Dende Suiza ata Camariñas en bicicleta para celebrar 15 anos de amor

Dende Suiza ata Camariñas en bicicleta para celebrar 15 anos de amor

Imos relatar a derradeira iniciativa para percorrer o Camiño de Santiago de un modo orixinal e distinto. Marcos Tajes Bermúdez e Yolanda Marcote Ínsua. Él de Camariñas, ela de Arteixo. Marcos marchou para Suiza no 1983 e Yolanda nacío alí pero fala un perfecto galego. Os seus pais xa eran emigrantes. Yolanda foi a que propuxo facer esta viaxe medio en broma a Marcos pero cando asegurou que era para celebrar os 15 anos que levaban xuntos de inmediato o camariñán aceptou percorrer os máis de 2000 km que separan Suiza da Costa da Morte. Fixeron a viaxe seguindo unha ruta que vai dende Suiza ata o Santuario do Apóstol en varias semanas. Unha vez chegados a Santiago dirixíronse ata Fisterra e de ahí, para finalizar o camiño, seguiron ata Camariñas onde por fin remataron a súa viaxe. Os maiores atrancos que atoparon na súa viaxe foron inconvintes coma chuvia, moito cansancio, algún que outro pinchazo e varias caídas sin consecuencias graves. Conta Marcos que o tramo máis duro foi o derradero deles: dende Fisterra ata Camariñas, con un vento do nordeste que lles daba xusto de frente e ca sensación de que xa estaba na casa pero non daba...

José Manuel Souto con Carlos Núñez en New York

  Nunha pasaxe de "Elegidos para la Gloria" contaba Tom Wolfe a fiebre patriótica sen precedentes que se desatara en febreiro de 1962 nos USA despois de que John Glenn protagonizara o primeiro vó orbital tripulado estadounidense. O lanzamento do Sputnik, primeiro, e o vó de Yuri Gagarin, despois, sumiran ao país nun estado de pánico tal que se temía seriamente que "dende satélites tripulados soviéticos se tiraran bombas atómicas sobre as principais cidades dos USA como pedras dende unha ponte na autopista". Cando para conmemorar a xesta tocou desfilar por New York non parecía que se albergase moita confianza sobre a capacidade de resposta da cidade. Segundo Wolfe, os militares non consideraban NY realmente como parte dos Estados Unidos, tratábase "dunha cidade extranxeira poboada por unha raza estrana de xentes grises e deformes, unha especie de cidade estado libre, un protectorado internacional, unha Danzig no pasillo polaco, unha Beirut na encrucillada do Oriente Medio, unha Trieste, Macao, Hong Kong... a gran Cidade Gris Rata". E sen embargo o que alí viviron, o recibimento foi tan inenarrable que incluso acabou cos policías de tráfico, embutidos nos seus impoñentes uniformes azuis nos cruces das calles, chorando a moco tendido e berrando...

Camarinas.eu visita o Museo do Encaixe de Tordesillas

Aínda que agora coste creelo, houbo un tempo no que os destinos da humanidade se decidían en lugares como Toro, Medina del Campo, Villalar ou Tordesillas. Na primeira as tropas de Isabel La Católica derrotaban ás dos partidarios de Juana La Beltraneja e aseguraban o trono de Castela para a que estaba chamada a ser a española máis grande da historia; era nunha pequena casiña da Praza Maior de Medina del Campo, daquela prestixioso enclave comercial, onde falecía precisamente en 1504 Isabel I de Castela; en Villalar (468 habitantes, censo 2012), despois coñecida como de los Comuneros, en 1521 as tropas imperiais de Carlos V aplastaban ao movemento comunero, licenciaban pola vía sumaria aos indomables Padilla, Bravo e Maldonado e sepultaban para sempre as libertades de Castela, e en Tordesillas España e Portugal mediante un tratado se repartían literalmente o mundo un 7 de xuño de 1494, todo elo ca bendición do Papa, a ONU daquel entón. Dos enclaves históricos mencionados, aquel que resultaría especialmente caro para un corazón camariñán sería este último porque dentro do seu laberinto viario existe un edificio, a maiores da Casa do Tratado ou o palacio (xa desaparecido) no que Juana I de Castela estivo...
JM Souto na Rúa dos Viños de New York: Stone Street

JM Souto na Rúa dos Viños de New York: Stone Street

Case tan antiga como aquel muro de madeira e terra construido polos holandeses cando a cidade aínda se chamaba Nueva Amsterdam, érguese nun recuncho de Manhattan Stone Street. Un anaco de historia enclavado no principal centro financieiro do mundo e que cando é chegada a hora, por moi estrano que poida parecer, convértese á semellanza de calqueira rúa do noso país nun concurrida zona de terrazas coa única peculiaridade de que chiquiteros e demáis ralea hispana son substituidos aquí por brokers e altos executivos das firmas que dirixen o mundo. E postos a imaxinar, un pensa en Don Draper, Bertram Cooper, Roger Sterling, Pete Campbell..., os principais creativos da empresa de publicidade Sterling Cooper, aos que previamente algunha das sufridas e manoseadas secretarias da firma gardaran as mesas, fumar, beber e rirse con chistes machistas naquela tan ben evocada New York dos anos sesenta ¿Alguén pode citar algún episodio da Serie Mad Men ambientado en Stone Street? O broker porteño e corresponsal de Camarinas.eu nos USA, José Manuel Souto Bello, fiel á súa cita periódica ca web do seu concello, escribe un novo e impresionante artigo sobre unha das principais rúas da gran capital do planeta. ...
Reencontro entrañable de Manuel García en Camarinas.eu

Reencontro entrañable en Camarinas.eu

Na mañán deste sábado 22 de xuño de 2013 recibíamos unha visita moi especial na nosa redacción. Tratábase de dous amigos que despois de 38 anos de fatal separación gracias a Camarinas.eu volveron a encauzar os seus pasos. Una historia entrañable e con final feliz que daba os seus primeiros pasos un 30 de setembro de 2009, cando dende Buenos Aires unha fiel usuaria, María del Carmen Rodríguez Lema, poñíase en contacto con nos en búsqueda de axuda para atopar a un amigo da súa infancia na Arxentina, misteriosamente desaparecido a principios dos anos 70. Non tardaron en chegar as boas noticias acerca do paradeiro do amigo ausente, o porteño Manuel García Santos, e así un 15 de novembro de 2009, 45 días despois da anguriante chamada de auxilio, Camarinas.eu localizaba no seu barrio do Outeiro a Manuel e publicaba a súa fotografía nunha noticia na que se poñía a Maricarmen ao corrente da situación na que se atopaba o seu gran amigo. ...