Tiveron que pasar 20 largos anos de fútbol base en Camariñas para que un club da vila das palilleiras dera o valente e necesario paso para organizar un evento deportivo da importancia da Copa da Costa das categorías base da Costa da Morte. Un acontecemento sen precedentes en todo o Concello de Camariñas, e tiveron que ser as nais e pais da Escola de Fútbol do FC Camariñas os que, no seu primeiro ano de vida, executaran os trámites oportunos para que a Federación Galega de Fútbol concedera ao FC Camariñas a organización dun importante evento deportivo que traerá a máis de 400 futbolistas de toda a Costa da Morte e aos seus familiares ata Camariñas. Todo un impulso económico e turístico para a nosa vila concedido polo traballo altruista destes pais e nais do FC Camariñas. E sen dúbida un importante voto de confianza desde a Federación Galega de Fútbol ao traballo desenrolado no fútbol base polo FC Camariñas

Fito sen precendentes no fútbol base camariñán: A Copa da Costa F8 desputarase en Camariñas durante toda a xornada deste sábado 12 de maio organizada polo FC Camariñas

A partir das 9:00 horas da mañá deste sábado 12 de maio Camariñas empezará a recibir os primeiros autobuses cheos de pequenos deportistas que participaran no torneo oficial da Copa da Costa ata o Estadio Hermanas Patiño. Un estadio camariñán totalmente acicalado e cunhas instalacións perfectamente preparadas para o evento coa colaboración inestimable do Concello de Camariñas e Protección Civil, e cunha organización de mulleres e homes encargados de que o paso destes rapaces por un dos campos máis míticos da Costa da Morte sexa inolvidable.

No que respecta ao méramente deportivo cabe destacar que os 20 equipos que se enfrontarán este sábado están divididos en tres categorías: prebenxamín, benxamín  e alevín, xogándose tres eliminatorias entre os oito equipos participantes a excepción dos prebenxamíns, que xogaran dúas eliminatorias. Polo tanto dos encontros desputados no transcurso deste sábado 12 de maio sairán os tres campións da Copa da Costa de fútbol base F8 no que o único representante do noso concello é o equipo prebenxamín do FC Camariñas como invicto campión de liga desta categoría.

A Federación Galega de Fútbol recoñece o gran traballo realizado polo FC Camariñas a prol do fútbol base neste ano de fundación da súa Escola de Fútbol.

E é que despois da xesta lograda tanto polos infantiles co logro do campionato intercomarcal como polos prebenxamíns do FC Camariñas coa consecución do tílulo ligueiro no campo do Xallas así como a potenciación das demáis categorías base que están a realizar, é este un recoñecemento por parte da Federación Galega de Fútbol a todo o esforzo e dedicación que as nais e pais do FC Camariñas levan desenrolando no seu primeiro ano de vida para devolver a ilusión polo deporte rei aos nenos e nenas de todo o Concello de Camariñas. Este sábado 12 de maio todos os afeccioados ao fútbol da Costa da Morte están invitados a desfrutar dunha marabillosa Copa da Costa F-8 do fútbol base. Alí estaremos.

Programa partidos da Copa da Costa F-8 que se desputará en Camariñas

NOTA: Para todos aqueles clubes pertencentes ao ámbito municipal do Concello de Camariñas poñemos a disposición o email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. para que nos fagan chegar todas as notas de prensa que desexen publicar no medio máis importante da Costa da Morte.

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar