Primeiro foi a consecución do título de liga sen perder nin un só partido, despois chegou a Copa da Costa que se conquistou a base de victorias contundentes contra os mellores, e finalmente o xusto premio para os Prebenxamíns do FC Camariñas coa participación na Intercomarcal de Negreira e que reunía a algúns dos mellores equipos galegos de F8. E agora chega outro gran recoñecemento para a Escola de Fútbol do FC Camariñas pero desta volta por parte dun dos grandes clubes de España: O xogador dos prebenxamíns do FC Camariñas Mateo Sar Romero foi reclamado na tarde deste mesmo martes 22 de maio polo Real Club Deportivo da Coruña para facer as probas de integración mediante comunicado oficial que recibía o Presidente do club camariñán Vicente Carril. O premio especial final para a coronación dunha temporada espectacular por parte da Escola de Fútbol do FC Camariñas. HÉROES CAMARIÑÁNS!!

Tal e como nos comentaba o noso eterno e querido presi, visiblemente emocionado coa noticia, foi na Fase Intercomarcal Prebenxamín celebrada esta fin de semana en Negreira cando os olleadores do Depor se fixeran no excelente xogo que os prebenxamíns do FC Camariñas desplegaron ante os todopoderosos clasificados para esta Intercomarcal prebenxamín celebrada en Ngreira.

E entre todos os nosos pequechos destacou un xogador a veces tímido, cunha meleniña rubia atada cunha cintiña aoredor do peliño, un dominio do medio campo intelixente e poderoso e cun tiro dende fora da área letal. Mateo Sar encandilou aos observadores do Deportivo que non quixeron esperar máis por si outro equipo se adiantaba, e dous días despois enviavan o correo oficial no que reclamaban a asistencia deste crack do fútbol camariñán chamado Mateo Sar Romero a un adestramento organizado polo equipo de Captación e Scouting do RC Deportivo da Coruña.

Correo no que o RC Deportivo da Coruña reclama ao prebenxamín do FC Camariñas Mateo Sar


Correo oficial do Deportivo da Coruña reclamando ao xogador do FC Camariñas Mateo Sar

 

Un éxito sen precedentes en toda a historia do FC Camariñas e, por extensión de todo o fútbol base da Costa da Morte. Que unha escola de fútbol como a do FC Camariñas, con menos dun ano de existencia estea colleitando semellante número de éxitos só pode ser fruto dun traballo escepcional destes nenos e nenas que forman a canteira do Camariñas apoiados por un corpo técnico enormemente capacitado e, sobretodo, por uns pais e nais volcados coa pasión que os seu pequenos profesan polo deporte rei.

Hoxe estaban especialmente emocionados todos os nenos que forman parte desta gran familia na que se converteu o FC Camariñas e querían compartir este logro co seu amigo Mateo. Mañán na escola non falarán doutra cousa estes nenos que viven e soñan o fútbol dunha maneira especial. Dende aquí tan só nos queda felicitar a Mateo e a toda a súa familia e desexar que aproveite ao máximo esta oportunidade única que por méritos propios que lle brinda a vida. Noraboa Mateo, noraboa Escola de Fútbol do FC Camariñas.

Gol de Mateo Sar ao CD Lugo na Intercomarcal de Negreira


Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar