Se na categoría senior o río baixa totalmente revolto e todo apunta a que, se non cambia a tendencia, a próxima temporada o Camariñas xogará en terceira rexional (o nunca visto), todo o contrario acontece na Escola de Fútbol do FC Camariñas que non para de dar boas novas. Desta volta temos que dar constancia da elección por parte do corpo técnico encargado da Selección de FS da Costa da Morte de ata catro rapazas do Concello de Camariñas destinadas a formar parte deste combinado. De entre estas atléticas féminas podemos atopar tres futoblistas que pertencen á categoría alevín da Escola de Fútbol do FC Camariñas (Nerea, Iria e Laura) e unha pertencente ao poderoso club de fútbol feminino, antes de Vimianzo e agora de Dumbría, Fisober (Lara). Deste xeito vese recompensado todo o traballo destas rapazas así como do corpo técnico do FC Camariñas e pon de relieve que si se fan as cousas ben, con unha continuidade no traballo e unha boa xestión deportiva os resultados acaban chegando. Noraboa a todas estas rapazas polo éxito acadado. Noraboa.

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar