|
Continente Europeo
|
|
Escrito por Administrador
|
|
Lunes, 11 de Mayo de 2009 22:32 |
Cumpreanos de Jenny Blanco
 Jenny Blanco unha das nosas usuarias que dende Suiza non se olvida nin un só día do seu pobo da alma
¿Podía olvidarse de Jenny Blanco camarinas.eu? Evidentemente non podía suceder tal cousa. Aínda que nesta web temos a memoria un pouco tocada debido aos excesos festeiros destes últimos tempos estaba atenta para avisarnos de tan sinalada data a nosa fermosa usuaria Vanessa_19, irmá de Jenny. O caso é que como os redactores estamos xa un tanto deteriorados física e psíquicamente, cando queirades que se felicite un cumpreanos mandade un e-mail a
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
polo menos cun día de antelación (se pode ser acompañado de fotos e dun texto) para que a noticia se publique ás 00:00 horas do día grande dese ser querido para vos e desta forma a noticia sexa realmente efectiva. Así o atestigua a nosa experiencia.
En fin, outro cumpreanos en camarinas.eu. Noticias das que (como en todo o demáis) fui pioneira a nosa web publicando xa dende o principio todos os cumpreanos dos nosos usuarios sin o menor problema. Porque esta foi a web na que por vez primeira nun medio de comunicación de masas o pobo humilde e traballador tomou o control e fíxose dono do mesmo. Como é o caso da familia Blanco, que xa sexa dende Buría ou dende Suiza sigue día a día as novedades e noticias do seu concello da alma, xa sexa o pai de Jenny Luis do Cotro, seu tío Ramón, súa prima Elena ou a súa irmán Vanessa. Porque no fondo camarinas.eu non deixa de ser unha gran famiilia. ¡¡FELICIDADES JENNY, E PERDONA QUE SEXAN UN POUCO ATRASADAS!!
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
Continentes Americanos
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
|
|
Sábado, 09 de Mayo de 2009 12:30 |
Conferencia de Xosé Luis na Universidade de Puerto Rico
 A redacción de camarinas.eu con Xosé Luis Blanco Campaña o día da súa cena homenaxe no CNC
O noso usuario e mestre Xosé Luis Blanco Campaña, non se olvida do seu pobo natal dende a tropical Puerto Rico e envíanos unha nota de prensa acerca da conferencia coloquio que impartirá este venres 15 de maio ao lado da Profesora Matilde Albert Robatto na Universidade de San Juan de Puerto Rico, último enclave do Imperio español en América. A conferencia versará sobre Ramón Piñeiro ((Láncara -Lugo, 1915 - Santiago de Compostela, 1990), un vello coñecido de Xosé Luis, intelectual e político, unha das figuras senlleiras do galeguismo durante o século XX, fundador e un dos primeiros directores da editorial Galaxia e da revista Grial e posteriormente diputado independente do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE que é a personalidade homenaxeada este ano 2009 no Día das Letras Galegas. Pulsa na imaxe para ler o email enviado por Xosé Luis.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
España e Península
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
|
|
Jueves, 07 de Mayo de 2009 14:34 |
Un paseo pola Feria de Abril da man de Pión
 María e o seu pequeno paseando tranquilamente polo interior do recinto da Feria de Rota, Cádiz
Despois de percorrer lugares tan lonxanos como Rusia ou Mauritania, Xeografía.eu, a sección da web líder da Costa da Morte que visita algúns dos lugares máis fermosos do planeta, volve os seus ollos cara España, concretamente cara as terras de Andalucía, a cal tralos emotivos días da Semana Santa, estalla durante o mes de abril nunha festa plena de xúbilo e ledicia na que o flamenco e as sevillanas, o fino e os rebujitos, os traxes de faralaes e as carrozas engalanadas, as gambas e o pescaíllo frito conviven nunha amalgama de xolgorio e colorido que é captada pola nosa usuaria Pión nunha reportaxe digna da mellor revista de viaxes e que ven a confirmar que só os usuarios de camarinas.eu poden convertir unha visita a calqueira lugar do mundo nunha obra de arte.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
Continente Europeo
|
|
Escrito por Administrador
|
|
Martes, 28 de Abril de 2009 12:27 |
San Xurxo tamén se celebrou en Suiza
 O Patrón de Camariñas tamén estivo presente en Suiza en forma de esquisito pastel de chocolate
Queridos amigos, en camarinas.eu pensábamos que gran parte dos emigrantes camariñáns residentes en Suiza fixeran un pequeno alto nos seus respectivos traballos para celebrar o seu patrón na vila dos encaixes pero non todos poideron achegarse ata Camariñas no día grande de San Xurxo. Por eso, a gran maioría dos camariñáns residentes nas lonxanas e frías terras helvéticas xuntáronse no Centro Español de Delemont para honrar tan importante día como realmente se merecía: cunha gran cena e cunha festa por todo o alto.
Según nos conta o noso redactor Diego Pouso á dita cena asistiron un total de 50 persoas que degustaron un esquisito menú a base de ensaladilla, xamón asado con guarnición e un postre moi especial adicado ao noso San Xurxiño. Ao final da cena empezaron os chupitos e os refrigerios cubateriles que fixeron saltar á pista de baile ao máis reticente para danzar ao ritmo do noso querido amigo DJ Javi Varela. En fin, queridos usuarios, un camariñán siempre será un camariñán en calquer parte do mundo onde se encontre. Pulsa na foto para ver unha galería fotográfica de cáseque 100 fotos da Festa de San Xurxo en Delemont.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
Continente Europeo
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
|
|
Viernes, 17 de Abril de 2009 11:57 |
Subcampeóns mundiais da emigración
 O Fútbol camariñán representado por un combinado de luxo no Mundialito da emigración Delemont-1980
Estábamos na tarde deste xoves 16 de abril librando unha batalla mortal contra os virus na redacción de camarinas.eu, cando pola porta asomou o noso querido amigo José Figueiras (Pepe da Rusa) cunha foto entre as mans da que en seguida nos demos conta que era merecedora dunha portada na web dos 5.000.000 de visitas pola historia que portaba consigo e polos valores que representaba. Tratábase dunha imaxe do equipo íntegramente camariñán formado por un puñado de patriotas en Suiza e que disputou o Mundialito da emigración organizado polo Centro Español de Delemont e no que quedaron subcampeóns tras perder a final ante un combinado italiano por un agónico 1-0. Pulsa na foto para ver a imaxe a tamaño natural duns héroes anónimos.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
España e Península
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
|
|
Jueves, 26 de Marzo de 2009 23:55 |
O Cumpreanos da Reina de camarinas.eu
 Sempre xoven, sempre fermosa, Josefa Carril Rodríguez cumpre un ano máis qe apenas se lle notará
Cando alá por novembro de 2007 os seus sobriños nos comentaron que tiñan unha tía que emigrada nas polvorientas terras de Fuerteventura adobecía por rexistrarse como usuaria de camarinas.eu, os redactores aínda non podíamos siquera imaxinar o que aquela gran muller ía significar para esta web e o influxo e a maxia que tería entre os seus usuarios. Por eso o día do cumpreanos desta dama eternamente xoven e infinitamente fermosa sempre será día de festa en camarinas.eu e felicitaráselle as veces que sexan necesarias, aínda que sexa a costa de incumprir ríxidas regras que para Sefa nunca existirán, porque ela estára sempre por encima do ben e do mal. Polo menos nesta web.
Por eso o seu cumpreanos sempre ven precedido dunha certa axitación entre o noso electorado: uns usuarios avisando da data que se acerca, un redactor facendo unha espectacular montaxe, outro escribindo un texto acorde ca efeméride, unha terceira elaborando un impresionante vídeo. Porque eso é camarinas.eu: un equipo, unha familia, que en cantidade cada vez máis crecente, pasados xa con moito os 4.500.000 de visitas, se reúne aquí cada día para festexar as alegrías e compartir as penas nestes duros tempos de crisis. Por eso existe camarinas.eu. E si non existise habería que inventala. Ao igual que Sefa: porque Rubiasexy só haberá unha. E por elo, toda a redacción en cubierta, albo uniforme de gala e cuadrada en señal de respeto deséxalle a esta gran muller: ¡¡¡FELIZ CUMPREANOS!!!
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
España e Península
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
|
|
Jueves, 26 de Marzo de 2009 19:25 |
A increíble viaxe de Damián ao Reino de Mauritania
 Como se dunha imaxe de ensono se tratara, Damián contempla a efixie varada dun buque no deserto
Dende o mesmo momento que o noso querido usuario Danián Cibrán Campos puxo pe no Continente Africano, concretamente no mítico e antigo Reino de Mauritania, só tiña en mente a realización dunha reportaxe fotográfica que un día fora publicada pola web máis vista da Costa da Morte, a web do seu pobo da alma: Camariñas. Desta forma, semellando un fotógrafo profesional da célebre National Geographic Society, Damián de Modesta recorrío cámara en man toda a Península de Ras Nouadhibou, situada na parte septentrional do país e que linda ca fronteira do antigo Sáhara español, para brindarvos unha reportaxe na que chega a adentrarse na antiga cidade abandonada de La Agüera, agora devorada polas areas do deserto.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
Continente Europeo
|
|
Escrito por Administrador
|
|
Miércoles, 18 de Marzo de 2009 10:48 |
Noso usuario Pouso no Salón de Ginebra
 Diego Pouso, todo un experto no mundo do motor que agora volca a súa sabiduría en camarinas.eu
Ata a mesmísima Ginebra desprazouse o noso redactor Diego Pouso acompañado pola súa preciosa familia para ver as últimas novidades do Salón do Automóbil de Ginebra, un dos máis importantes do mundo, e realizar outra edición da sección de camarinas.eu adicada ó mundo do automóbil: Revista de Motor. Diego cóntanos que puido ver alí un total de 850 marcas de coches e 250 expositores entre os que destacaban os futuristas prototipos das marcas máis importantes e nos que hai que destacar as apostas en firme polos motores híbridos (gasolina-electricidade) e polos automóviles completamente eléctricos.
En fin parece ser que nos paises da auténtica Europa non se está a notar tanto a crise económica como nos destartalados paises do sur europeo e en 15 días de duración do devandito salón celebrado no Centro de Feiras "Palexpo" de Ginebra pasaron nin máis nin menos que un total de 700.000 persoas. O resutado desta reportaxe de Diego Pouso foi tamén expectacular: un total de 164 fotos as cales poderás ver dentro desta noticia.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
España e Península
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
|
|
Miércoles, 04 de Marzo de 2009 23:40 |
E para rematar: ¡¡Os Carnavales de Cádiz!!
 Impresionante foto dunha comparsa dun dos Carnavales máis famosos e concurridos do planeta
Despois de publicar extensas reportaxes sobre os Carnavales de Camariñas, Xaviña e Delemont, para rematar a máis impresionante cobertura xornalística que tivo nunca a pagana e antiquísima Festa do Entroido nestas apartadas terras atlánticas imos publicar as fotos que nos envía a nosa querida usuaria Pión dos carnavales dunhas terras lexendarias: as de Cádiz, a antiga Gadir colonizada polos mercaderes fenicios centos, tal vez miles, de anos antes da cehgada do Noso Señor Xesucristo, probablemente a cidade máis antiga de todo o occidente europeo; o enclave dende o que nun día aciago Aníbal púxose en marcha para cruzar os Alpes e dirixirse con intencións bélicas cara Roma; esa mesma cidade que en 1812 non sucumbío ante o invasor francés e na que se redactou aquel mesmo ano a primeira Constitución Española.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
Continente Europeo
|
|
Escrito por Administrador
|
|
Martes, 03 de Marzo de 2009 13:46 |
O carnaval une aos camariñáns de Suiza
 O noso usuario Pouso remítenos unha reportaxe completísima sobre o carnaval dos galegos de Delemont
Pensábamos na redacción de camarinas.eu que o carnaval xa se esfumara, que se volatilizara por completo pero nada máis lexos da realidade. Esta mañán o noso querido usuario Diego Pouso sorprendeunos enviándonos vía e-mail un impactante reportaxe desde as lonxanas terras helvéticas referente á gran festa que os camariñáns residentes en Delemont realizaron para celebrar o carnaval.
A festa comezou por todo o alto sobre as 8 e media da noite cando máis de 110 persoas estaban invitadas para celebrar unha gran laconada no Centro Español de Delemont. Despois dos manjares porcinos que foron servidos polas escelentes camareras chegou a hora do postre con filloas, cafés e os respectivos chupitos que fixeron xa levantarse a todo o mundo para bailar ao son dos expertos dj´s camariñáns Dj Romeo (Fabián) e Dj Javi Varela. A sorpresa saltou na pista de baile cando un dos famosos Gemelos de Buría (non sabemos exactamente cal deles) que se encontra de vacacións en Suiza colleu o micrófono para cantar unhas cantas coplas. Pulsa na imaxe para verunha galería de máis de 140 fotos e un video que nos manda Diego Pouso desde Suiza.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|