Partido horrible no peor día posible. Saímos ao campo mentalizados en sacar 2 puntos pero quizás o exceso de motivación xerou ansiedade no xogo de ataque, con constantes pérdidas, imprecisións i erros de lanzamento que facían inútil unha relativa boa defensa. Ao descanso 8-13. Á saída na 2 metade parecía vir cunha melloría pero o partido converteuse nun correcalles con intercambio de goles que nada fixo cambiar o resultado final. Decepcionados pola derrota e por non poder brindar unha victoria a unha afición que merece máis do que lle estamos a dar últimamente. Próximo rival, o Bm Rasoeiro en O Grove, equipo que nos precede na táboa, e no que esperamos recuperar a mellor imaxe.

RESUTALDOS DA FIN DE SEMANA


1ª Nacional: BM CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA 28 - 34 MAGOPE SEIS DO NADAL COIA
Cadete Femenina: BM CAMARIÑAS 20 - 16 BM. CHAPELA
Alevin Mixta: BM CAMARIÑAS B empatou a 2 cuartos contra o RIBADOSAR ALCA ÉPSILON
Alevin Mixta: EDM CONCELLO MUXÍA-BM CAMARIÑAS perdio os 4 cuartos contra o LABER XIRIA
Benxamín Mixta: BM CAMARIÑAS A perdio os 4 cuartos contra o OAK ENGLISH XIRIA

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar