|
Continente Europeo
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
|
|
Sábado, 23 de Marzo de 2013 17:39 |
|

Vamos con outra noticia das que tanto gustaron hai un tempo á redacción de Camarinas.eu como son a publicación dos cumpreanos dos nosos amigos. O caso que nos concerne agora é a homenaxe que facer transmitir dende aquí ao noso querido amigo Luis Blanco, veciño de Buría residente en Suiza xunto a toda súa familia que acaba de cumprir este mesmo sábado 23 de marzo 50 anos. Medio siglo, querido amigo Luis, de traballo e esforzo por levar a túa fermosa familia a bo porto. Medio siglo sempre preocupado polos destinos da túa querida terra aínda que estuveras lonxe dela. Dende Camarinas.eu queremos dar a nosa felicitación a noso amigo Luis polo seu 50 cumpreanos e desexarche tamén de paso de toda a túa familia en Camariñas que o celebres con toda a súa familia e amigos alá polas terras helvéticas. Felicidades Luis!!!
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
España e Península
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
|
|
Miércoles, 07 de Noviembre de 2012 12:00 |
|

Aquel adaxio que reza que frente a outros lares europeos (Rusia, por exemplo, edificada na súa orixe a base de pura madeira), Galicia é basicamente pedra, alcanza as súas cotas máis extremas na Provincia de Ourense. Toda unha homenaxe lapidaria onde as cidades, vilas e aldeas máis representativas constitúen auténticos museos pétreos ao aire libre, canalizado toda esta demostración de forza abrumadora a través dun esquema de sosiego, tranquilidade e respeto a unha tradición arquitectónica que se demostrou solvente e firme, inexpugnable ao paso dos séculos. Foi na segunda quincena do mes de outubro do Ano do Noso Señor de 2012 cando Camarinas.eu se embarcou en dúas viaxes consecutivas á Provincia que representa como ningunha a auténtica Gallaecia profunda, elexindo para elo tres lugares emblemáticos: a Ourense capital , Celanova e Allariz.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
España e Península
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
|
|
Miércoles, 24 de Octubre de 2012 12:00 |
Dende hai xa anos, nas épocas nas que residía nos Estados Unidos, un dos grandes amigos históricos desta redacción, Juan José Rego, empezou a levar un álbum fotográfico sobre todas aquelas estrelas cinematográficas cas que se cruzaba polas rúas de New York. Así non era raro velo de vez en cando nalgunha das premieres onde se estreaba unha superproducción hollywoodiense fotografiándose ao carón de Robert de Niro ou o mesmísimo Al Pacino. Un álbum que ven de engrosar en datas recentes as súas filas cunhas cantas imaxes tomadas xunto a un dos grandes actores das últimas décadas: o home que interpretou entre outros a Remington Steele ou James Bond, o actor Pierce Brosnan.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
España e Península
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
|
|
Domingo, 14 de Octubre de 2012 14:00 |
Ao ver as lexións de turistas que deambulan polas súas rúas nestes días, ao contemplar a multitude abigarrada que enche as súas carpas, ao constatar que o sector hosteleiro local (e aquí non estamos a falar de dous ou tres hostales) roza cáseque o 100% de ocupación, un ata dubida se o da crise será realmente para tanto, se non estaremos ante algo magnificado polos lugares comúns e tópicos habituais dunha clase xornalística de mediocridade e ignorancia máis que acreditadas, porque ao fin e ao cabo toda esta xente suponse que aínda ten un traballo, que gaña o suficiente para gastarse 50 ou 60 eurazos en gasoil para desprazarse ata aquí ou para pagar a estancia nun hotel de tres, catro ou cinco estrelas. Estamos nos días centrais da Festa do Marisco de O Grove, o evento gastronómico máis importante de Galicia, posiblemente de España.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
Continentes Americanos
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
|
|
Viernes, 12 de Octubre de 2012 00:00 |
Unha vez houbo un poeta que viaxou a Nueva York. Non lle gustou o que alí vío: rañaceos, unha vida mecanizada, miles de automóviles que infestaban as rúas, un carácter trepidante e incesante do convivir diario, a preminencia duns mercados presididos por un ansia insaciable de prosperidade: o futuro que estaba por vir. Tal vez prefería os camiños de cabras da súa patria, o provincialismo paleto e o caciquismo politiqueril ancestral que entón (agora igual, pero peor) a caracterizaban, o cainismo suicida que o levaría a non tardar moito tempo a morrer frente a unha tapia nunha aldea perdida de Granada. Pasadas unhas cantas décadas, outro artista español de renome mundial visitou a cidade dos rañaceos e alí se atopou cun paisano, un galego nacido na Ponte do Porto, alguén que recalou precisamente nesa mesma Nueva York buscando a prosperidade, a seguridade e tranquilidade que a súa propia patria entón (agora igual, pero peor) lle negaban.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
Continente Europeo
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
|
|
Miércoles, 12 de Septiembre de 2012 09:00 |
Hoxe en día exercer como futbolista español polo mundo adiante supón unha pesada responsabilidade. Suporía algo así como ser brasileño hai vinte, trinta anos: todo o mundo da por feito que eres un auténtico fenómeno. Esto é o que lle está a acontecer ao noso amigo e usuario, o camariñán Juan Manuel Pasantes, nunha liga de fútbol 7 noruega na cal co seu equipo o Mølhenpris Idrettslag (impresionante a súa camsieta con publicidade da "Mutual Camioneros") estivo a piques de conquistar o liderato deste campeonato nórdico no encontro da derradeira xornada o cal acabaron perdendo finalmente por 5-4 tras lesionarse Juan Manuel aos 20 minutos e cando gañaba por 1 a 3 o seu equipo. Así pois, polo visto, ahí anda este camariñán defendendo satisfactoriamente o honor do fútbol patrio nas lonxanas terras escandinavas.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
España e Península
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
|
|
Miércoles, 29 de Agosto de 2012 10:13 |
|

Dende aquelas épocas dos gloriosos anos 80 un redactor que o presente subscribe non asistía en directo a unha etapa da Volta Ciclista a España. E o primeiro que un debe recoñecer é que nestes cáseque vinte anos pasados a serpente multicolor gañou en velocidade: apenas tres ou catro minutos para o paso da gran caravana de motoristas da Guardia Civil (cáse tantos como ciclistas), vehículos da organización, coches dos diferentes equipos, cámaras da televisión e dos que no caso dun compacto gran pelotón queda reducido a apenas cinco, dez segundos. Unha exhalación de granulados puntos de color que vista e non vista pasa ante os ollos mentras unha nervosa corrente de aire ulula baixo os teus fuciños. Un reconstrúe aquelas caravanas ciclistas nas que descollaban héroes lexendarios galegos como Álvaro Pino ou Suso Blanco Villar e cre recordar un paso firme pero un pouco máis dilatado, un chisquiño máis pausado.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
Continente Europeo
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
|
|
Lunes, 13 de Agosto de 2012 20:00 |
|

Hai uns anos, non tantos, un dos principais problemas dos que se falaba constantemente neste país era o da inmigración. Non sabemos si real ou inventado pola prensa para así ter algo con que encher os seus medios, aquelas pateras famélicas de subsaharianos que chegaban ás nosas costas parecían a gran obsesión nacional. Elo provocaba reaccións encontradas: entre as persoas de ideoloxía conservadora, unha resposta patriotera e de tintes racistas, posiblemente dominada polo medo; entre as esquerdas, o típico e simplista discurso do buenismo progre, propiciado probablemente pola mala conciencia e o complexo de culpa. E nembargantes, aquí ninguén parecía lembrar que éste ata non hai moito fora durante toda a vida un país de emigrantes: esa cuestión, dende o punto de vista da soberbia do novo rico, parecía descartada definitivamente para sempre. Pero, provocada a maior crise económica dende 1929 pola xestión desastrosa e irresponsable da clase política máis lamentable e corrupta de Europa (outra Grecia, pero peor) os xóvenes españois tiveron que voltar a coller maleta. Como os seus pais, como os seus avós, como toda a vida.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
España e Península
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
|
|
Miércoles, 04 de Julio de 2012 21:00 |
Todo comenzou en 1837: o propietario dun burro enfermo, terminal, tiñoso para máis señas, non foi quen de sacrificalo e decidío abandoalo á súa sorte nunha pequena lingua de terra isleña situada ao carón da vila de O Grove. Cando pasados uns meses retornou á illa para dar cristiana sepultura aos que debían ser os restos do amado burriño cal non foi a súa sorpresa ao atopalo nun estado rebosante de saúde, fornido e vigoroso, con todas as súas feridas curadas. A razón que explicaba o que nun primeiro momento se tomou por unha milagre non era outra que a composición mineral das augas do lodazal no que o équido se rebozaba retozonamente. Esa foi a orixe que dou lugar ao que sería un balneario situado ao mesmo nivel dos grandes centros termais alemáns decimonónicos (Baden-Baden; Wiesbaden; Badenweiler, alí onde finiquitou Chéjov...) ou da Rusia dos Zares (Mineralnye Vody; Piatigorsk, alí onde finiquitaron a Lérmontov...), ao primeiro hotel de cinco estrelas que existío en España ou a unha das mellores marcas de xabóns dos derradeiros cen anos. O sinónimo do luxo, da exclusividade, en definitiva, en Galicia.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
Continentes Americanos
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
|
|
Martes, 26 de Junio de 2012 12:00 |
Non hai tanto que o gran mestre de xornalistas Xosé Luis Blanco Campaña marchou a residir cara o Caribe, concretamente a Puerto Rico. Alí xa dende os primeiros días a base do traballo, a simpatía e o talento que sempre caracterizaron a este camariñán ilustre convertíose nun pilar fundamental da colectividade española asentada na así chamada Illa do Encanto. Habitual dos grandes actos celebrados na Casa de España, pasou a ser o seu mellor cronista a través dun blog de recente creación dirixido ca mestría propia dun xornalista todoterreo acostumado a sacar sempre con sobresaínte os diversos desafíos que afrontou tanto en prensa escrita, como en radio e televisión. Quedaba pendente o reto do mundo globalizado de internet e nesta fronte con galiciaenpuertorico.blogspot.com.es Xosé Luis volve a amosar a dedicación, profesionalidade e calidade que sempre caracterizaron a súa carreira.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|