Os máis fermosos veleiros do mundo
 Os máis fermosos buques veleiros do mundo foron retratados por Toxo no Porto de Buenos Aires
Aproveitando o desbaraxuste provocado na Península pola lamentable actuación dos monarcas Borbóns e a consecuente invasión napoleónica e cruenta e heroica guerra de independencia desenrolada polo pobo español, as colonias americanas consideraron que era chegada a súa maioría de idade e cumpría abandonar o fogar paterno. Deron así na lonxana data de 1810 os primeiros pasos dunhas longas guerras de independencia que se alargarían ata o arriado final da bandeira española no Porto de El Callao (Perú) en xaneiro de 1826. Agora que se cumpren os 200 anos da constitución das primeiras Xuntas Nacionais de Goberno nas Repúblicas sudamericanas dou comenzo no cono sur austral unha esixente regata conmemorativa que cunha participación de buques veleiros de 12 países, entre eles o noso impresionante Juan Sebastián (que non Juan José, o sea, JJ) Elcano, durará cinco meses e cubrirá unha ruta dende Río de Janeiro ata a mexicana Veracruz. Aquí na Madre Patria, non podíamos permanecer indeferentes antes os grandes eventos que este ano van ter lugar nas repúblicas irmáns hispanoamericanas, e por elo o noso representante plenipotenciario na Arxentina, Toxo, decidío cubrir a regata ao seu paso por Buenos Aires cunha extraordinaria galería fotográfica.
|
|
Hoxe venres 26 de febreiro de 2010 é un día moi especial para unha numerosa e querida familia camariñana pertencente ao barrio de Buría xa que unha das súas compoñentes que tantos anos leva alá en terras helvéticas cumpre hoxe 40 esplendorosos anos. Estamos a falar de Begoña de Laso, nai de nosas usuarias Jenny e Vanessa Blanco e muller desa institución viviente chamado Luis Blanco máis coñecido como Luis do Cotro e que xa foi obxecto dunha entrevista nestas páxinas a cargo do noso amigo Javi Varela. En fin, o caso é que aínda que Begoña se atope alá na fría pero próspera Suiza a súa familia de Camariñas quere desexarlle un feliz cumpreanos desde a súa terriña por medio de camarinas.eu, a web que une e acerca a tódolos camariñáns espallados polo mundo. Pulsa na imaxe para ver un video e unha adicatoria especial da familia Blanco Figueiras para Begoña no seu 40 cumpreanos.
|
 Pión remítenos unhas fotos dunhas terras caracterizadas por ter un dos mellores carnavais do mundo
Camarinas.eu, forte na Provincia de Cádiz
Para rematar a cobertura máis completa e exhaustiva do Entroido de Camariñas, camarinas.eu procede a publicar unha noticia que se está a convertir nun clásico na web máis vista cunha diferencia xa insondable da Costa da Morte: a dos Carnavales de Rota. E decimos ben, Entroido de Camariñas, porque todo o que aconteza na sureña provincia gaditana posúe en esta web un aire inequívocamente camariñán: en Rota, reside ca súa entrañable familia a nosa redactora Karina Rodríguez (Pión), sempre en alerta xornalística para enviar ao medio de comunicación para o que traballa de forma altruista fotos de calidade como as presentes; un pouco máis ao sur, en San Fernando, quen ten a súa residencia é o noso tamén usuario Sergio Pasantes Campaña en compañía da súa flamante esposa Pamela Rey (e de Flequi, que ninguén se olvide da cadeliña Pastor de Brie, comandante en xefe do PPC, a Policia Perruna de Camarinas.eu, non confundir co Partido Popular de Cataluña... ou de Carnota). E finalmente, tamén dende as antiquísmas terras do Gadir fenicio, concretamente dende Jérez de la Frontera, a cuna do sherry, chegou un día a esta redacción Bénder, o outro redactor perruno da web e comandante en xefe do CCCP (Cuerpo Canino Camarinas.eu de Policía). ¡¡ESTAMOS FORTES EN CÁDIZ!!
|
 Karina, Pablo e Juan posan felices e orgullosos dende as terras gaditanas con María, a pequena da familia
Unha camariñana de Cádiz
Seguimos co día de Pión (Karina) en camarinas.eu. Van xa casi tres anos a tombos polo mundo adiante ao noso ado. Foi alá no outono do ano 2007, nas épocas en que camarinas.eu empezaba a forxar a súa leyenda ca defensa inquebrantable dos irmáns Lin nun caso que acabou (polo de agora) con semellante pestiño de sentencia... cando dende o Sur, dende Rota, Provincia de Cádiz, unha camariñana do barrio de Cedeira empezaba a súa singladura cibernética ca gran páxina do pobo da súa alma
(rexistro do 16 de setembro de
2007, concretamente ás 10:46 da mañán). E dende aquela pasamos muitas xuntos e un pequeno feixe de grandes reportaxes enviadas por Karina foron xa publicadas en camarinas.eu: porque esta usuaria paradigmática sempre atopará un oco na súa axenda para acordarse da súa terra e dos seus. Por elo o nacemento da súa filla María era unha noticia de obrigada publicación nesta gran familia chamada camarinas.eu mentras non poidamos sacar unhas fotiños de María co seu primo Samuel correteando xuntos polo Arnela haberá que contentarse cas que nos envía unha orgullosa e feliz nai: aquelas que recollen os seus primeiros momentos neste mundo.
|
|
 Un santamariñán na Arxentina: Toxo acercouse polo barrio de La Boca para filmar un impresionante reportaxe
Estaban os directivos fundadores devanándose os sesos acerca dos colores que identificarían ao club de fútbol que se ía chamar Boca Juniors, cando pola bocana do porto fixo a súa entrada un barco mercante de bandeira sueca cas súas vistosas cores azul e amarela. Cores idóneas para un barrio tan cheo de colorido, de vida e emblemático como La Boca, en pleno corazón de Buenos Aires. Barrio formado a finais do século XIX por inmigración maiormente de orixe italiana, cas súas casas dos mil colores, sede do equipo de fútbol máis multitudinario da Arxentina, cuna do mellor tango arrabalero, ca rúa-museo de Caminito, aquela á que cantou o mesmísimo Carlos Gardel e que incluso chegou a intentar independizarse do resto da nación por mediación dun puñado de emigrantes xenoveses en 1882. Aproveitando o verán austral, o noso querido usuario e representante plenipotenciario de camarinas.eu para o continente americano, Toxo, decidío visitar a exposición itinerante que o Museo do Louvre de París estaba a desenrolar en La Boca, o barrio máis emblemático do Gran Buenos Aires.
|
Unha vida entre fiordos noruegos
 Dende hai xa uns anos Juan Manuel e Camilla residen en Bergen, porta de entrada aos fiordos noruegos
Ben nas abrasadoras areas do Sáhara mauritano ou nos xeados fiordos noruegos sempre haberá alguén conectado a camarinas.eu. Tal vez porque ata tan recónditos lugares pode chegar a pegada dun camariñán. O caso que nos ocupa é o de Juan Manuel Pasantes Pérez, que tras contraer matrimonio con Camilla Nilssen desprazouse a vivir ata a cidade de Bergen, na Noruega Occidental, onde traballa no Fisketorget, o mercado da localidade, como especialista diplomado na venta dos trolls, os terribles monstruos do folklore escandinavo. Aproveitando que está por mor dun curso a pasar uns días na súa terra, Juan Manuel achegouse pola ventana que abre a Camariñas ao mundo, é decir, a redacción de camarinas.eu, cargado cunhas impresionantes fotos e uns vídeos (incluido aquel que filmou a televisión arxentina) que ilustran como discurre a vida dun camariñán nas remotas e nórdicas terras do Reino de Noruega.
|
O As do Póker
 Imaxe da web www.pokercomar.com que amosa a Víctor sostendo o cheque dos vencedores no torneo
Ao final vai ser verdade o que aquí decimos acerca de que os camariñáns están dotados dun sentido especial para o mundo do espectáculo ou para destacar nas máis insospechadas artes porque buceando polo intrincado e amplio mundo de internet atopamos unha historia curiosa que nos deixou boquiabertos: a empresa de xogo Comar é propietaria dunha serie de importantes casinos ao longo de toda España, entre outros o do Atlántico da Coruña, onde xogan os mellores tahúres (no bo sentido) do país. Por outra parte, Víctor Gómez Sestayo é un camariñán da gloriosa xeración nacida alá nos anos 70, fillo maior de Lola do Piticlín, o cal ca súa dona Sandra Arjomil hai xa uns anos que reside en Mahón. Pois foi precisamente en Mahón, no Casino Maritim, ante unhas espectaculares vistas do Mediterráneo, onde Víctor acaba de dar o golpe e embolsarse 500 euros tras quedar terceiro no Torneo de póker de Nadal no que participaron os 49 mellores xogadores das Illas Baleares. En fin, o que non faga un camariñán... E sen trampas (bueno, seguramente).
|
|
 Manolo García Santos vive tranquila e plácidamente a súa xubilación no seu querido barrio do Outeiro da Ponte
Hai pouco máis de un mes, concretamente o día 30 de setembro, camarinas.eu facíase eco da petición da nosa usuaria arxentina María del Carmen Rodríguez Lema e iniciaba a búsqueda frenética de Manuel García Santos, un porteño que trinta anos atrás exercera de capataz nunha fábrica do gran Buenos Aires e que un día desaparecío aparentemente sen deixar rastro... Ata que se cruzou no seu camiño camarinas.eu. Inmediatamente o mesmo día da publicación da noticia apareceron usuarios da web que deron razón dun ex-camioneiro, antigo emigrante en Arxentina e Suiza e que viviría no barrio do Outeiro, na Ponte do Porto, xusto a carón da Pizzería A Xunqueira. Desprazada a unidade móbil ata o lugar atopamos en carne e oso a un Manolo García Santos que actualmente con 65 anos cumpridos disfruta da súa xubilación no seu querido barrio de toda a vida e que recorda con agarimo e cariño a Mª del Carmen e a toda a súa familia dende aqueles vellos e preciosos días bonaerenses xa idos. Facilitounos encantado o seu actual enderezo para retomar aquela grande amistade interrumpida entre dous porteños, unidos ante todo pola súa querida ponte milenaria e a vila dos seus antepasados.
|
O noso redactor Pouso cumpre 28 anos
 O noso redactor Diego Pouso, un home feliz que pode estar orgulloso por formar unha familia próspera e unida
Pois si que tivo suerte Diego Pouso, o redactor de camarinas.eu en Suiza, porque seguramente aproveitará o feito de caer o seu vixésimo oitavo cumpreanos en sábado para ir a cenar en familia en tal especial data ca súa fermosa dona Isabel e os seus pequenos Diego e Iker. Lamentablemente o equipo dos amores de Pouso non foi quen de agasallalo este mércores co regalo que tódolos madridistas esperábamos, pero para un home como o noso redactor helvético non hai mellor regalo que o día a día xunto á súa familia e despois dun duro día de traballo sentarse un cachiño diante do ordenador para ver como van as cousas alá na terriña tan querida a través dunha web que el tan poderosamente contribuío cas súas reportaxes a forxar como a máis vista da historia da Costa Atlántica. Por eso, porque todo este tinglado de camarinas.eu non deixa de ser unha gran familia, cada día máis grande, dende esta redacción queremos felicitar cariñosamente ao noso querido redactor suizo Diego Pouso no día do seu 28 cumpreanos: ¡¡FELICIDADES!!
|
Unha braileira moi camariñana
 Residente no Estado de Sao Paulo no Brasil Claudia é unha das nosas usuarias máis antigas
Brasil non é só a terra do fútbol, da samba ou das soleadas praias de Río de Janeiro senón que dende os nosos comenzos foi tamén a terra de camarinas.eu gracias a todos os usuarios descendentes de galegos que día a día seguían a actualidade da Costa da Morte a través da web que revolucionou dunha vez e para sempre o panorama informativo euroatlántico. Sen embargo especialmente destacable foi sempre o caso de Claudia Vieria do Nascimento (claudia_brasil), unha fermosa rapaza braileña posuidora dun dos carnets de usuario máis antigos de camarinas.eu, o número 11, que xa dende os inicios daquela balbuceante páxina que daba os seus primeiros pasos no despiadado mundillo xornalístico da Costa da Morte seguía a diario todo o que acontecía na Camariñas da súa alma. A nosa vila provoca saudade e morriña non só nos seus habitantes senón en todo aquel que unha vez pisou a máis fermosa das terras da costa galega. Por todo elo, pola súa antiguedade, a súa simpatía, a súa fidelidade e a súa fermosura, tropical, vaia esta pequena homenaxe de camarinas.eu ao Brasil e á súa principal representante nesta web: Claudia Vieria do Nascimento.
|
|