Inicio arrow Deportes
Narrow screen resolution Wide screen resolution default color green color orange color

Usuarios en Liña

Guests: 27
Members: 3

Login!!

Quen está no chat?

    Estadísticas

    Visitantes: 8851993
    Noticias Deportivas do Concello de Camariñas
    A Cronica do Mago de Corea 07-03-2010
    (41 votos)

    Este sábado, Juanillo na TVG 2

    Ninguén mellor que o xefe dos deportes de camarinas.eu para glosar os triunfos dos Veteranos do Camariñas
    Ninguén mellor que o xefe dos deportes de camarinas.eu para glosar os triunfos dos Veteranos do Camariñas

    Novo triunfo do Cerceda dun Juanillo que conta con ansiedade os segundos que lle restan para volver ás canchas de xogo. Deus mediante, o retorno do ídolo do Barrio de Corea producirase este sábado ante o Alondras nun encontro no que as cámaras da Televisión de Galicia 2 levarán ata tódolos fogares galegos a clase e a garra do mellor futbolista da historia desta Costa da Morte dos nosos desvelos.  Polo demáis, aplastante victoria dun FC Camariñas que volve á senda da victoria, neste caso ante un rival directo na liga  particular dos grandes portos mariñeiros: o Malpica; e derrota dun Porteño que vendío cara a súa derrota ante un dos todopoderosos da categoría: o Xallas. Finalmente, nada novo no horizonte dos Veteranos do FC Camariñas e nova victoria do conxunto dirixido pola man experta de Gonzalo, sabiduría futbolística en movimiento.

     
    Doble xornada este fin de semana para o Encaixe-Camarinas
    (34 votos)


    As xogadoras do CB Femenino afrontan o reto de saír victoriosas dos dous choques deste fin de semana
    As xogadoras do CB Femenino afrontan o reto de saír victoriosas dos dous choques deste fin de semana

    O Club Balonmán Encaixe-Camariñas retoma este fin de semana o pulso da liga femenina despois da contundente derrota ante o poderoso Porriño por 32 a 7 cunha nova xornada dobre que medirá ao noso equipo aos conxuntos de Calfoncal Lavadores e BM Tui entre o sábado e o domingo e cun lapso horario inferior ás 20 horas de diferencia. Aquí en camarinas.eu non sabemos quen elabora estos horarios tan destartalados e incomprensibles, pero o caso é que con semellante período de recuperación entre partidos non creemos que cara o encontro matutino do domingo haia que ser excesivamente optimistas. En fin, seguro que as nosas rapazas crécense ante a adversidade e tratarán ata o límite das súas posibilidades de saír victoriosas de ambos choques. ¡¡VAMOS ALLÁ, CHICASSS!!

     
    A Cronica do Mago de Corea 28-02-2010
    (67 votos)

    Un Porteño épico vence con facilidade no derby

    Emulando aos xogadores daquel mítico plantel que gañou a Copa da Costa, o Porteño arrasou no derby
    Emulando aos xogadores daquel mítico plantel que gañou a Copa da Costa, o Porteño arrasou no derby

    Nin siquera na levantina Cartaxena, a onde se tivo que desplazar esta última semana, se olvidou o redactor en xefe dos deportes de camarinas.eu da súa cita semanal cos centos de seguidores da sabiduría futbolística do mellor xogador da historia da Costa da Morte e así envíanos unha nova edición da súa crónica futbolera na que repasa a épica victoria dun Porteño imbatible no derby camariñán, consolidando desta maneira unha impresionante remontada que o alonxa dos postos de descenso. Asemesmo, pasa revista a unha nova victoria dos Veteranos do FC Camariñas e ao empate dun Cerceda que segue a sacar dous puntos de ventaxa ao Deportivo B. Como sempre, a mellor crónica da gran victoria do histórico Porteño no seu mítico e lexendario Estadio da Grixa en camarinas.eu da man de Juan Manuel Cabrejo Pasantes, O Mago de Corea.

     
    Segunda Xornada da Copa da Liga de Veteranos
    (91 votos)

    A Copa dos Grandes Oligarcas

    A crisis económica que asola España non existe para os clubs de veteranos e as fichaxes estrela multiplícanse
    A crisis económica que asola España non existe para os clubs de veteranos e as fichaxes estrela multiplícanse

    O término oligarca volvío a revivir a principios da década dos 90 na estela deixada pola descomposición da Unión Soviética para designar a un pequeno grupo de multimillonarios (maiormente de orixes hebreas: Roman Abrámovich, Borís Berezovski, Mijaíl Fridman, Vladímir Gusinski, Mijaíl Jodorkovski...) que cos fondos provintes do saqueo das empresas públicas asumiron as rendas económicas e políticas dun país arruinado. E entón todo foi dedicarse ao mecenazgo das artes e do deporte e comprar equipos de fútbol ou hockey xeo e ballets por ducias. Á súa semellanza, un puñado de pequenos e humildes empresarios camariñáns decidiron fundar o seu propio club de fútbol, de viejas glorias, eso sí, e entón todo foi surxir equipos de nova planta feitos a golpe de talonario por potentados xaviñáns no mellor exemplo do Chelsea de Román Abrámovich e que nembargantes non acaban de furrular todo o ben que sería desexable en proporción ás astronómicas cifras do capital invertido, ou clubs que levan máis alá a aposta inicial e chegan a fichar en operacións relámpago a estrelas provintes da Liga da Costa. A Copa de Veteranos dobla a súa aposta inicial e entra nunha espiral de gasto suicida na cal os clubs arriscan  cifras astronómicas con fichaxes imposibles. ¿Traerá consigo un hipotético derrumbe económico da Liga de Veteranos a quiebra radical e completa da economía camariñana? ¿Asistiremos en Camariñas a un corralito financiero a semellanza do que asolou Argentina hai 10 anos? Todo pode ser, querido electorado, nestos tiempos turbulentos e feroces. Malos tiempos.

     
    2º Campeonato de Pesca Cabo Vilan
    (31 votos)

    Convocado o 2º Campeonato de Pesca "Cabo Vilán"

    Todo está listo na Asociación de Empresarios para a segunda edición do Concurso de Pesca Deportiva
    Todo está listo na Asociación de Empresarios para a segunda edición do Concurso de Pesca Deportiva

    Pois efectivamente, segundo nos comunican dende a Asociación de Empresarios de Camariñas xa está todo listo para que o próximo 20 de marzo de 2010, como antesala da Mostra do Encaixe que engalanará a Vila dos Encaixes durante os sagrados días da Semana Santa se leve a cabo a 2ª edición do Campeonato de Pesca "Cabo Vilán". A zona acotada para a práctica da pesca será a semellanza da primeira edición dende a Praia da Pedrosa ata o fértil Areal de Trece. Haberá premios para os primeiros clasificados e un ríxido reglamento que cumprir. En todo caso, os interesados en participar teñen no interior desta noticia as bases do campeonato. 

     
    Primeira Xornada da Copa da Liga de Veteranos
    (51 votos)
    A Liga de Veteranos convertío O Areal no maior centro de peregrinación deportiva da Costa da Morte
    A Liga de Veteranos convertío O Areal no maior centro de peregrinación deportiva da Costa da Morte

    Graceland

    Foi o compositor norteamericano Paul Simon o que consagrou na súa canción Graceland, pioneira de fusión pop-rock con ritmos étnicos sudafricanos,  a mansión sureña testigo da vida e pasión de Elvis Presley como santuario de peregrinación para as masas desarrapadas norteamericanas: "Poorboys and pilgrims with families and we are going to Graceland". Efectivamente, rapaces pobres e peregrinos e familias enteiras acudían devotamente baixo o sol abrasador cara Memphis, Tennessee. De igual xeito, o pobo humilde e traballador camariñán, aquel ignorado nos seus divertimentos polas cuantiosas subvencións públicas e polos potentados muchimillonarios municipais, acudirá relixiosamente en masa cada domingo a un Pabellón de O Areal, convertido en centro de peregrinación deportiva. Porque estamos a falar dunha liga, agora Copa, cun logotipo propio protexido por tres leis norteamericanas anticopia (C, R, TM) e na que, tal e como rezaba a canción do xenio xudeo de Newark, New Jersey, hai sobradas razóns para crer que todos seremos ben recibidos: "Maybe I've a reason to believe We all will be received In Graceland". 

     
    A Cronica do Mago de Corea 21-02-2010
    (65 votos)

    Cada vez máis líder

    Triunfo vital dun Cerceda que se afianza cada vez máis no liderato da Teceira División Galega
    Triunfo vital dun Cerceda que se afianza cada vez máis no liderato da Teceira División Galega

    En verdade a traxectoria do Cerceda de Juanillo, cada vez estase parecendo máis a do Cartagena da derradeira temporada: a dun conxunto sempre nos postos de arriba da tabla que a cada xornada que pasa afiánzase máis no seu xogo para acabar a temporada como líder imbatible.  Desta volta, cóntanos o mellor xogador da historia da Costa da Morte que o golpe de autoridade foi dado diante do Narón cun importante e decisivo triunfo. Polo que respecta aos conxuntos camariñáns, xornada agridoce, con dous empates e unha derrota como aperitivo para o derby camariñán da próxima xornada. Outro derby máis de máxima rivalidade contemplado polos vetustos muros de bobadilla do histórico pero destartalado Estadio da Grixa e no que, Deus mediante, camarinas.eu estará presente.

     
    A Cronica do Mago de Corea 14-2-2010
    (70 votos)

    Un ano máis con Papi

    O Mago de Corea fálanos na súa sección dunha boa semana no seu conxunto para os equipos camariñáns
    O Mago de Corea fálanos na súa sección dunha boa semana no seu conxunto para os equipos camariñáns

    Andamos de renovación na conexión a internet na humilde pero millonaria redacción da web líder da Costa Atlántica e por elo non aparece no día que debera a puntual crónica do redactor en xefe dos deportes de camarinas.eu. Unha crónica na que conta como un Cerceda no que Juanillo volvío a xogar uns minutos se coloca a só un punto líder da Terceira División galega; como o FC Camariñas recoñece a gran labor desenrolada polo muxián Papi e decide renovarlle como técnico un ano máis; conta tamén o Mago de Corea como este Porteño redivivo volvío a apalizar a un rival no seu mítico pero destartalado feudo ou finalmente como os Veteranos adestrados pola sabia man de Gonzalo volveron de Zas con outro importante triunfo. Toda a actualidade do fútbol camariñán da man de Juanillo en camarinas.eu.

     
    A Cronica do Mago de Corea 07-02-2010
    (56 votos)

    A resurreción do Porteño en O Pindo

    Camarinas.eu estivo presente na nova victoria acadada polos Veteranos do FC Camariñas nesta xornada
    Camarinas.eu estivo presente na nova victoria acadada polos Veteranos do FC Camariñas nesta xornada

    Novo repaso completo e exhaustivo por parte do Mago de Corea á actualidade do fútbol municipal tras un fin de semana deportiva e socialmente demasiado intenso. Intentando poñer orde á unhas percepcións sensoriais seriamente alteradas entre todos os membros da redacción de camarinas.eu tras a asistencia á impresionante e caótica churrascada celebrada en Xaviña polos equipos percebeiros da Liga de Veteranos de Camariñas, Juanillo conta os segundos que restan para a súa reentré na despiadada competición oficial e cóntanos a impresionante victoria acadada polo histórico conxunto da Ponte do Porto no sureño campo de O Pindo (terra de antigas desdichas de camarinas.eu) que permite soñar cun cambio de rumbo que faga posible que a permanencia na categoría non sexa xa tan só un soño. Como sempre o repaso máis exhaustivo e a través da voz dos seus propios protagonistas na páxina líder da Costa Atlántica.

     
    Cena Veteranos/Convocatoria da Copa de Veteranos
    (90 votos)

    A noite das portas abertas

    Trinta camariñáns, maiormente percebeiros, reuníronse nunha impresionante cea para celebrar o éxito da liga
    Trinta camariñáns, maiormente percebeiros, reuníronse nunha impresionante cea para celebrar o éxito da liga

    En principio tratábase dunha invitación do Presidente do Puerto Arnela si o derby que enfrentaba ao seu equipo co dos Boliños na final percebeira mundial acababa sin jaleos, precaución innecesaria xa que o que se presentaba con tintes de cruenta guerra civil resultou ser un duelo de guante blanco que parecía por momentos xogado entre cabaleiros pertencentes á Orde do Imperio Británico. Pero ao final apuntáronse tamén aficcionados, xornalistas, admiradores e algún outro que pasaba por alí e así este sábado 6 de febreiro tivo lugar a un nivel decibélico inusualmente alto e cunha treintena de participantes unha churrascada nun coñecido ristorante xaviñán que permitío (según comentou un dos presentes) que "en Camariñas esta noite a xente poda durmir cas portas das casas abertas..."

    Por outro lado, camarinas.eu non podía deixar de lado ao Bodegón A Moleda, xusto campeón do gran torneo de masas do Concello de Camariñas e presentouse no fogar do mesmo para tomar nota da cena de homenaxe aos héroes. Club de Veteranos que sen dúbidas tomará parte na gran Copa que xa se ven anunciando e da que ese ente descoñecido e secreto, intrigante e ameazador, chamado Organización envía a camarinas.eu a Convocatoria Oficial da Copa de Veteranos de Camariñas. Polo tanto aquí tedes tres noticias en unha: Cena de equipos percebeiros, cena do Moleda e Convocatoria Oficial. Ah, e con vídeos e fotos.

     
    << Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

    Resultados 1 - 10 de 183

    Nosos Patrocinadores