Derbi comarcal moi esperado e disfrutado por toda a xente do balonmán, como se puido ver nunhas bancadas a revosar. O partido caeu do lado carballés, un conxunto máis acostumbrado a este tipo de partidos e cunha plantilla máis compensada e amplia, e no mellor momento da tempada. Colleu o Xiria unha ventaxe importante ao pouco de comezar o duelo que fixo que tiveramos que remar a contracorrente o resto do partido.

Parecía que ao descanso equilibrárase o encontro (11-15) pero unha mala saída do vestiario (0-4 de parcial) volveu a elevar a diferencia. Reaccionamos para volver a estar a 5 e con varias oportunidades de poñerse a 4 a falta de 10 minutos pero non soubemos aproveitalas. Gran espectáculo para unha afición que nunca deixou de animar e deu color, ambiente e moito ruído ao partido. Volveremos intentar ganar o derbi nas vindeiras ocasións quizás con máis efectivos na plantilla que igualen máis de inicio o encontro.

RESULTADOS DESTA FIN DE SEMANA:


1ª Nacional: BM CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA 22 - 29 CALVO XIRIA
2ª Autonómica Femenina: ENCAIXE CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA 28 - 21 SEIS DO NADAL-COIA
Cadete Femenina: NOVA XESTIÓN PABELLÓN 23 - 28 BM CAMARIÑAS
Cadete Masculino: BM CAMARIÑAS 25 - 31 BALONMÁN PONTEDEUME

GALERÍA DE FOTOS DO CB CAMARIÑAS VS AD XIRIA


Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar