Camarinas.eu estrea novo formato no seu sexto aniversarioEste festivo xoves 15 de agosto de 2013 Camarinas.eu cumpría seis anos. E a pesares da data festiva, con toda Galicia tirada en bloque ás praias, nesta redacción era un día de traballo incesante, de moitos nervos pero tamén moita ilusión: era o momento elexido para dar vida á nova versión cibernética do líder intratable da información da Costa da Morte. E fíxose como sempre se soeron facer as cousas por estes lares: por sorpresa e sen avisar, cunha pizca de nocturnidade e tamén algo de alevosía, collendo a moitos, máis ben a todos, desprevenidos. Detrás de este acto impulsivo e modernizador había un duro traballo: unhas labores de migración cara a nova versión do xestor de contidos Joomla! que comenzaban hai tres meses e que permitiron pasar da anterior versión 1.5 a moito máis rexuvenecida e actual do 2.5, cambiando de xeito total o sistema a través dunha migración que supuxo un gran esforzo para poder conservar todas as noticias, usuarios, comentarios, libro de visitas, galería fotográfica (provisionalmente aínda non operativa), así como o paso de todo o arquivo fotográfico de camarinas.eu de preto 9 GB. Seis anos da vida de todo un concello, contados ao día e fotografiados ao momento, no que constitúe o gran arquivo da Camariñas dos nosos días: a hemeroteca da que haberá que tirar no futuro para entender como vivían as xentes dun pequeno concello illado do fin do mundo a comenzos do século XXI.

Tamén foi grande o traballo para deixar as direccións das noticias (URL´s) como estaban na versión antiga. Optimizouse totalmente a base de datos na que se depuraron moitos códigos. A web carga agora un 110% máis rápido, pero aínda quedan moitas cousas que pulir e que proximamente serán solucionadas. Pero máis que os detalles técnicos, o que supoñe este cambio é o compromiso firme, inamovible, dos seus redactores de seguir constituindo nos duros días que están por vir o medio de comunicación de referencia de Camariñas e da Costa da Morte, independente, apolítico, un pouco gamberro e bastante guasón: a web que sirve de vehículo de comunicación e información para todos os camariñáns que andan espallados polo mundo, a que conta con máis de 1.500 seguidores no facebook e 500 no twitter (seguidores da web, non das contas dos seus redactores, sen entende). Camarinas.eu nacía un 15 de agosto de 2007 cunha vontade firme de permanencia no tempo, para non deixar todo o torrente informativo nas mans das manipulacións e mentiras interesadas de políticos e xornalistas profesionais al dente, para dar por unha vez a voz a xente da rúa, ao pobo humilde e traballador e cargar en verdade a man en noticias nas que aparentemente non se saca ningún rédito económico ou político. As noticias sobre as cousas da xente, da xente de Camariñas.

A independencia anteriormente descrita conleva que o empresariado camariñán (¿un oximorón?) non meta aquí un peso e que deban ser os redactores da web os que sosteñan enteiramente co seu escaso patrimonio o mantemento da mesma e así por exemplo foron estos, básicamente do seu Director Diego Alonso Freire, os que deberon acometer a labor de modernización da páxina a base dun duro e fatigoso traballo de meses que non costou un peso ás depauperadas e famélicas arcas de Camarinas.eu. O resultado: un formato renovado e rexuvenecido, que recolle o máis vangardista e evolucionado que ofrece hoxe o mercado cibernético e que permite que o noso concello siga a ter dende un punta de vista técnico unha das mellores webs de Galicia. Con todo, aínda queda moito que mellorar e os días vindeiros  serán dun traballo intensivo para poñer a punto definitivamente esta nova andanza (e xa van tres) de Camarinas.eu. Calqueira sección, espazo ou categoría que poñades de menos ou calqueira outra indicación que consideredes que debe mellorar, facédenola chegar para que entre todos demos o toque final á web de tódolos camariñáns. A que vos pertence por dereito: porque se nos somos os cronistas vos sodes os protagonistas que a enchedes de contido día tras día. E así no sexto aniversario, nun día festivo no que toda unha rexión andaba espallada polas veraniegas praias, foi como chegou o salto cara ao futuro de Camarinas.eu. Esperemos que vos guste.

Comentarios   

frank
+6 # RE: Reencontro de camariñáns en Mallorcafrank 16/08/2013 10:13
Enhorabuena, muy bonita la nueva página.
Denunciar ante o administrador
pedro34
+5 # RE: No 6º Aniversario, unha nova web e un mesmo proxectopedro34 16/08/2013 15:10
Moi bo o novo deseño. graicas a camarinas.eu por dar a información rigurosa.
Denunciar ante o administrador
Jose Manuel da Ponte
+8 # Nova Web (Ano VI)Jose Manuel da Ponte 17/08/2013 02:27
Noraboa!
Cada dia da mais pracer entrar en esta (nosa) paxina.
Sempre tratando de superarse e millorar, para o deleite de todos os famentos das noticias da nosa vila e alrededores.
Os meus mais humildes parabéns a todos os voluntarios, colaboradores e, por suposto os autenticos: Diego & Marcos (aka Zhukov) de esta cousa tan especial.
Saudos desde Manhattan!!!
Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+5 # RE: No 6º Aniversario, unha nova web e un mesmo proxectoMoncho de Dios 18/08/2013 01:06
Te deseo que este nuevo proyecto que inicias te salga tal y como son en tus deseos internos ,siempre en el camino de mejorar la pagina y de tener informados a las personas que solemos tener de compañera esta tu pagina Diego,nuestros amigos por lo que a mi respeta van a ser siempre mi pensamiento en estado puro y mi verdad,acompaña dos como siempre de esa riqueza interior que voy acomulando de libertad sin ataduras ante nadie "libre,soy como el viento"
Denunciar ante o administrador
REVIVIR SIN MORIR
+4 # RE: No 6º Aniversario, unha nova web e un mesmo proxectoREVIVIR SIN MORIR 18/08/2013 14:26
Os budistas creen na reencarnacion despues da morte,Camariñas .eu se reencarna antes de padecer as secuencias ou o transito á morte,parte cunha vantaxe ,é empezar arranxando os problemas sen ter problemas ,é unha nova vida que nace sen vivir a vida e quen loita por ela morrer
Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+4 # tiene buen gusto el PRESIMoncho de Dios 19/08/2013 10:08
No cabe ninguna duda que nuestro presidente Feijoo tiene buen gusto al visitar nusetro faro Villano,no es para menos es uno de los lugares mas vistosos de España,el hombre venia con el buen fin de pasar un agradable fin de semana y no se si lo consiguio ,por mi parte ojala asi fuera ,ya que quiero hombres que descansen cuando les toque ,para luego volver con mas fuerzas al trabajo,para mi Feijoo es un gran valor que podemos presumir de tener en España
Denunciar ante o administrador
un gran escritor
+3 # A Garcia Marquezun gran escritor 19/08/2013 12:44
Non sempre temos o don da oportunidade.oc urria en en o dia 2 de maio de 1983 cando invitado por Garcia Sabell visítonos en Compostela o afamado escritor Garcia Marquez,púxolle unha condicion,que queria vir a Galicia de incognito e a boa que case o consiguio si non fóra por unha monjita que ía acompañada por unhas alumnas,foi saudar ao famosos escritor que lles asino educadamente,pa ra logo penetrarse no mundo do incognito,todos necesiatmos un pequeno espazo `para nós ,e ás veces non nolo permiten,Garcia Marquez traia un pensamento na cabeza que foi preñando de ideas e mais ideas ata conseguir dar a luz a un famoso libro seu "a Galicia Magica "deixemos descansar aos que estan traballando ,pois cando queren vir con parafernalia xa o anuncian a bombo e a platillo
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.