Chega o momento de facer xustiza cos nosos chavales do equipo infantil de fútbol sala FC Camariñas e cos seus adestradores Isidro Caamaño e o noso compañeiro Víctor Gómez Sestayo e publicar nesta web a consecución do título de liga que hai unhas cantas semanas conseguían lograr estes verdadeiros campións. E foi no derradeiro partido de liga desputado en Muxía cando os nosos conseguiron lograr outro fito histórico para o FC Camariñas afianzando máis si cabe o traballo realizado dende as Escolas de Fútbol da vila das Palilleiras. Pero non quedou ahí a cousa, despois de lograr o título de liga os nosos rapaces chegaban ao torneo intercomarcal que os enfrontaba contra algúns dos mellores equipos da bisbarra levándose caseque de calle esta importantísima competición. Así que desta volta tócanos anotar outro extraordinario éxito máis no casilleiro desta Escola de Fútbol do FC Camariñas con estes dous importantes títulos logrados polos infantiles de fútbol sala e, como non, darlles a noraboa a estes intrépidos rapaces que lograron tal conquista para o noso fútbol, e tamén felicitar a estas nais e pais dos rapaces que poñen o seu importante gran de area para que estas categorías inferiores do FC Camariñas poidan consolidarse.

Para todos aqueles pais que desexen matricular aos seus nenos nas Escolas de Fútbol do FC Camariñas poden facelo chamando ao 600 87 24 63

Benxamíns - As Baleas 3 - 5 FC Camariñas


E outra vez temos que volver a comentar outra victoria dos benxamíns do FC Camariñas nun partido que os enfrontaba aos seus compañeiros das Baleas na mañán deste pasado domingo 6 de maio e no que os rapaces de ámbolos dous conxuntos cuaxaron un bonito encontro. Os nenos do FC Camariñas, entre os que se atopan gran parte dos prebenxamíns do mesmo club, viñan de xogar dous importantísimos partidos consecutivos. O primeiro deles desputáronno os prebenxamíns dous días antes, o venres tarde no Hermanas Patiño, contra un correoso SD Fisterra que na primeira parte dou graves problemas ao corpo técnico do Camariñas que chegaba ao descanso con un cero a cero no marcador. Xa na segunda metade os nosos repuxéronse do jaque que os fisterráns lle asestaban na primeira mertade e lograron poñer no marcador final un total de 4 a 0. Unha gran victoria na liga prebenxamín que os acercaba un pouquiño máis ao título de liga. Así esta traballada victoria contra o Fisterra chegaba como prolegómeno do que estaba por vir ao día seguinte cando os nosos, despois dun apoteósico encontro, lograban remontar un 4 a 0 e gañar o título de liga de F8 da Costa da Morte e que xa comentamos anteriormente nesta web.

E chegaba o domingo de mañán cando tocaba enfrontarse cos rapaces das Baleas, maiores en idade e moito máis fortes tanto física como tácticamente xa que levan adestrando varios anos xuntos. Pero estes rapaces do FC Camariñas, Campións de Liga e auténticos nenos apaixoados polo fútbol lograron tamén impoñerse aos seus compatriotas das Baleas e remataron o partido cun marcador favorable de 3 a 5. Todo un fin de semana cheo de victorias destes pequenos prebenxamíns e benxamíns que ven recompensado todo o traballo e deicación posto pola súa parte nestes primeiros meses de vida da Escola de Fútbol do FC Camariñas.

E como premio a todos os que forman parte das categorías inferiores do FC Camariñas, este sábado 12 de maio celebrarase no mítico Estadio Muncipal Hermanas Patiño a Copa da Costa de Fútbol Base na cal se darán cita máis de 400 nenos e nenas de 20 clubes de toda a comarca. Unha recompensa que a Federación Galega de Fútbol concede á xente do FC Camariñas como recoñecemento a todo o traballo feito neste primeiro ano de vida da Escola de Fútbol do FC Camariñas.

Prebenxamíns - FC Camariñas 4 - 0 SD Fisterra


Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar