A condición de Camarinas.eu de medio absoluto de referencia da súa área de influencia poucas veces quedará tan sobradamente demostrada como no mediodía do pasado martes 14 de xaneiro de 2014. Apenas comenzaba a difundirse polos distintos eidos que unha gabarra encallara xustamente frente ás costas de Camariñas cando redactores de ata cinco prestixiosos e influintes medios de comunicación nacionais e europeos poñíanse en contacto urxente co director da web máis seguida da historia desta Franxa Atlántica. O primeiro deles era o xornalista da canle televisiva internacional Euronews José Miguel Sardo, o cal inquiría por información e imaxes cas que ilustrar aos televidentes europeos do que acontecía na lonxana e lúgubre Costa da Morte. Non moito despois, e tras acordar a pertinente autorización desta redacción, era ABC, medio de referencia para a Dereita española dende hai máis de 100 anos, o que ilustraba cunha imaxe de Diego Alonso Freire durante toda a xornada a súa cobertura nacional deste novo naufraxio acaecido nas nosas costas. A elo sumábase por suposto, outra edición máis da alianza estratéxica habitual que une dende hai xa seis anos a Camarinas.eu con La Voz de Galicia, e así unha imaxe desta web formaba parte da galería fotográfica ca que o líder informativo absoluto galego cubría a noticia. Finalmente eran dous vídeos propios, tranferidos en formato HD ás televisións autonómicas galega e madrileña, as que abrían os seus telexornais e facían chegar a millóns de televidentes o que acontecía nun recóndito recuncho atlántico. Se ben as colaboracións puntuais con grandes medios de comunicación sempre foron unha cosntante neste xa sete anos de andaina xornalística continuada, nunca de forma tan abrumadora se poñía de manifesto o carácter de referencia absoluta e case única de Camarinas.eu e se premiaba o rigor, credibilidade, capacidade de análise case sempre acertada por anticipación e peculiar tratamento narrativo das noticias que caracterizaron dende o primeiro día ao líder intratable da información nesta Franxa Atlántica.

Polo demáis o causante deste revuelo mediático, a gabarra moldava Prima, durme o sono dos xustos tan só á espera de quebrar polo seu xusto medio. Os embates dun mar entolecido, co punto de apoio fatal constituido polo baixo no que metade por metade foi a impactar esta desdichada embarcación tan só permiten conxeturar se o desenlace inevitable terá lugar este venres ou a máis tardar o sábado. Foi ésta a historia dunha gabarra chamada no seu día a cubrir unha ruta clásica dentro da extinta navegatoria soviética, aquela que facía a ruta entre dous dos que foron os seus principais portos nos mares Negro e Báltico, agora devenidos en cidades de anódinas repúblicas independentes, a histórica Riga (agora Letonia) e a mítica Odesa (actual Ucrania), lugar de nacemento que foi de escritores clave en lingua rusa como o binomio constituido polos satíricos Iliá Fainzilberg e Evgueni Katáev (máis coñecidos como Ilf e Petrov), o irmán deste último Valentín Katáev, o siniestramente desaparecido a base de nove gramos de plomo na nuca durante as purgas Isaak Bábel, ou a posiblemente principal poetisa rusa do século XX Anna Ajmátova. Foi unha gabarra provinte deste enclave marítimo lexendario, alí onde en 1905 se amotinaba a dotación do Acorazado Potiomkin, que por aquelo do destino acabou arribando a dominios camariñáns. Anos antes xa o fixeran as principais obras de todos os escritores anteditos (Las Doce Sillas, El Becerro de Oro, La América de una planta; Una vela blanca se avizora, Caserío en la Estepa, Los Estafadores; Caballería Roja, Diario de 1920, Relatos de Odesa; Poema sin héroe, Réquiem y otros escritos...). Nunca está de máis aderezar con gran literatura a plasticidade gráfica perfecta dunhas imaxes que deron a volta ao mundo.

Comentarios   

Moncho de Dios
+6 # Eres lo maximoMoncho de Dios 16/01/2014 22:12
Me alegro al notarte feliz,ya sabes que son algunas las personas que me critican por escribir en tu pagina ,en la cual tengo que decir la verdad ,siempre te has portado bien con mi persona no como el otro diario que no me dejo escribir,(enorm e error ) espero que de una vez por siempre se dean de cuenta ,NO ME DEJO ESCRIBIR,y ahora a lo nuestro ,pues claro que eres el diario mas famoso de toda la costa da Morte ,¿es que hay quien lo dude?,eres el mas leido ,el mas visto,el mas frecuentado ,el que en un diario haya mil entradas puede darse desde un ordenador entrando y saliendo sin parar ,pero tu eres el que mas noticias diversas das ,sin las mentiras ni los intereses de OTROS.suerte y adelante,
Denunciar ante o administrador
Pardiñas
+5 # RE: Camarinas.eu referente mediático no afundimento do PrimaPardiñas 16/01/2014 22:33
Temos que poñer unha cadea de radio e tambien unha television,asi somos os reis das ondas informativas e nos seguirean desde toda España e parte do estranxeiro via satelite ou por internet.Paréce me un insulto á intelixencia o que non saibas que es o mellor e iso que non paran de insultarche ,INSÚLTANOS ;LOGO CABALGAMOS,veña para adiante e a toda maquina ,sempre con noticias frescas e coa VERDADE
Denunciar ante o administrador
Ramon Carballo
+5 # RE: Camarinas.eu referente mediático no afundimento do PrimaRamon Carballo 17/01/2014 12:05
Nos alegramos contigo de tu prestigio Diego .lo que hay que hacer es ser constante y no parar una noticia siempre trae otra te escribo por la alegria que me da .Suerte
Denunciar ante o administrador
Diego Calderon
+4 # RE: Camarinas.eu referente mediático no afundimento do PrimaDiego Calderon 17/01/2014 17:03
que fotos tan buenas,ninguna es igual a la otra ,esa hermosura del mar,(olvidandon os de el naufragio)ese aire que debe de azotar la cara refrescandola y haciendote pasar cualquier dolor de cabeza,relajand ote en el horizonte y viendo romper las olas ,tenemos una de las partes mas bellas de la tierra,que preciosa es Reira
Denunciar ante o administrador
Maria Leis
+5 # RE: Camarinas.eu referente mediático no afundimento do PrimaMaria Leis 18/01/2014 19:22
Vaya protagonismo estas alcanzando,si lo del barco no trajo consecuencias por lo menos es un poco de propaganda para nuestra zona ,merecedora de mejor fortuna,oi lei en el periodico la desapericion de un monton de aldeas ,creo que aqui esta aconteciendo igual ,no tenemos ni salida ni futuro
Denunciar ante o administrador
Manuel Romero
+4 # RE: Camarinas.eu referente mediático no afundimento do PrimaManuel Romero 19/01/2014 12:39
Enhorabuena Diego ,estoy de acuerdo con todos los comentarios.Un saludo y gracias por tus trabajos
Denunciar ante o administrador
Juan Fernandez
+4 # RE: Camarinas.eu referente mediático no afundimento do PrimaJuan Fernandez 19/01/2014 15:51
Poco hay que decir ,Enhorabuena
Denunciar ante o administrador
David Quintas
+4 # RE: Camarinas.eu referente mediático no afundimento do PrimaDavid Quintas 19/01/2014 17:52
Tambien es bueno estar con los amigos en los momentos de alegria suerte y exicto en el trabajo.Suerte siempre
Denunciar ante o administrador
Maria Castiñeira
+4 # RE: Camarinas.eu referente mediático no afundimento do PrimaMaria Castiñeira 19/01/2014 19:24
Estes dias non estiven moi atenta a nada ,pois tiven un pouco de gripe e á min logo me tumba,con todo cónstame o chegar a tempo para felicitarche na túa saída internacional
Denunciar ante o administrador
Roberto Moure
+4 # RE: Camarinas.eu referente mediático no afundimento do PrimaRoberto Moure 20/01/2014 12:16
xa fai tempo que non escribo ,so o fago para darche a miñas boas,sorte rapaz
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.