de terra que conecta a Península do Grove co resto do mundo. A un lado a kilométrica Praia de A Lanzada, ao outro a Ría de Arousa. Rodeados polos catro costados por un mar de auga, cara o poniente resplandece o diseminado conglomerado urbán da segunda das parroquias do concello, San Vicente, entre sinxelas casas unifamiliares, chalets impoñentes e urbanizacións de luxo. Máis alá a Illa de Ons, co seu solitario faro no cume, dota de visibilidade ao navegante e pasada a ermida da Nosa Señora da Lanzada, non moi lonxe, esperan sen solución de continuidade Portonovo e Sanxenxo. Porque nos atopamos por un estrano azar do destino no epicentro da Costa Azul galega, un paraíso do turismo que atrae cada ano centos de miles de visitantes chegados de todas as partes da Península Ibérica.
Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Martes, 21 de Junio de 2011 21:00   
Camiño do Sur: Pazo de Vista Real
España e Península
Bénder pasa revista ao último dos emporios do narcotráfico en GaliciaHoubo un tempo en Camariñas no que un grupo de rapaces, alá a principios dos 90, moito antes de proxectos da Bruxa de Blair, anticipándose ao xélido Cinema Dogma nórdico, rodaba de forma artesanal, cámara en man, con fase de montaxe posterior e banda sonora incorporada, un díptico cinemátográfico que pasou aos anales: o film "Vietnam, Cus polo aire" e o seu digno colofón "Colombia, os Pazos da Droga". Nesta última un chalet en plena Agra de Abaixo, cun frondoso daquela Monte da Xesteira ao fondo,  equivalía a un palacio da xungla amazónica que era defendido por unha depauperada banda de veteranos de Vietnam dun axuste de contas mortal entre  carteis do narcotráfico colombiano. Moitos anos despois, un dos protagonistas desta lexendaria cinta cinematográfica, volatilizada co pasar dos anos, sentío un ramalazo de nostalxia por aquela artística adolescencia ida ao visitar nunha tarde de principios de xuño o Pazo de Vista Real.
Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Lunes, 28 de Marzo de 2011 19:34   
Un Camariñán na terra dos faraóns
España e Península

Ignacio Crespo Leñeiro, un Camariñán en Exipto

Ignacio Crespo Liñeiro, veciño da Coruña, pero coas súas raíces maternas na vila de Camariñas é Licenciado en Historia e a súa especialización é a arqueoloxía terrestre e subacuática. Acaba de regresar de Exipto, onde tivo que deixar sen terminar o seu traballo debido á revolución que ven de sufrir recentemente o país dos faraóns. A arqueoloxía, dinos,  é unha profesión vocacional aínda que o camiño que lle levou até Exipto, a meca do seu traballo, foi longo.
Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Domingo, 13 de Junio de 2010 12:35   
Retorno de Josefa Carril Rodriguez
España e Península

A Sofía grande, a Sofía pequena, Marimonte e Maruja arropan a Sefa no seu retorno ao fogar
A Sofía grande, a Sofía pequena, Marimonte e Maruja arropan a Sefa no seu retorno ao fogar

O retorno máis desexado

Foron moitos os veciños de Camariñas que debido a crise inmobiliaria perderon os seus traballos en Canarias e tiveron que emprender o camiño de regreso cara a súa terra nai. Aínda que estrictamente este non foi o caso de Josefa Carril Rodríguez, a nosa querida Sefa, a Reina dos usuarios de camarinas.eu aproveitou a estela surxida do maior descalabro económico que sufrío o mundo en moito tempo e as poucas posibilidades que ofrecía unha Fuerteventura ferida de morte pola crise para retornar a Camariñas. Alá na illa africana queda un fogar en propiedade alquilado a unha parexa por un ano e ao que espera poder volver de vez en cando. Aquí, o seu esposo Pedro, axiña atopou traballo como mariñeiro no Navaliño, e o seu fillo Pedro busca xa activamente unha colocación que seguramente non se fará esperar ben no mar, ben no sector servicios. E a Sefa, podemos vela a diario feliz, ilusionada, paseando nas primeiras horas da mañán ao longo do Paseo Marítimo de Area da Vila cos seus canciños Lori e Cuqui, limpiando concienzudamente a porta da súa casa no Muiño do Vento, paladeando as sabrosas tapas do Arnela rodeada das súas innumerables amigas, ao carón da súa familia: a súa sobriña Gelinita, as súas irmáns Sofía e Gelina, con Juanillo, incluso ata o mesmísimo alcalde de Camariñas quixo acudir a rendirlle os debidos honores... O único problema: que debido a diversos incovenientes técnicos no entorno do Muiño do Vento, Telefónica non lle instalará internet disque ata alá polo mes de agosto. Polo que ante as gravísimas consecuencias que elo pode traer aparellado para camarinas.eu, dende esta humilde redacción facemos un chamamento aos técnicos de Telefónica de España a ver si poden axilizar os tramites. En todo caso, o importante e que Sefa, Rubiasexy, xa está en Camariñas, xa está cos seus.

Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Sábado, 27 de Marzo de 2010 03:02   
Cumpreanos.eu: Josefa Carril Rodriguez
España e Península

Cumpreanos da Reina de camarinas.eu

A gran Reina de camarinas.eu, Josefa Carril Rodríguez, cumpre 55 maravillosos anos
A gran Reina de camarinas.eu, Josefa Carril Rodríguez, cumpre 55 maravillosos anos

Pois xa van tres. Tres cumpreanos felicitados na páxina Reina da Costa da Morte á principal usuaria de camarinas.eu. Unha muller que como decíamos a semana pasada fixo máis por expandir internet no Concello de Camariñas que un batallón de políticos, unha camada de asociacións e unha patrulla de pseudo-periodistas aficionados que archimegacámara en plan bazooka en man sin mostacho (afeitado agora) deambulan polas rúas de Camariñas. Porque cando se ama a Camariñas dende o fondo da alma, non valen tonterías nin chorradas. Unha señora, todo corazón, á que as circunstancias da vida fixeron ter que vivir lonxe do seu pobo amado e aínda así día tras día, ao pe do cañón, sigue conectada co mesmo a través da páxina de Camariñas, convertida na súa redactora audiovisual. Porque constitúe un auténtico honor que semellante dama, rubia, fermosa, inalcanzable para os simples mortales, escriba a diario nesta humilde páxina, procedemos a publicar por terceira vez (30 veces si fai falta) o seu cumpreanos, o sagrado día do 27 de marzo declarado oficialmente Día de Josefa Carril Rodríguez en Camarinas.eu, cun desfile de impresionantes vídeos dedicados (Aniña de Sofía, Karina, Pitiflor) incluido. Sefa, FELIZ 57 CUMPREANOS!!!!

Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Miércoles, 17 de Marzo de 2010 20:27   
Carnavales Fuerteventura 2010
España e Península

¡¡Unha estatua para Sefa XA!!

Pedro e Sefa, a Rubia máis sexy existente nos mares procelosos de internet, posan xuntos en Fuerteventura
Pedro e Sefa, a Rubia máis sexy existente nos mares procelosos de internet, posan xuntos en Fuerteventura

E tal vez debamos ir plantexándonos xa moi en serio que un día non moi remoto haberá que facer xustiza e teñamos que poñerlle unha estatua no medio de Camariñas a María Josefa Carril Rodríguez, alias Sefa, alias Rubiasexy, unha muller  sinxela e traballadora que fixo máis por extender internet polo concello adiante que quinientas brigadas de políticos e cinco mil batallóns de asociacións xuntos. De forma calada, de forma constante e sempre, sempre, co seu lonxano pobo da alma en mente. Poucas veces veces se vío semellante amor pola terra nai, pola súa Camariñas. Unha dama, en definitiva, talento en estado puro que cun ordenador por diante é capaz de crear as filigranas e as xoias informáticas máis exquisitas: vídeos, fotos e montaxes que lle valeron xa hai tempo ser elevada á categoría de reporteira audiovisual de camarinas.eu. Aquí dixéramos non sabemos cantas veces que si, que desta iba, que era o último reportaxe que adicábamos ao Carnaval 2010, pero amigos estando a nosa sagrada Sefa por medio non hai dimes nin diretes, nin tutelas nin tu tías (que diría Fraga). Só hai talento. En estado puro. Con todos vostedes a Rubia máis sexy de internet nos Carnavales de Fuerteventura 2010.

Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Miércoles, 24 de Febrero de 2010 14:53   
Carnavales de Cadiz 2010
España e Península
Pión remítenos unhas fotos dunhas terras caracterizadas por ter un dos mellores carnavais do mundo
Pión remítenos unhas fotos dunhas terras caracterizadas por ter un dos mellores carnavais do mundo

Camarinas.eu, forte na Provincia de Cádiz

Para rematar a cobertura máis completa e exhaustiva do Entroido de Camariñas, camarinas.eu procede a publicar unha noticia que se está a convertir nun clásico na web máis vista cunha diferencia xa insondable da Costa da Morte: a dos Carnavales de Rota. E decimos ben, Entroido de Camariñas, porque todo o que aconteza na sureña provincia gaditana posúe en esta web un aire inequívocamente camariñán: en Rota,  reside ca súa entrañable familia a nosa redactora Karina Rodríguez (Pión), sempre en alerta xornalística para enviar ao medio de comunicación para o que traballa de forma altruista fotos de calidade como as presentes; un pouco máis ao sur, en San Fernando, quen ten a súa residencia é o noso tamén usuario Sergio Pasantes Campaña en compañía  da súa flamante esposa Pamela Rey (e de Flequi, que ninguén se olvide da cadeliña Pastor de Brie, comandante en xefe do PPC, a Policia Perruna de Camarinas.eu, non confundir co Partido Popular de Cataluña... ou de Carnota). E finalmente, tamén dende as antiquísmas terras do Gadir fenicio, concretamente dende Jérez de la Frontera, a cuna do sherry, chegou un día a esta redacción Bénder, o outro redactor perruno da web e comandante en xefe do CCCP (Cuerpo Canino Camarinas.eu de Policía). ¡¡ESTAMOS FORTES EN CÁDIZ!!

Por favor, registrate para calificar.
 


Página 1 de 2