Mal acaba o que mal empeza. Ao final o refraneiro popular ven outra vez a reclamar a súa sabiduría absoluta. O FC Camariñas remataba unha desastrosa competición ligueira tal e como comenzou esta: cun partido sin pena nin gloria fronte aos veciños dun apagado Muxía CF e, a pesares da victoria in-extremis dos nosos por 2 goles a 1, a machada chegaba vía whatsapp mediante mensaxe de texto que anunciaba o empate no último minuto do UC Cee ante o Buño que dilapidaba para sempre todas as esperanzas postas polo graderío local na tan ansiada permanencia. Así despois de 40 anos de grandes éxitos e xestas do FC Camariñas por primeira vez na súa historia o equipo da vila das palilleiras descende ao inferno do grupo quinto da terceira rexional para bochorno de todos os siareiros camariñáns.

Dende esta redacción non vamos a facer leña do árbol caído, non foi o noso estilo nin nunca o será e menos co equipo que levamos no corazón, todo o contrario. En todo o que podamos axudar aquí contarán sempre co noso apoio, pero si que debemos reclamar de todos os integrantes do clube unha seria reflexión sobre este lamentable descenso que nunca se debería ter producido. Moito antes se debería ter reconducida a situación, pero sempre se quixo facer como que non sucedía nada grave e ao final pasou o que pasou.

Calqueira club ten que saber asumir tanto os éxitos como os fracasos e sacar destes momentos o seu honor e señorío, facer os cambios pertinentes tanto deportivos como na dirección para superar este lamentable bache e comezar a traballar arreo para volver a ilusionar a unha afición moi tocada animicamente. E sobretodo toca recapacitar sobre o máis importante: coidar e mimar ao máximo a recén creada Escola de Fútbol dos nenos do FC Camariñas que están volvendo a levar a ilusión e a pasión polo fútbol a todo un pobo. Se o traballo que se fixo este ano coa canteira ten continuidade no tempo dende aquí asegurámosvos, e desto non temos a menor dúbida, de que o grave problema de plantilla que sofríu o FC Camariñas esta temporada non volverá a suceder. Todo o contrario, haberá futbolistas de sobra para armar dous equipos, pero eso dependede de que se protexa e mime ao máximo esta escoliña de fútbol de pequenos camariñáns. E se non se sabe coidar desto ou uns responsables do equipo non se ven capacitados para elo, pois polo menos que deixen aos pais e nais dos nenos facelo, porque ata o de agora demostraron máis que con creces que saben levar as rendas dunha canteira. Ahí están os resultados e ahí está a xestión que o avala. Así que agora toca atarse os machos, levantar a cabeza, mirar cara adiante e comezar a traballar para poñer ao FC Camariñas no lugar que se merece. Temos un ano para elo. Vamos Camariñas!

Comentarios   

Anónimo 2018
0 # RE: O FC Camariñas descende a 3ª rexional por primeira vez na súa historiaAnónimo 2018 04/05/2018 05:35
Xa se sabia desde o comezo da temporada o posible descenso do Camariñas, é normal que os xogadores do pobo non volvan cando os trataron mal en anos anteriores, pero siempre hai cartos pa pagarlle os de fora é algún que outro da propia casa... Comenzando por un entrenador que deberia abandoar o club desde fai meses e agora mesmo en 3 e con moitos xogadores que non continuan nin volveran mentras él estea no club, despois as categorias inferiores en un club donde non hai entrenadores cualificados e donde a maioria non xoga porque o desean solo fai falta ver algún partido, o importante dun club é máis coma o Camariñas e o 1 equipo, pero xa sabemos o que opina o director de esta web, normal tendo o fillo nas categorias inferiores e tirando de hipocresia coma casi sempre, esperemos un cambio de directiva donde esa mismo carece de conceptos futbolisticos e menos na zona da Costa e a destitución do entrenador.
Responder | Denunciar ante o administrador
Anónimo tamén
-1 # RE: O FC Camariñas descende a 3ª rexional por primeira vez na súa historiaAnónimo tamén 04/05/2018 10:38
A ver anónimo explícate mellor que non ai dios que che entenda., dis unha cousa despois outra. non se entende nada,
Responder | Denunciar ante o administrador
Anonimo 3
-1 # RE: O FC Camariñas descende a 3ª rexional por primeira vez na súa historiaAnonimo 3 04/05/2018 10:58
Eu creo que se explica ben, pero en resumen, un cambio de directiva e outro entrenador e o que vemos todos.
Responder | Denunciar ante o administrador

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar