|
Continentes Americanos
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
|
|
Miércoles, 08 de Febrero de 2012 09:00 |
O evento televisado con máis audiencia en toda a historia dos Estados Unidos de América, a edición número XLVI da Super Bowl que enfrontaba este domingo 5 de febreiro de 2012 en Indianápolis aos New York Giants contra os New England Patriots, é narrado para a audiencia de camarinas.eu por un testigo de excepción e fiel seguidor do conxunto newyorkino: o porteño José Manuel Souto Bello. Todo un clásico da cultura norteamericana, cos seus anunciantes que pagan cantidades desorbitadas por un anuncio televisivo durante o descanso do encontro, cas actuacións musicais tantas veces polémicas do entremedio (o half time show), cun himno nacional sempre interpretado de xeito emocionado e emocionante, cun encontro titánico que enfronta a gladiadores épicos por ver quen sae gañador da edición correpondente da National Football League (NFL) e lamentablemente algunha que outra vez con altercados públicos e un escenario nocturno de coches e contenedores incenciados na cidade do equipo campeón. Non foi así desta vez nunha New York engalanada como nunca para recibir aos campeóns, os New York Giants, polo famoso e tantas veces visto (os soldados retornados vencedores da II Guerra Mundial, os astronautas pioneiros da Lúa, etc...) Canón dos Heroes. E alí atopábase nin máis nin menos un redactor de camarinas.eu.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
España e Península
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
|
|
Viernes, 23 de Diciembre de 2011 09:50 |
A imaxe que un tiña gravada nas retinas dunha poboación cun encanto tan especial como Combarro era a provinte dunha daquelas patrióticas películas españolas dos 60 acerca do servizo militar obrigatorio (os Top Gun cañí) con apuestos guardiamarinas da veciña Academia Naval de Marín e historia de amor incluida, así como a que proviña daquelas axendas de man do Banco Pastor nas que cada catro ou cinco follas se insertaba unha foto en color dunha paisaxe idílica galega. Cando un redactor que o presente subscribe se presentou en Combarro nun día de 2011, a mili pasara á historia había xa ben de anos, aquelas axendas nuncas máis se voltaran reeditar, por non existir xa non existía nin o Banco Pastor e, tamén hai que decilo, aquela Combarro entreverada dun inigualable encanto arcaico tampouco parecía existir.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
Continente Europeo
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
|
|
Lunes, 19 de Diciembre de 2011 11:17 |
|

Sigue Camarinas.eu a amosarvos o mellor destas terras camariñanas e de seguido mostrámosvos o traballo que nos remiten os nosos queridos usuarios e amigos os irmáns José Luis e Fabian Quintana como donos da empresa ManiaProd que está a colleitar éxitos sen precedentes polas terras helvéticas. Desta volta preséntannos a un artista latino co cal realizaron un brillante videoclip ao máis puro estilo Miami. Pero millor que volo conten eles na nota que mandaron a Camarinas.eu en exclusiva. Noraboa Machotes!!
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
Continente Europeo
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
|
|
Jueves, 08 de Septiembre de 2011 09:19 |
|

Volven os irmáns Quintana, os fillos do noso querido usuario Machote, ás andadas en Suiza. Si hai uns anos destacaron como disc-jockeys nas mellores discotecas do país helvético agora destacan nunha faceta máis elaborada como é a da grabación de videoclips para os principais artistas daquelas terras a través da empresa ManiaProd, dirixida por Fabián. Un éxito que demostra o pulo da emigración galega, máis concretamente a camariñana, en Suiza, e cuios principais fitos procedemos a publicar en Camarinas.eu a través dunha crónica dos principais protagonistas, uns vídeos musicais e unha pequena galería de fotos que pon de relieve como con esforzo, dedicación, pero sobre todo taento, os nosos saen adiante alá lonxa da súa terra nai.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
España e Península
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
|
|
Martes, 06 de Septiembre de 2011 20:40 |
Unhas cantas das 75.000 botellas que a Bodega Pazo Baión saca cada ano ao mercado acabaron no Restaurante Puerto Arnela e ahí comenzou a aventura xornalística de camarinas.eu no que foi o emblema máximo do narcotráfico en Galicia. Recibidas as pertinentes invitacións de Juan González Soto unha noite de brumas etílicas e rescatadas do olvido no que languidecían nun perdido bolsillo polo mesmo Juan González Soto, finalmente presentámonos na que fora a gran propiedade de Laureano Oubiña unha sofocante tarde de sábado de finais de agosto do 2011. Mentras se percorre o sinuoso camiño que leva ata o concello de Vilanova de Arousa, pola radio comenzan a súa tempada os carruseis deportivos. Curvas e máis curvas, aldeas e parroquias vanse sucedendo desesperadamente ata que nunha pequena depresión do terreo, rodeada de viñedos polos catro costados e iluminada polo sol radiante dende o abrente ata o solpor aparece o obxecto da nosa viaxe: aquel que, por causas axenas á súa vontade, converteuse posiblemente no pazo máis famoso, mediático alomenos, de Galicia.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
Continentes Americanos
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
|
|
Viernes, 02 de Septiembre de 2011 08:17 |
Contan que o século XX realmente comenzou o 24 de xuño de 1914, data na que un terrorista serbio asesinaba en Saraxevo ao herdeiro do trono Austro-húngaro, o Arquiduque Francisco Fernando, e a súa esposa. Este simple feito determinaría o inicio de todas e cada unha das calamidades consecutivas que asolaron o que quedaba de sanguenta centuria. Do mesmo xeito probablemente o século XXI comenzou preto das 9 da mañá (3 da tarde aquí en España) do 11 de setembro de 2001 en pleno centro financierio de New York nun día que ninguén esquencerá mentras viva. Comenzou a esa mesma hora na que o primeiro dos avións suicidas impactaba limpamente contra unha das Torres Xemelgas levándose por diante a tantos e tantos inocentes, quebrando a seguridade en si mesma dunha nación e presentando dunha forma brutal unha nova ameaza duradeira sobre o mundo occidental: o Choque de civilizacións que pronosticara acertadamente Samuel P. Hungtinton xa estaba aquí. Agora que están a piques de cumprirse dez anos de triste aniversario da máis triste catástrofe dos nosos tempos, un corazón newyorkino, o do porteño José Manuel Souto Bello, rinde emocionada visita ao World Trade Center, volcando toda a súa dor nunha reportaxe que pasará a historia de camarinas.eu.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
España e Península
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
|
|
Miércoles, 13 de Julio de 2011 11:11 |

A Arousa para os da Illa. A Illa para o resto dos de Arousa. Un territorio de sete kilómetros cuadrados ubicado no centro mesmo da ría máis fértil de Galicia illado secularmente do continente ata que no ano 1985 se construío a ponte que o une ao resto do mundo. Unha constitución en concello propio ("A Independencia") das últimas de Galicia e acadada tras anos de dura loita frente á súa antiga metrópoli, Vilanova de Arousa, e celebrada aínda a día de hoxe como festa nacional. Unhas xentes que despois de anos nos que unha liña regular de ferries marítimos era a única vía de conexión forxaron un carácter distinto, isleño levado ao extremo. Un verxel para o visitante e un lugar digno de visitar. A ruta sureña de camarinas.eu chega ata a Illa de Arousa, a maior ínsula da xeografía galega.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
España e Península
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
|
|
Sábado, 02 de Julio de 2011 12:30 |
Dende o Mirador do Monte da Siradella divísase o circular formigueante de centos de coches a través da Ensenada de O Bao, estreita lingua de terra que conecta a Península do Grove co resto do mundo. A un lado a kilométrica Praia de A Lanzada, ao outro a Ría de Arousa. Rodeados polos catro costados por un mar de auga, cara o poniente resplandece o diseminado conglomerado urbán da segunda das parroquias do concello, San Vicente, entre sinxelas casas unifamiliares, chalets impoñentes e urbanizacións de luxo. Máis alá a Illa de Ons, co seu solitario faro no cume, dota de visibilidade ao navegante e pasada a ermida da Nosa Señora da Lanzada, non moi lonxe, esperan sen solución de continuidade Portonovo e Sanxenxo. Porque nos atopamos por un estrano azar do destino no epicentro da Costa Azul galega, un paraíso do turismo que atrae cada ano centos de miles de visitantes chegados de todas as partes da Península Ibérica.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
España e Península
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
|
|
Martes, 21 de Junio de 2011 21:00 |
Houbo un tempo en Camariñas no que un grupo de rapaces, alá a principios dos 90, moito antes de proxectos da Bruxa de Blair, anticipándose ao xélido Cinema Dogma nórdico, rodaba de forma artesanal, cámara en man, con fase de montaxe posterior e banda sonora incorporada, un díptico cinemátográfico que pasou aos anales: o film "Vietnam, Cus polo aire" e o seu digno colofón "Colombia, os Pazos da Droga". Nesta última un chalet en plena Agra de Abaixo, cun frondoso daquela Monte da Xesteira ao fondo, equivalía a un palacio da xungla amazónica que era defendido por unha depauperada banda de veteranos de Vietnam dun axuste de contas mortal entre carteis do narcotráfico colombiano. Moitos anos despois, un dos protagonistas desta lexendaria cinta cinematográfica, volatilizada co pasar dos anos, sentío un ramalazo de nostalxia por aquela artística adolescencia ida ao visitar nunha tarde de principios de xuño o Pazo de Vista Real.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
Continentes Americanos
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
|
|
Lunes, 02 de Mayo de 2011 19:15 |
Nas primeiras horas da noite deste luns 2 de maio de 2011, á boa nova que sempre supón lembrar o inicio hai 203 anos da loita heroica do pobo español contra o invasor gabacho, loita que seis anos despois culminou cunha victoria histórica e a conseguinte expulsión dos exércitos napoleónicos, sumábase outra: a da finalización dunha dura loita de dez anos contra o maior terrorista que vagaba impunemente polo planeta. Ao principio todo facía presaxiar que se trataba dun rumor máis, dun deses disques que de cando en vez aparecen nuns medios sempre ávidos por dar a exclusiva definitiva. Pero a aparición final do Presidente Obama, un home que polo que se ve nesta materia (e en tantas outras...) continuou a política do archiodiado George W. Bush, confirmando a noticia dotou a esta duns visos de credibilidade que versións anteriores non tiveran e unha explosión de felicidade e ledicia inundou as rúas de New York. Osama Bin Laden, por fin, estaba morto.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|