PDF Imprimir E-mail
Porto de Camariñas: A Gran Mentira do 2011
As obras prometidas no Porto de Camariñas: o maior engano da historia do noso concelloNon queríamos aquí en camarinas.eu rematar o ano que recén acaba sen deixar constancia ante a posteridade do que foi posiblemente o maior engano de toda a historia do Concello de Camariñas, a mentira máis ignominiosa, vergoñante e desvergonzada en todo o acontecer histórico destas benditas terras.  Os seus protagonistas: o agora defenestrado ex-Presidente de Portos de Galicia José Manuel Álvarez-Campana e toda a súa cuadrilla local, sen dúbidas sabedores do engano masivo que se perpetraba o día 10 de abril de 2010 contra as xentes de Camariñas, día que todos lembramos como o da presentación por todo o alto, TVG incluida, na Cofradía de Pescadores do así chamado rimbombantemente "Programa de Actuacións 2010-2014. Camariñas Século XXI", o conxunto de sete actuacións destinadas a cambiar o borde portuario da Vila das Palilleiras para sempre e que estaban orzamentadas inicialmente en 11,2 millóns de euros.
Por favor, registrate para calificar.
 
PDF Imprimir E-mail
Asociación Camarinas.eu
Nace a Asociación Camariñas na Rede Camarinas.eu lanza a Asociación Camarinas na Rede que se encargará de promocionar o correcto uso de internet así como da creación e divulgación de cursos tanto de iniciación como avanzados para todas aquelas persoas que decidan asociarse a esta nova sociedade."Camarinas.eu, Camariñas na rede" nace hoxe en Camariñas aínda que xa ven xestándose dende hai varios meses (incluso anos) cando anunciamos nun editorial fin de ano a creación da Asociación dos Usuarios de Camarinas.eu, que ao final convertirase nunha entidade moito máis ampla en canto a obxectivos e recursos. Outra das misións desta nova entidade será a de continuar o traballo desta web ca inclusión de novos redactores e voluntarios que queiran colaborar con Camarinas.eu así como garantir a supervivencia económica da mesma.
Por favor, registrate para calificar.
 
PDF Imprimir E-mail
Nota de Camarinas.eu

Camarinas.eu seguirá informando de forma independente como ata o de agora

En ningún momento se aludío a nadie específicamente nesta web. Quíxosenos crucificar publicamente. Xesucristo resucitou en 3 días e nos resucitamos nunhas horas!! En todo caso, aínda que empapelen toda Camariñas non o van a conseguir. Estes son os dous artigos donde saltou a polémica. Xuzguen vostedes mesmos:

 

- Noticia sobre o carnaval na escola
- Noticia sobre o carnaval no pavillón

De todos modos pedimos disculpas por quen se sentío aludido y/o ofendido e esperamos zanxar dunha vez esta tema.

Por favor, registrate para calificar.
 
PDF Imprimir E-mail
Opinion.eu: Xacobeo 2010

Artigo de Opinión de Florentino Rogero Figueiras

Dentro de non moitos días, concretamente o sábado seis de novembro, o Santo Pontífice Benedicto XVI chegará a Santiago de Compostela co gallo do Ano Xacobeo 2010. Ao día seguinte partirá en viaxe cara Barcelona, onde sectores de esquerda radical e independentista xa mostraron en público o seu rechazo á visita. E nembargantes, tal e como ilustra o noso usuario Florentino Rogero nun elaborado e exhaustivo artigo de opinión, o turismo de compoñente relixiosa, ligado ás peregrinacións xacobeas a Santiago e aos Anos Santos compostelanos, ten un papel vital, imprescindible e de importancia crecente para a economía dunha comunidade autónoma como a galega. Non pode atopar camarinas.eu mellor homenaxe á visita do Santo Padre a terras galegas que este impresionante artigo de Florentino Rogero, artigo que se debe sumar aos de usuarios cun grado de formación e un nivel intelectual como os de Antonio Puertas ou Xoán Ramón Carballo Alvite por só citar dous exemplos e que convirte a unha humilde e sinxela web dun pequeno pobo illado nos confíns atlánticos en todo un exemplo a seguir a nivel galego e en todo un hito en canto a visitas se refire. Algo terá camarinas.eu, cando xente do nivel, posición e formación dos tres exemplos citados se compromete a colaborar voluntaria, desinteresada e ilusionadamente ca web da súa terra nai. Vaia dende aquí e en nome de todos os nosos usuarios, o noso respeto, admiración e gratitude.
Por favor, registrate para calificar.
 
PDF Imprimir E-mail
2010: Nova version de Camarinas.eu

Camariñas, kilómetro cero

Quixo o destino que fora nos días finais do mes de agosto do ano do Noso Señor de 2007 cando camarinas.eu tomaba forma. Días de experimentación, de probas, de moita ilusión e bastante traballo: os días iniciáticos da web que estaba chamada a convertirse no maior xigante mediático endexamáis visto na Costa Atlántica. E tivo que ser xusto tres anos despois, no días finais do mes de agosto do ano do Noso Señor de 2010, cando a redacción encarou un traballo intenso e innovador para darlle a camarinas.eu o maior lavado de cara dende que botou a andar un 15 de agosto de 2007.

O primeiro lavado de cara máis ben. Unha das bases do éxito arroiador despregado por camarinas.eu ao longo deste tempo estivo basado no formato da web: unha plantilla sinxela e accesible, nembargantes pasados estes tres anos, o modelo daba síntomas de serio agotamento que afectaban principalmente ao seu xestor de contidos, o joomla 1.0.12, un modelo sobrepasado por versións muito máis modernas e do cal xa prácticamente resultaba imposible atopar novos componentes no innovador e trepidante mundo de internet. Por elo a redacción levaba xa dous meses traballando nunha actualización da páxina cando, xusto despois dunha avalancha de visitas nunca antes vista con ocasión da exhaustiva cobertura despregada por camarinas.eu nas Festas do Carme 2010, o noso administrador empezou a encadenar unha serie de errores sucesivos que acudindo á improvisación e picaresca típica da web fomos sobrelevando ata que este luns 23 de agosto, con motivo da publicación dunha noticia sobre a Festa de San Roque da Ponte do Porto, o administrador calou para sempre. Visto o caso, decidimos acelerar os cambios: migración da base de datos cara un novo xestor de contidos, novo formato e nova plantilla para a web máis vista de toda a historia da Costa da Morte, e así xusto unha semana despois de que a última das noticias fora publicada, o 30 de agosto de 2010, a nova camarinas.eu fai a súa aparición ante o gran público.

Esa foi a causa do inquedante silencio no que durante seis días se sumiron as rotativas de camarinas.eu, e non a feliz chegada a este mundo do máis recente dos redactores desta web, Tiago Alonso Carril, e que provocou que ducias, tal vez centos de mensaxes de usuarios da web inundaran en forma de emails, mensaxes e chamadas esta redacción ou de que nos pararan polas rúas ou no Café Bar Arnela para preguntar polos destinos da páxina de Camariñas, da súa páxina da alma. Porque todos eles entendían que camarinas.eu constitúe para este Concello un raro privilexio inatopable en terras semellantes: a dun medio de comunicación que non se move nin por intereses políticos (a política danos igual, canto máis lonxe, mellor) nin por intereses económicos (con tal de que non dé pérdidas, de que os redactores non nos vexamos obrigados a poñer cartos do noso bolsillo, xa nos damos por contentos). Trátase dunha web na que os seus fundadores dan por boas as decenas de miles de horas empregadas en ela porque, tarareando a canción, les gusta y porque les divierte, e porque levan a ledicia e a felicidade a unha gran cantidade de xente, persoas alonxadas da súa terriña, dos seus, xa sexa polo mundo adiante, xa se trate na propia España. Estamos polo tanto ante o instante máis decisivo de camarinas.eu nos seus tres anos de existencia, unha decisión inevitable e impostergable xa que non cabía máis alternativa: cambiar ou morrer. O modelo anteriorfacía inviable a supervivencia de camarinas.eu e o noso compromiso co desenrolo de Camariñas e cos seus centos de usuarios e miles de seguidores esixía dar un paso ao frente que nesta redacción, durante un traballo intenso e frenético ao longo desta semana, acometimos presentando ao gran público camariñán o novo formato da web que marcou un antes e un despois, que o revolucionou todo no internet destes recunchos atlánticos. Un formato que destaca polo seu carácter innvador e pioneiro, que recolle as novedades máis recentes en internet, no que destaca a potenciación do papel dos usuarios mediante a creación da gran rede social de Camariñas e que iremos pulindo ao longo dos vindeiros días dando por boas todas as suxerencias que os usuarios da web, en definitiva os seus grandes protagonistas, non vaian facendo chegar. Non quedaba máis alternativa. O cambio ao que damos forma este luns 30 de agosto de 2010 constitúe o maior reto da historia de camarinas.eu, unha reforma que sitúa a Camariñas como o epicentro neurálxico, o kilómetro cero,  da revolución dixital en Galicia: nunca un proxecto semellante de interacción entre un medio de comunicación e a colectividade á que vai dirixido existío en lugar algún. Esperemos (polo ben do Concello de Camariñas) que vos guste.

 

Por favor, registrate para calificar.
 
PDF Imprimir E-mail
Editorial: Tres anos de camarinas.eu

 

Constitúe un honor e un orgullo para camarinas.eu colaborar co xornal líder en Galicia

Tres anos de independencia

O domingo 15 de agosto de 2010, día do devastador incendio que asolou Xaviña, camarinas.eu cumpría tres anos de existencia e facíao dun xeito que resume á perfección o que foi a súa traxectoria vital: ca publicación dun documento gráfico excepcional, exemplo maxestuoso de xornalismo vivo e auténtico, aquel que intúe unha noticia explosiva, vai tras dela e ofrece ao seu público unha exclusiva chamada a facer historia, das que tardarán en ser olvidadas, que levantan unha polvareda poucas veces antes vista, das que se fai eco toda a competencia e que bate, na liña clásica da web, rexistros de visitas nun tempo récord. E sen embargo, lamentablemente, xúzgase o modo de actuar de camarinas.eu pola forma habitual de actuar de outros e créese ver unha intencionalidade política no que tan só foi unha demostración maxistral de auténtico xornalismo de raza. Neste punto convén non enganarse: os obxectivos de camarinas.eu non pasan porque tal ou cal persoa ocupe o sillón municipal, esta web foi concebida como un divertimento polos seus creadores, aos que a política lles importa un pimento, tal e como creemos que quedou ben acreditado ata o momento presente. Si camarinas.eu optase por participar no xogo político habíase notar, sobre todo nos resultados que acadaría a opción apoiada polo líder mediático da Costa da Morte. Porque nos respalda unha traxectoria impecable de independencia e imparcialidade, de rigor e obxectividade que nos levou en tan só en tres anos máxicos a acadar a cifra de 10.500.000 de visitas, números impensables non só xa no Concello de Camariñas senón en toda a Costa da Morte. Eso quen o sabe mellor que nadie, ademáis dos nosos miles de usuarios, son os xornalistas de La Voz de Galicia, medio líder intratable na nosa Comunidade Autónoma, exemplo de profesionalidade intachable, que este martes 17 de agosto situaban ata dúas fotografías de camarinas.eu ilustrando as súas portadas exterior e da edición de Carballo. Chegan tempos duros, días de plomo, as eleccións municipais están a volta da esquina, dende aquí tan só pedimos aos partidos políticos que nos deixen en paz, que nos deixen tranquilos, e aos nosos miles de usuarios tan só decirlles que nin os ataques máis inxustos e desproporcionados privarán ás xentes do Concello de Camariñas do seu único medio independente e veraz, da súa única garantía de rigor e independencia.

Por favor, registrate para calificar.
 
PDF Imprimir E-mail
Opinion.eu: Orixes da Crise Economica
Constitúen un honor para camarinas.eu as colaboracións dun economista do prestixio de Florentino Rogero
Constitúen un honor para camarinas.eu as colaboracións dun economista do prestixio de Florentino Rogero

Acadar o que en principio parecía o soño imposible  dos 10.000.000 de visitas tan só está ao alcance dunha web que conecte especialmente co público do seu entorno, que represente mellor que ninguén o conxunto de creencias, valores e principios dunha comunidade e na que  participen os mellores. Características que camarinas.eu aglutina no seu seo e que fixeron que xa prácticamente dende os seus inicios se convertira no líder mediático intratable do seu ámbito xeográfico e que día a día acade novos récords como o de chegar a dez millóns millóns de visitas en menos de tres anos de existencia. Un soño que nunca se acadaría sen a prolífica e vital colaboración dos nosos usuarios, auténtica alma desta páxina, como o caso do experto economista Florentino Rogero Figueiras, persoa cun currículum pouco común que dende a lonxana Madrid por propia iniciativa quixo involucrarse no desenrolo diario da web da terra da súa nai, na que conta cunha sección propia adicada á literatura galega. Nembargantes, o presente artigo destínao Florentino Rogero a explicar aos usuarios de camarinas.eu nunha linguaxe diáfana, clara, perfectamente entendible para todos, as orixes da maior crise económica dende o crack da bolsa de 1929. Unha colaboración que constitúe todo un luxo para esta redacción e que contribúe a desenrolar a labor pedagóxica e instructiva que está inscrita en letras de ouro no libro de estilo da web que acadou por vez primeira (¿única?) nesta Franxa Atlántica os dez millóns de visitas: camarinas.eu.

Por favor, registrate para calificar.
 
PDF Imprimir E-mail
Camarinas.eu: O Gran Medio de Comunicacion da Costa da Morte

Camarinas.eu, a páxina de Camariñas, recolle outro recoñecemenbto dun grande do xornalismo galego
Camarinas.eu, a páxina de Camariñas, recolle outro recoñecemenbto dun grande do xornalismo galego

A credibilidade do Líder

Despois de recoñecementos provintes dos grandes medios de comunciación de Galicia, de aparecer nas páxinas de El Correo Gallego, de portadas e contraportadas a nivel nacional e de ter unha presencia semanal regular e constante en La Voz de Galicia, líder na nosa comunidade autónoma, de encher de contidos incluso os xornais deportivos galegos, quedaba unha conta pendente con outro dos grandes do xornalismo galaico: La Opinión de A Coruña. Nunha noticia que abranguía prácticamente a totalidade da páxina o xornal coruñés facíase eco este mércores 9 de xuño de 2010 ("El perdón de un sacrilego") dos sucesos tristemente acaecidos na nosa vila durante o acto de confirmación do 28 de maio e reproducía ata tres imaxes propiedade de camarinas.eu, unha delas sacada cun móvil as 7:30 dunha desapacible mañán chuviosa. Desta forma prémiase unha forma de facer as cousas, unha línea editorial de rigor e credibilidade, de publicación de noticias veraces e contrastadas, de independencia, imparcialidade  e obxectividade que leva aos grandes medios de comunicación de Galicia a fixarse no gran líder mediático da Costa Atlántica, aquel que cada día que pasa aumenta a pasos axigantados a distancia que o separa dos medios do seu entorno e que nunca incluío no seu libro de estilo a publicación de rumores, de dimes e diretes, de crispación ciudadana. Seguramente moitas máis noticias de camarinas.eu apareceron nos grandes medios sin que esta redacción dera fe delo, pero non se debe olvidar que aquí vivimos do noso traballo, que esta (aínda que en ocasións non o parezca) é unha web amateur, creada polos seus redactores por puro placer e divertimento, redactada a diario nos momentos libres que deixa un traballo sempre escravo e  sempre primordial. Todo o cal ademáis reflexa a necesidade do Concello de Camariñas de contar cun medio en condicións de poder participar con voz e voto no concerto dos grandes do xornalismo galego, para defender os nosos intereses vitais ata o último alento, para dar a coñecer ao mundo a realidade dunha terra distinta e única.

Por favor, registrate para calificar.
 
PDF Imprimir E-mail
Camarinas.eu chega aos 9.000.000 de visitas
Constitúe un honor que persoas da valía e coñecementos de Antonio M. Carmona se fixen en camarinas.eu
Constitúe un honor que persoas da valía e coñecementos de Antonio M. Carmona se fixen en camarinas.eu

Un honor para camarinas.eu

En verdade aquí en camarinas.eu todos os nosos usuarios son igual de importantes e igual de valiosos son os comentarios que deixan en calqueira das noticias.  Sen embargo, este venres 19 de marzo os redactores desta pequena e humilde web dun pobo perdido na remota Costa da Morte atoparon un comentario que os emocionou especialmente. En primeiro lugar pola calidade literaria e humana que translucía e despois por vir de quen viña: de Antonio Miguel Carmona, Doctor en Ciencias Económicas, Profesor de Economía, piloto, Oficial do Exército do Aire, editor, poeta, ex-xogador dos xuveniles do Real Madrid... pero máis coñecido en estos lares por ser membro da executiva do PSM-PSOE e sobre todo por participar en diferentes tertulias televisivas de ámbito nacional como 59 segundos, a incluida no programa de Ana Rosa Quintana ou, especialmente, en El Gato al Agua, o gran programa de Intereconomía, onde o podemos atopar polas noites de 22:00 a 24:00 horas defendendo arduamente os seus puntos de vista. Compañeiro e amigo do noso querido usuario Florentino Rogero Figueiras, non podía deixar pasar a ocasión de deixar o seu graniño de area na gran sección adicada á Literatura Galega en camarinas.eu. Dende logo, agora que esta pequena web amateur e familiar está  a piques de chegar aos 9 millóns de visitas, non podía caber maior honor.

Por favor, registrate para calificar.
 
PDF Imprimir E-mail
Camarinas.eu 9º Medio de Comunicacion galego en internet

Os mellores días de Camarinas.eu

A páxina de Camariñas, camarinas.eu vive os mellores días da súa historia cuns números espectaculares
A páxina de Camariñas, camarinas.eu vive os mellores días da súa historia cuns números espectaculares

A semellanza de calqueira dos telediarios das cadenas de ámbito nacional, vai unha de autobombo: boing, boing, boing... Este 3 de marzo de 2010 comprobando os datos do medidor global Alexa estes dous humildes siervos do Señor constataron con bágoas nos ollos como unha web humilde dun pobo remoto, sen cáseque ningún medio material e só ca axuda dun puñado de fieis sponsors e dunha lexión de seguidores entusiastas e activos, vive os mellores días da súa historia situándose como 9º medio de comunicación galego por internet e adiantando a versións dixitais de diarios galegos emblemáticos e de potente orzamento como Atlántico Diario, El Ideal Gallego ou Xornal de Galicia. Asemesmo, aumenta a distancia que a separa das restantes webs da Costa da Morte ata alcanzar xa distancias cáseque siderais. Con estos datos de Alexa.com, web subsidiaria de Amazom.com, convén non enganarse: ao día de hoxe o mellor escaparate para Camariñas e as súas empresas é camarinas.eu e o que non sala nas súas páxinas é prácticamente como si non existise. Ademáis, premia o rigor no traballo e a imparcialidade política consagrando a línea dunha web  que foi a única en defender dende o primer día a integridade territorial do concello, que nunca se adicou a inventar polémicas absurdas, a instigar patrioterismos baratos ou a publicar falsos rumores: din que, fálase de, poderíase ser que, un supuesto lobo... En todo caso, si queres saber quen e quen a día de hoxe nesta Costa da Morte dos nosos pecados consulta a lista que publica camarinas.eu

Por favor, registrate para calificar.
 


Página 1 de 5